31.5.12

Ribeira: programación de "Xuño da Cultura e as Artes"

  • Cada día polo menos unha actividade cultural e hai algún cunha ducia delas
  • 41 asociacións volcáronse coa nova iniciativa ideada polo Concello


Media_httpfarm8static_gbhwo

Momento da presentación deste programa cultural


Ribeira, 31 de maio de 2012.- “Ribeira vivirá durante o mes de xuño unha auténtica explosión de arte e cultura”. Con estas contundentes palabras referiuse hoxe a concelleira Elvira Pisos á nova iniciativa promovida polo Concello e para cuxo deseño recibiu a colaboración inestimable de ata 41 asociacións e colectivos da contorna, ademais de 15 departamentos municipais: todo, baixo a coordinación do Departamento que dirixe a edil. Trátase do “Xuño da Cultura e as Artes”: unha programación que aglutinará case un cento de actividades (91 concretamente) repartidas en unicamente 30 días de calendario.
 
Elvira Pisos estivo acompañada dos técnicos culturais Unai González e Chiki Durán. Segundo referiu o primeiro, a idea foi que todos os días de xuño tivese lugar cando menos unha actividade, habendo xornadas en que se chegan a aglutinar ata unha ducia, sempre procurando que sexan en horarios distintos.

No amplísimo abano de accións aglutínanse todo tipo de disciplinas culturais e artísticas: teatro, danza, música, audiovisual, animación, obradoiros, grandes eventos, festivais, literatura, degustacións gastronómicas, conferencias e debates, campionatos, obradoiros, patrimonio e arqueoloxía, exposicións, Festexos populares, galas, visitas e actos institucionais, monicreques, ballet, bailes folclórico e latino, canto, medio ambiente e paisaxe, solidariedade, artesanía, costumes e tradicións, deportes, novas tecnoloxías e un longo etcétera.

Para que esta cuantiosa información cheguen os veciños vanse repartir 5.000 libriños, ademais de 150 carteis e a colocación de nove lonas nas rúas (unha delas, de grandes dimensión, situada na praza da Igrexa. Por suposto, tamén se poderá acceder á programación por medio das novas tecnoloxías, tanto a través da páxina web municipal (www.riveira.com), como das contas de twitter e facebook do Entérate! do Concello.

Elvira Pisos enumerou unha a unha as asociacións que se quixeron implicar na iniciativa: Asociación Pedra de Pidre, Centro Recreativo de Artes,  Asociación Na Brétema, Asociación Altofalante, Asociación de Veciños de Carreira, Asociación Francisco Lorenzo Mariño, Asociación A Gandaina, Ateneo Valle Inclán, Cruz Vermella de Riveira, Asociación Xuvenil Arrecó, Clube de Xubilados e Pensionistas do Mar de Riveira, Asociación Amas de Casa, Asociación Alfaia,  Asociación Achuchar, Anpa de O Grupo de Riveira, Ambar, Asociación ADIA de Artes, Asociación Haveira, Escola de Baile El Tomasón, Asociación Aires da Dorna, Anpa do Bayón, Colexio Bayón, Anpa de Palmeira, Anpa do Galaxia, Colexio Galaxia de Riveira, Colexio A Milagrosa de Oleiros, Liceo Pueblense, CEIP O Grupo de Riveira, Comisión de Festas de Artes, Clube 3ª Idade Santa Uxía, Clube Exxpopress de Xornalistas de Galicia, Solidariedade Galega co pobo Saharaui, Asociación Renacer, Asociación Peña Madridista Amancio, Asociación Riveira con V, Comisión de Festas de Palmeira, Sociedad Hijos de Palmeira, Amicos da Barbanza, Coral Polifónica do Círculo Mercantil e Industrial, Asociación A Dourixeira, Asociación de Veciños Ardora.

As dependencias municipais implicadas son: Concellería de Novas Tecnoloxías, Concellería de Servizos Sociais, Centro de Información ás Mulleres, Concellería de Deportes, Concellería de Turismo, Concellería de Xuventude, Concellería de Educación e Biblioteca, Conservatorio Municipal de Riveira, Servizo de Normalización Lingüística de Riveira, Servizo do Cemit da Xunta en Riveira, Museo Municipal de Riveira, Escolas Municipais de Teatro (infantil, xuvenil e afeccionado), Escola Municipal de Danza Clásica, Escola Municipal de Danza Contemporánea e Coral Polifónica Municipal de Riveira.

Nove son as actividades organizadas directamente pola Concellería de Cultura: V Mostra de Monicreques Ti Ti Ritando de Emoción (da comezo o día 2 de xuño e en arquivo adxunto especifícase programa), XV Mostra de Teatro Infantil, Festival de Danza Clásica, Xornada de portas abertas de Danza Contemporánea, Exposición Entredous de Ayaso e Costa, Xornada de portas abertas no Museo Municipal, Representación teatral do Grupo Xuvenil de Riveira con “Bailadela da morte ditosa”, Obradoiro de Arqueoloxía no Museo Municipal, Presentación do libro de Teatro Infantil de Cipriano Fernández Fernández.

Media_httpfarm8static_bhdxs

PROGRAMA PREVISTO:

Venres  1

•          INTERCAMBIO DE LIBROS. No bar Brétema, todo o mes: si levas un libro colles outro para ler na casa! Asociación Na Brétema.

•          EXPOSICIÓN PERMANENTE “LAS MENINAS DE AVIGNON” do Colexio Galaxia. Casa da Xuventude. Todo o mes, de 10 a 14 h. Concellería de Xuventude.

•          EXPOSICIÓN XII CERTAME DE ARTES PLÁSTICAS ISAAC DÍAZ PARDO. Deputación de A Coruña. Auditorio Municipal, ata o 6 de xuño. Concellería de Cultura e Festexos

•          Coloquio “Falemos de lingua, falemos de GALEGO”. Casa da Xuventude, 19:30 h. Asociación Pedra de Pidre.

Presenta: Adrián Romay. Modera: Antonio Piñeiro, escritor. Ponentes: Jonhn Thompson, Profesor de Artes Hispanas da Universidade de Montana (USA); Carlos Callón, Presidente da MESA; Cristina Andrade, Queremos Galego; Encarna Pego, Prolingua; José Manuel Pousada, Vicepresidente de Galicia Bilingüe.

•          Presentación do libro “O patrimonio etnográfico e arqueolóxico de Barbanza e Porto do Son”. Centro Recreativo de Artes, 21:30 h. Concellería de Cultura e Festexos.

Presenta: Elvira Pisos Arnoso, Concelleira de Cultura e Festexos. Falarán: Manuel Ruíz Rivas, Alcalde de Riveira; Diego Calvo Pouso, Presidente da Deputación da Coruña; Ledicia Lustres Viturro, Autora; Manuel Reiriz Dios, Presidente do Centro Recreativo de Artes.

Sábado 2

•          Muiñada de Amendo. Muiños de Amendo, Parque Natural, Carreira, a parti das 11:00 h, todo o día. Asociación Altofalante e Asociación de Veciños de Carreira.

Programa: Exposición fotográfica ás 11 h; Andaina de 11:30 a 13:00 h; Concerto dos Repentistas de Gaita Pepe Romero e Maño, no muíño de Cochas, de 13 a 14 h; Xantar e Paella Xigante ás 14:30 h; Espectáculo “Saia da Carolina, de Inacio Vilariño” ás 16:00 h; A banda de Balbina ás 17:30 h; Merenda e Galeoke ás 19 h.

•          Xogo da Oca Xigante! Praza de Otero Goyanes de 11:30 a 13:30 h. A partir de 6 anos sen límite de idades nen prazas. Inscripcións no momento de comezar a actividade no mesmo lugar. Concellería de Xuventude.

•          Degustación de Productos do Mar: Mexillóns. No bar Brétema de 12:30 a 14:30 h. Asociación Na Brétema.

•          Obradoiro de Papiroflexia. No bar Brétema, de 12:30 a 14:30 h. Nen@as de 5 a 12 anos (inscripcións no propio local. Todos os sábados e domingos do mes! Asociación Na Brétema.

•          V Mostra de monicreques TI TI RITANDO DE EMOCIÓN: Teatro de Marionetas Trécola con “A traxicomedia de Calisto e Celestino”, no Auditorio ás 19 h. Entrada libre e gratuíta. Concellería de Cultura e Festexos.

 

•          I FESTIVAL SON´s DE AGUIÑO: Música e canto Tradicional. Conservatorio de Aguiño, ás 19 h. Entrada libre e de balde. Asociación Francisco Lorenzo Mariño e Asociación A Gandaina.

Participarán os grupos Catalmibre de Culleredo, A Gandaina de Palmeira e Lumieira de Boiro. Ao remate servirase un pequeno ágape para todos os asistentes.

•          I Torneo de Xadrez “Albariño Etra”. No bar Brétema, ás 19:30 h. Inscripcións no local ata cubrir prazas. Asociación Na Brétema. Dirixido por Jesús Rodríguez Pérez, sistema liga blitz a 7 rondas (8 xogadores).

•          Inauguración da Exposición “A Galicia Máxica” de Carlos G. Fernández. Ateneo Valle Inclán, ás 21 h. Asociación Ateneo Valle Inclán.

Domingo 3

•          Obradoiro de Papiroflexia. No bar Brétema, de 12:30 a 14:30 h. Nen@as de 5 a 12 anos (inscripcións no propio local. Todos os sábados e domingos do mes! Asociación Na Brétema.

Luns 4

•          Obradoiro Medioambiental e de Reciclaxe “Como usar os desfeitos para facer arte”. Rúa de Galicia (soportais), de 17 a 20 h. Para nen@s de 4 a 12 anos, inscripcións no momento no lugar de celebración, sen límite de prazas! Cruz Vermella de Riveira. Nota: Se chove será no local de Cruz Vermella na lonxa.

•          Taller de Piano con Toño Pita. No bar Brétema, de 18 a 20:30 h. Inscripcións libres no local. Asociación Na Brétema.

Martes 5

•          VISITA DE ADEJE, vila irmá! Visita guiada ao Museo Municipal, ás 16:30 h; Concerto “Aires da Barbanza” a cargo de Amas de Casa no Auditorio, ás 18 h; Recepción Institucional do Alcalde no Salón de Plenos do Concello, ás 19 h. Concellería de Cultura e Asociación Amas de Casa.

•          Xornada Interxeracional de Xogos Populares. Praza do Concello, de 17 a 19 h. Inscripcións no momento na praza do Concello, para todas as idades. Xogos da rá, chave de pé e chave de pas, bolos, aros, zancos, corda e moito máis…  Asociación Xuvenil Arrecó e Clube de Pensionistas do Mar de Riveira.

Mércores 6

•          CICLO DE CHARLAS “CRIANDO BEBÉS FELICES?”: Dormir co teu bebé e o uso da chupeta; dous temas polémicos.  Aula Multimedia de Riveira, ás 18 h. Entrada libre. Asociación Achuchar.

J. Manuel Martín Morales. Pediatra do Hospital do Barbanza.

Xoves 7

•          Obradoiro de Iniciación á Arqueoloxía e coñecemento da colección de Carlos García Bayón. No Museo Municipal, ás 10:00 h. Nen@s de 10 a 12 anos do Colexio Bayón. Concellería de Cultura e Festexos. Profesores:

•          Exhibición de Baile Galego e Salsa e Representación Teatral a cargo dos grupos da ANPA DO GRUPO DE RIVEIRA. No auditorio, ás 19 h. Entrada libre ata encher aforo. ANPA do Grupo.

Venres 8

•          Obradoiro de Iniciación á Arqueoloxía e coñecemento da colección de Carlos García Bayón. No Museo Municipal, ás 10:00 h. Nen@s de 10 a 12 anos do Colexio Bayón. Concellería de Cultura e Festexos. Profesores:

•          FESTIVAL SOLIDARIOS de Ambar. Auditorio Municipal, ás 20:30 h. Reserva de invitacións obtendo un caderno conmemorativo do evento en Ambar! Asociación Ambar.

Sábado 9

•          ACTÍVATE E EMPRÉNDETE. Encontro Xuvenil de asociacións, actividades, exposicións… Auditorio e rúas e prazas da cidade, todo o día. Concellería de Xuventude.

•          Acto Cultural de Gas Natural. Praza de España de 11:30 a 13:30 h, con actividades infantís e inchable…

•          Degustación de Productos do Mar: Lirio. No bar Brétema de 12:30 a 14:30 h. Asociación Na Brétema.

•          Obradoiro de Papiroflexia. No bar Brétema, de 12:30 a 14:30 h. Nen@as de 5 a 12 anos (inscripcións no propio local. Todos os sábados e domingos do mes! Asociación Na Brétema.

•          V Mostra de monicreques TI TI RITANDO DE EMOCIÓN: Chimchiribote con “Píccole Theatre Vagamundi”, na Praza do Concello, ás 19 h. Entrada libre e gratuíta. Concellería de Cultura e Festexos. Nota: se chove será na Casa da Xuventude.

Domingo 10

•          Xornada de Coñecemento Infantil da LANCHA DE SALVAMENTO CRUZ VERMELLA. Clube Náutico de Riveira, de 12 a 14 e de 17 a 20 h. Para nen@s a partir de 4 anos. Cruz Vermella de Riveira.

•          Exposición de ALFOMBRA FLORAL ARTESANAL do Corpus. En Artes (da Igrexa ao Cruceiro, no Outeiro), ás 12:00 h; Misa e Procesión, ás 13 h. Asociación ADIA.

•          Obradoiro de Papiroflexia. No bar Brétema, de 12:30 a 14:30 h. Nen@as de 5 a 12 anos (inscripcións no propio local. Todos os sábados e domingos do mes! Asociación Na Brétema.

•          Festival de Danza e Bailes de Salón. Auditorio, ás 20:00 h. Entrada libre ata encher aforo. Asociación Haveira e Escola de Baile El Tomasón.

Luns 11

       OS ARTÍSTAS EN SAN ROQUE. No Parque de San Roque de 09,00 a 13,30 h. Concellería de Turismo e colexios. Expo, obradoiros…

       XV MOSTRA DE TEATRO INFANTIL DE RIVEIRA. Ás 20,00 h no Auditorio Municipal

Martes 12

       OS ARTÍSTAS EN SAN ROQUE. No Parque de San Roque de 09,00 a 13,30 h. Concellería de Turismo e colexios. Expo, obradoiros…

       Inauguración exposición NEIRA VILAS E MEMORIAS DUN NENO LABREGO, no Auditorio ás 12,00 h

       XV MOSTRA DE TEATRO INFANTIL DE RIVEIRA. Ás 20,00 h no Auditorio Municipal

Mércores 13

       OS ARTÍSTAS EN SAN ROQUE. No Parque de San Roque de 09,00 a 13,30 h. Concellería de Turismo e colexios. Expo, obradoiros…

       CICLO DE CHARLAS “CRIANDO BEBÉS FELICES?”: O bebé xa ten seis meses, e agora que vai comer? Respostas ás dúbidas máis habituais na alimentación complementaria. Aula Multimedia de Riveira, ás 18 h. Entrada libre. Asociación Achuchar.

Nathalie Carreira Sande. Pediatra do Hospital de Monforte.

       XV MOSTRA DE TEATRO INFANTIL DE RIVEIRA. Ás 20,00 h no Auditorio Municipal

       INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN DOCUMENTOS HISTÓRICOS. Museo municipal ás 13,00 h.

Xoves 14

       OS ARTÍSTAS EN SAN ROQUE. No Parque de San Roque de 09,00 a 13,30 h. Concellería de Turismo e colexios. Expo, obradoiros…

       XV MOSTRA DE TEATRO INFANTIL DE RIVEIRA. Ás 20,00 h no Auditorio Municipal

Venres 15

       OS ARTÍSTAS EN SAN ROQUE. No Parque de San Roque de 09,00 a 13,30 h. Concellería de Turismo e colexios. Expo, obradoiros…

       XV MOSTRA DE TEATRO INFANTIL DE RIVEIRA. Ás 20,00 h no Auditorio Municipal

       INAUGURACIÓN PRAZUELA GARCÍA MÁRQUEZ e lectura no Ateneo Valle-Inclán (exterior)

       FESTAS DE ARTES (todo o día)

Sábado 16

       Estrea da obra BAILADELA DA MORTE DITOSA a cargo do Grupo Xuvenil Municipal de teatro, no Auditorio ás 21,00 h

       FESTAS DE ARTES (todo o día)

Domingo 17

       DÍA DA BICI organizado pola Concellería de Deportes

       FESTIVAL FIN DE CURSO DANZA CLÁSICA a cargo da Escola Municipal de Ballet. Auditorio Municipal, ás 20,30 h

       FESTAS DE ARTES (todo o día) Sardiñada e churrascada ás 13,00 h

Luns 18

       OS ARTÍSTAS EN SAN ROQUE. No Parque de San Roque de 09,00 a 13,30 h. Concellería de Turismo e colexios. Expo, obradoiros…

       DEBATE - XUVENTUDE , a cargo da asociación Pedra de pidre na casa da Xuventude ás 20,00 h

Martes 19

       FESTIVAL FIN DE CURSO do COLEXIO BAYÓN no Auditorio Municipal

       XORNADA DE XOGOS POPULARES INTERXERACIONAL a cargo da Asociación Arrecó e o Clube 3ª idade Santa Uxía. Na Praza de España de 17,00 a 19,00 h

       HISTORIAS DO CINE: REGRESO Ó PRESENTE a cargo de Suso Souto, presidente do Clube Expopress de Xornalistas de Galicia. Aula Multimedia ás 20,30 h

Mércores 20

       SÁHARA, UN POBO ESQUECIDO? Ás 11,00 h (mañá) no Auditorio Municipal

       FESTIVAL COLEXIO A MILAGROSA DE OLEIROS. Ás 15 h no Auditorio Municipal

       CICLO DE CHARLAS “CRIANDO BEBÉS FELICES?”: NACER CON-TACTO. Aula Multimedia de Riveira, ás 18 h. Entrada libre. Asociación Achuchar.

 

Marian Rodríguez Blanco, Pediatra do Hospital do Barbanza.

 

       Concerto de Alumnos/as de Grao Elemental do Conservatorio Municipal de Música de Riveira. Salón de actos do Conservatorio, ás 20 h.

Xoves 21

       INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN ENTREDOUS no Auditorio Municipal

       Concerto de Alumnos/as de Grao Profesional do Conservatorio Municipal de Música de Riveira. Salón de actos do Conservatorio, ás 20 h.

       CHARLA SOBRE A LEI DO ALCOHOLISMO a cargo da asociación Renacer, ás 19 h na Aula Multimedia.

Venres 22

       XORNADA PORTAS ABERTAS DE DANZA CONTEMPORÁNEA a cargo da Escola municipal de danza contemporánea. Ás 20,00 h na Aula Municipal de Ballet no Conservatorio de Riveira

       Concerto FIN DE CURSO do Conservatorio Municipal de Música de Riveira. Salón de actos do Conservatorio, ás 20 h.

       PRESENTACIÓN DO LIBRO “GRUPO SALVAJE” de Manuel Jabois, ás 21,00 h no local social da Peña Madridista Amancio. Organizan a Peña Madridista Amancio e o Ateneo Valle-Inclán. Ao remate serviráse un ágape.

       “NOITE MEIGA” – MÚSICA E CANTO TRADICIONAL, QUEIMADA E ESCONXURO a cargo da asociación Riveira escríbese con “V”, ás 22,00 h ata as 00,00 h na Praza Uxío Novoneyra

       FESTAS DE SAN XUAN EN PALMEIRA (todo o día) organizada pola Comisión de Festas de Palmeira

Sábado 23

       SANXOANCIÑOS organizado pola Concellería de Servizos Sociais, pola mañá na Rúa peonil

       V Mostra de Títeres TI TI RITANDO DE EMOCIÓN. Actuación da compañía TÍTERES CASCANUECES coa obra “As aventuras de Tolín, o fillo do panadeiro”, ás 19,00 h no Auditorio Municipal

       FESTAS DE SAN XUAN EN PALMEIRA (todo o día) organizada pola Comisión de Festas de Palmeira

Domingo 24

       FESTAS DE SAN XUAN EN PALMEIRA (todo o día) organizada pola Comisión de Festas de Palmeira

Luns 25

       CONCERTO DE CANTAREIRAS DA Sociedade Fillos de Palmeira, ás 12,00 h na Rúa peonil

       SÁHARA, UN POBO ESQUECIDO? Ás 21,00 h no Auditorio Municipal (tarde)

Martes 26

       CINE INFANTIL a cargo do departamento de Igualdade – CIM

       CLASE PRÁCTICA DE DANZA CLÁSICA a cargo da Escola Municipal de Ballet, ás 20,00 h no Palco de Pedra

       PRESENTACIÓN LIBRO DE TEATRO a cargo do seu autor, Cipriano Fernández Fernández, ás 21,00 h no Museo Municipal de Riveira

Mércores 27

       CINE INFANTIL a cargo do departamento de Igualdade  - CIM

       ENTREGA DE DIPLOMAS do curso de ALFABETIZACIÓN DIXITAL  a cargo do TIC muicipal, ás 21,00 h no Auditorio Municipal

Xoves 28

       CINE INFANTIL a cargo do departamento de Igualdade – CIM

       PRESENTACIÓN DO LIBRO DE POESÍA “SENTIMENTALISMO”  organizado por Normalización Lingüística do concello – Concellería de Educación, ás 21,00 h no Conservatorio de Riveira

       ACTUACIÓN DE TEATRO a cargo da asociación AMICOS, ás 20,00 h no Auditorio Municipal.

Venres 29

       CINE INFANTIL  a cargo do departamento de Igualdade – CIM

       CONCERTO a cargo DA CORAL POLIFÓNICA DO CÍRCULO MERCANTIL E INDUSTRIAL de Riveira, ás 21,00 h no Auditorio Municipal

Sábado 30

       OBRADOIRO DE ARTE FLORAL a cargo da Asociación Francisco Lorenzo Mariño, ás 11,00 h nos soportais do Concello

       GALEGO DE CINE, ás 11,00 ata as 14,00 h no Paseo do Malecón e na Biblioteca Municipal

       ACTO DE CLAUSURA DO MES DO XUÑO DA CULTURA E AS ARTES ás 13,00 h no Salón de Plenos do Concello. Entrega de Diplomas e agasallos conmemorativos a todos os representantes das distintas entidades e asociacións que tomaron parte na programación do citado programa. Peche con actuación musical do Conservatorio Municipal de Riveira.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: a "Escola de Verán" organiza actividades para a rapazada de 3 a 12 anos entre o 2 de xullo e o 31 de agosto

Dodro, 31 de maio de 2012. A Concellería de Servizos Sociais e Igualdade do Concello de Dodro organiza este verán actividades dirixidas os rapaces/zas dentro do que denominan "Escola de Verán".

"Dende esta Concellería temos o firme propósito de axudar e facilitar a conciliación da vida familiar e laboral e ao mesmo tempo potenciar as actitudes de cooperación e respecto nos nenos/as. Levaranse a cabo actividades de ocio e tempo libre fomentando a educación en valores como a igualdade, tolerancia e respecto sen esquecerse da parte lúdica e que lles vai axudar á creación da súa propia identidade e no seu desenvolvemento persoal", explica a concelleira responsable e tenente de Alcalde, Marisol Boga.

Entre outras haberá actividades de bricolaxe, cociña, costura, xogos predeportivos, películas, contacontos, ximcanas.... e sobre todo, prometen, "moita diversión".

De balde, no colexio Baleirón

A Escola de Verán é totalmente gratuita e está dirixida a rapaces/as de 3 a 12 anos (ambos incluídos) e será no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón do 2 de xullo ao 31 de agosto de luns a venres en horario de 9,30 h a 13,30 h.

O número de prazas é limitado e outorgaránse por rigurosa orde de inscrición. Poderán inscribirse na Casa da Cultura do 13 ao 27 de xuño en horario de 9 h a 14 h e de 16 h a 19 h.

Xornada de respiro o 29 de xuño

Esta mesma concellería organiza unha nova xornada de respiro para os/as coidadores de persoas dependentes no balneario Termas de Cuntis para o vindeiro 29 de xuño. O custo é de 14 € por persoa e poden realizar as inscricións no Departamento de Servizos Sociais de Dodro ata o 26 de xuño.

 Carné Xove

A Concellería de Xuventude e Familia, a través da OMIX de Dodro informa a todos os mozos/as do concello que xa poden solicitar o Carné Xove. Para elo poden acudir á Oficina municipal de información xuvenil instalada na Casa da Cultura en horario de 9h a 14h e de 16h a 19h. Esta concellería xa remiteu información en cartas persoalizadas a todos os mozos/as do concello entre 12 e 30 anos.

Tamén dende a Omix creouse o facebook de Xuventude de Dodro, que pretende ser un punto de encontro e intercambio de información  para todos os mozos/as do concello:

www.facebook.com/xuventudedodro

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: a "Escola de Verán" organiza actividades para a rapazada de 3 a 12 anos entre o 2 de xullo e o 31 de agosto

CARTEL_ESCOLA_DE_VERAN.pdf Download this file

Dodro, 31 de maio de 2012. A Concellería de Servizos Sociais e Igualdade do Concello de Dodro organiza este verán actividades dirixidas os rapaces/zas dentro do que denominan "Escola de Verán".

"Dende esta Concellería temos o firme propósito de axudar e facilitar a conciliación da vida familiar e laboral e ao mesmo tempo potenciar as actitudes de cooperación e respecto nos nenos/as. Levaranse a cabo actividades de ocio e tempo libre fomentando a educación en valores como a igualdade, tolerancia e respecto sen esquecerse da parte lúdica e que lles vai axudar á creación da súa propia identidade e no seu desenvolvemento persoal", explica a concelleira responsable e tenente de Alcalde, Marisol Boga.

Entre outras haberá actividades de bricolaxe, cociña, costura, xogos predeportivos, películas, contacontos, ximcanas.... e sobre todo, prometen, "moita diversión".

De balde, no colexio Baleirón

A Escola de Verán é totalmente gratuita e está dirixida a rapaces/as de 3 a 12 anos (ambos incluídos) e será no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón do 2 de xullo ao 31 de agosto de luns a venres en horario de 9,30 h a 13,30 h.

O número de prazas é limitado e outorgaránse por rigurosa orde de inscrición. Poderán inscribirse na Casa da Cultura do 13 ao 27 de xuño en horario de 9 h a 14 h e de 16 h a 19 h.

cartel_balneario_xuño_2012_-_AMODIÑO.DODRO.pdf Download this file

Xornada de respiro o 29 de xuño

Esta mesma concellería organiza unha nova xornada de respiro para os/as coidadores de persoas dependentes no balneario Termas de Cuntis para o vindeiro 29 de xuño. O custo é de 14 € por persoa e poden realizar as inscricións no Departamento de Servizos Sociais de Dodro ata o 26 de xuño.

 Carné Xove

A Concellería de Xuventude e Familia, a través da OMIX de Dodro informa a todos os mozos/as do concello que xa poden solicitar o Carné Xove. Para elo poden acudir á Oficina municipal de información xuvenil instalada na Casa da Cultura en horario de 9h a 14h e de 16h a 19h. Esta concellería xa remiteu información en cartas persoalizadas a todos os mozos/as do concello entre 12 e 30 anos.

Tamén dende a Omix creouse o facebook de Xuventude de Dodro, que pretende ser un punto de encontro e intercambio de información  para todos os mozos/as do concello:

www.facebook.com/xuventudedodro

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: dende o martes 5 de xuño, "Tallas galegas" de José Manuel Sampedro no local de O Faiado 2

Media_httpfarm8static_rzslm

Boiro, 31 de maio de 2012. O martes 5 de xuño inaugúrase a exposición “Tallas galegas” (hórreos, cruceiros e carros) do boirense José Manuel Sampedro Ríos. Será ás 20:00 horas no Local de O Faiado 2 (na rúa Fernández Mato, nº 14-Baixo- Boiro), segundo informou a presidenta desta asociación etnográfica, Mª Luísa López Otero.

Boiro: este venres 1, dó de The Lacazáns vs Lizard Crash e concerto de Zënzar no Curota Sound

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o xoves 14 de xuño, curso sobre preñez e parto dirixido a adolescentes no Liceo Marítimo

Media_httpfarm5static_gfslj

Para inscricións chamar ao teléfono 981 972513

https://twitter.com/galisolvigo/status/208109669158367233


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: VII Encontro coa Arte "Lembrando a Castelao", do 1 ao 3 de xuño entre Brión e Rianxo

Media_httpfarm9static_wsnko

Rianxo, 31 de maio de 2012. Esta fin de semana, venres 1, sábado 2 e domingo 3 de xuño celébrase en Brión o VII Encontro coa Arte: " Lembrando a Castelao", unhas xornadas que reúnen en Brión unha trintena de artistas pintores, músicos e poetas. A xornada do sábado 2 terá lugar en Rianxo, vila natal do homenaxeado.

Como en edicións precedentes, unha figura das nosas letras vai ser homenaxeada durante o encontro. Este ano os organizadores escolleron ao escritor, artista e político Alfonso Daniel R. Castelao, un persoeiro de enorme envergadura cultural e humana. A actividade máis destacada das xornadas van ser os obradoiros de pintura do natural, momento no que os artistas trasladan os seus talleres a distintos lugares e entornos naturais do concello. Como novidade, e en colaboración co Concello de Rianxo, este ano o encontro celebra unha das súas xornadas na vila natal de Castelao, onde, ademais dos mencionados talleres, celebrarase un acto e unha ofrenda floral na lembranza do ilustre rianxeiro.

Pode que tamén lle interese:

Rianxo: do 1 ao 3 de xuño, seminario sobre campos de concentración nesta bisbarra

 

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Lousame: este sábado 2 de xuño, IV Festa do Carneiro en Tállara

Media_httpfarm7static_symah


Lousame, 31 de maio de 2012. A asociación cultural San Roquiño de Tállara, en colaboración co Concello de Lousame, organiza a IV Festa do Carneiro que ten lugar este sábado, 2 de xuño, en Tállara. Os que asistan poderán degustar carneiro ao espeto e ao forno, xunto con viño e pan a prezos económicos. Dende a unha da tarde terá lugar o reparto das racións de carneiro cociñado. A orquestra deste ano é Pentagrama, que ameniza a sesión vermú e a verbena que terá lugar pola noitiña, despois das nove, hora á que comezará a degustación última. 



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

30.5.12

Boiro: a asociación Aturuxo, á que lle queren pechar o local, quere entrevistarse co alcalde

Media_httpfarm5static_hpivm

Boiro, 30 de maio de 2012. A asociación cultural Aturuxo!, ante a intención do Concello de Boiro, gobernado polo Partido Popular, de pechar o local social que
xestiona na rúa Principal quere aclarar unha serie de feitos que lles parecen de
relevancia e detallan hoxe en nota de prensa.

"A cronoloxía dos feitos é a seguinte: o sábado 19 de Maio fáisenos entrega no local social de Aturuxo (R/ Principal nº118, Boiro) por parte da Policia Local dun "expediente urbanístico" no que se nos esixe a "reposición de legalidade" nun prazo de 15 días, caso contrario procederán á suspensión da actividade que
se leva no local. A licenza, que propoñen como válida, é a de CAFE - CONCERTO, unha licenza comercial á que non podemos acceder, pois somos unha asociación sen ánimo de lucro", comezan explicando.

Desde Aturuxo manifestan que:
"1º O local social da nosa asociación está legalizado na Conselleria de Xustiza, así vén recollido nos Estatutos da Asociación, neles explicítase que no local social o colectivo desenrolará todo tipo de actividades (concertos, charlas, obradoiros, monólogos, obras de teatro, proxeccións, etc) encamiñadas a promoción da lingua e cultura galegas.


2º Somos unha entidade sen ánimo de lucro, na que se organizan dúcias de persoas do noso concello e comarca e no noso local social reúnense centos de persoas cada semana. O local finánciase coa achega das socias e socios, nunca pedimos ningunha subvención, nen axuda das administracións.


3º O Concello de Boiro ten a obriga de non obstaculizar o devenvolvemento das nosas actividades. En novembro do pasado ano xa se nos impideu facer o Magosto Popular, pois esixíase unha fianza de 300€.


4º O intento de peche do local social é un retroceso inasumible para o movemento asociativo do noso Concello e Comarca, encamiñamos ao Concello de Boiro a retirar este expediente e abrir canles de comunicación coa nosa asociación. Desde Aturuxo, solicitouse o Martes 29 de Maio unha reunión co
Alcalde da Corporación, ainda non tivemos resposta.

5º Desde a asociación cultural Aturuxo adiantamos que non imos renunciar a contar cun espazo no noso Concello, a veciñanza de Boiro non pode asumir que nos rouben un espazo de encontro e cultura.


6º Desde que o Luns 28 de Maio que se iniciou unha recollida de sinaturas por internet lévanse xuntado máis de 500, o que vén a demostrar o importante apoio co que Aturuxo conta no Concello e Comarca. Para rematar queremos agradecer os centos de correos electrónicos e ás ducias de bandas, grupos de teatro, asociacións, veciñas e veciños que se teñen ofrecido a colaborar con nós e entre todas/os parar o peche de Aturuxo".

ATURUXO NON SE PECHA!
A CULTURA NON SE PECHA!
--------------------------------------------
web: www.aturuxa.blogspot.com




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Porto do Son: o Bng esixe explicacións por unha piscina "inda máis cara antes de iniciarse"

Porto do Son, 30 de maio de 2012. Diante da polémica creada polo Goberno municipal e o PSOE con respecto á obra da piscina municipal de Porto do Son, o BNG considera que "é moi importante que alguén lle conte a verdade aos veciños e veciñas sobre a piscina municipal", explica hoxe en nota de prensa o partido nacionalista.
    A piscina estaba proxectada dentro dun plan da Deputación da Coruña para o período 2005/2006, "polo que xa debería de estar en funcionamento, non o está pola falta de intereses políticos dos anteriores gobernos do PSOE, do PP e de Quiñoi (en ámbolos dous gobernos). O proxecto e a ubicación da piscina foron aprobados en Pleno por un goberno do PSOE, sendo Quiñoi tenente de alcalde e máximo responsábel da área de deportes, co respaldo do PP e sen ter en consideración o posicionamento do BNG que era o de facer a piscina no casco urbano do Son, axeitada á realidade do noso concello e a súa sustentabilidade", sinalan dende o Bng sonense.
    O primeiro proxecto era de 1.011.523,70 euros, que logo se convertiron en 1.500.000 euros "polos extras do Sr. Quiñoi (textualmente na acta: piscina de prácticas para os pequenos, un iakuzi, unha sauna, unha ducha para masaxes, que se inclúen agora co obxecto de lograr que a explotación sexa máis rendible), que ademais aseguraba que se ía manter cos ingresos do Parque Eólico Singular. Cando chega o PP ao goberno non conforme con este proxecto, túmbao, paga unha rescisión do contrato por 26.000 euros, fai un proxecto novo que lle costa ao concello 63.000 euros e presentan unha piscina de 2.500.000 euros", critica o Bng.
    Cando o BNG chegou ao Goberno municipal, "vendo que a piscina seguía a ser unha promesa e que non existía o financiamento da Xunta de Galiza prometido polo PP para a súa piscina, tivo que retomar o anterior proxecto e para o que si tiñamos garantido o seu financiamento por parte da Deputación da Coruña. Iniciamos o acondicionamento da parcela e consideramos que a arquitecta municipal tiña que tutelar esta obra, para aforrar cartos e para que fixese o seu seguimento puntual", aseguran os nacionalistas, que sinalan que "deixamos a obra da piscina en fase de adxudicación por unhas alegacións que presentou a empresa COPCISA que ao final foi a adxudicataria, ao igual que das obras da 2ª fase do Museo do Mar. Consideramos que un tema tan relevante coma éste non debería ser motivo de liortas de prensa, senón que xa se debería de ter convocada unha Xunta de Portavoces por parte do Goberno municipal, que tanto lles gustaba ao PP e a AVS solicitar cando estaban na oposición. Por último, lembrarlles que o BNG é a segunda forza política deste concello e como tal pedimos unha explicación formal por parte do goberno."

Relacionada:


Piscina: o Psoe fala de despilfarro e engano

Antes, en Certo:


Perseveiragargalladas co inaugurador, Quico Cadaval


Castro de Baroña: traballos de recuperación ata xullo

 

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Cultura: Noia, Muros e Porto do Son cederon pezas para "Gallaecia Petrea", a nova exposición da faraónica e baleira Cidade da Cultura

  • A Consellería de Cultura e Educación agradece a colaboración de 90 institucións para facer esta mostra, a primeira exposición do Museo de Galicia da inacabada Cidade da Cultura

  • A través de "Gallaecia Petrea", o visitante recorrerá a historia da construción da cultura galega a partir dun elemento tan característico deste país como a pedra. Hai dende petróglifos ata laudas medievais, pasando por escultura contemporánea

Media_httpfarm8static_twjai

A lauda da dereita, en Sta María a Nova, foi a cedida a "Gallaecia Petrea"

Noia, 30 de maio de 2012. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria quere manifestarlle o seu agradecemento "ás 90 institucións culturais, concellos e coleccionistas de todo Galicia, do resto de España e de Portugal que colaboran prestando pezas para a organización da exposición Gallaecia Petrea, unha mostra que se inaugurará proximamente no Museo de Galicia da Cidade da Cultura", segundo explicou en nota de prensa hoxe a Xunta. Entre esas institucións e entidades están o Concello de Noia, que cedeu unha das laudas gremiais de Santa María a Nova (a do canteiro, a cal será restaurada por Patrimonio a cambio); o Concello de Muros e Porto do Son, en concreto a Normal 0 21 false false false ES X-NONE X-NONE MicrosoftInternetExplorer4 igrexa parroquial de San Sadurniño de Goiáns, en Portosín.

Media_httpfarm4static_fzllm

En Noia hai tantas laudas que non teñen onde metelas e están amoreadas

"Esta ampla lista de entidades colaboradoras fai de Gallaecia Petrea un dos proxectos artísticos colectivos máis ambiciosos levados a cabo na nosa comunidade para pór en valor o conxunto do patrimonio galego. A participación destas institucións converterá a mostra non só nunha viaxe á historia da cultura de Galicia a través da pedra, senón tamén nun escaparate das xoias artísticas que se espallan ao longo da xeografía galega. Ademais, esta expo tamén é unha invitación dirixida a seducir a turistas e visitantes para que visiten os distintos puntos do territorio galego representados en Gallaecia Petrea", aseguran dende a Xunta.

A mostra, que engloba o norte de Portugal e o territorio ata o río Navía (territorio incluído na antiga Gallaecia), polo que se conta tamén coa implicación dunha vintena de institucións lusas, como o Museu Nacional de Arqueoloxía de Lisboa, o Museu de Arte Antiga de Lisboa, o Museu do Abade de Baçal de Bragança ou o Museu da Regiao Flaviense de Chaves.

Doutra banda, tamén é importante destacar que, despois de diferentes axustes orzamentarios e da resolución dos primeiros concursos de transporte e de montaxe das pezas, está previsto que o custe desta exposición se reduza considerablemente fronte o prezo inicialmente estimado, inda que a Xunta omite este dato concreto.

'Gallaecia Petrea: natureza, traballo e arte', ata decembro

Comisariada por Miguel Fernández-Cid, Gallaecia Petrea será a primeira exposición do Museo de Galicia, e unha das mostras máis ambiciosas das organizadas nos últimos anos na nosa Comunidade. A través dela, o visitante recorrerá historia da construción da cultura galega a partir dun elemento tan emblemático como é a pedra. A mostra, que ocupará os 6.600 metros cadrados do Museo e que estará aberta ata decembro, organízase en seis áreas: Xeoloxía, Prehistoria, Roma, Medieval, Moderna e Contemporánea.

A mostra englobará dende un petróglifo, como elemento exclusivo que en todo o mundo só se ten atopado en Galicia, ata pezas que os grandes da escultura galega contemporánea están a preparar, como Francisco Leiro, Manolo Paz ou Silverio Rivas.

Na exposición, a pedra estará presente como elemento de desenvolvemento, materia base dunha das industrias máis puxantes de Galicia (granito, pizarra…). Inclúe unha aproximación dende a xeoloxía, na que, a través de presentación didácticas, explorase a Gallaecia como territorio onde se poden atopar algunhas das rocas máis antigas da Península.

Restauración de obras

Gallaecia Petrea, ademais dunha plataforma de excepción para dar a coñecer o patrimonio galego aos milleiros de visitantes que se agarda que pasen polo Museo de Galicia, suporá a rehabilitación dalgunhas das obras que se ceden para a exposición, que se someterán a traballos de recuperación para poder exhibilas ao público na mellor das condicións.

Deste xeito, rehabilitaranse obras da Catedral de Santiago de Compostela, do Museo Provincial de Lugo, da Catedral de Modoñedo, da Catedral de Lugo, da Catedral de Tui e do Museo Provincial de Pontevedra e a lauda noiesa citada antes.

A Xunta de Galicia quere subliñar que o préstamo destas pezas conta sempre co visto bo da institución que presta e obra, e no caso daquelas que polo seu valor histórico e artístico gozan dunha protección especial, tamén se solicitaron os permisos e autorizacións pertinentes dos departamentos administrativos correspondentes. As pezas serán restituídas ao seus lugares de orixe ao remate da exposición, previsto para o mes de decembro.

Rutas especiais

As pezas, de gran valor artístico e histórico, están sendo transportadas ao Museo de Galicia nunha operación na que se están a empregar material e persoal técnico cualificado para garantir a súa seguridade. A complexidade destas tarefas é maior se se ten en conta que implica conxuntos de pezas de ata dez toneladas de peso.

A flota de vehículos que está a participar no transporte de obras segue rutas deseñadas co obxectivo de que a peza soporte o menor número posible de quilómetros ata a súa chegada ao Museo. As pezas viaxan en caixas especialmente fabricadas para esta exposición e cun deseño individual para cada unha delas. Ademais, cada unhas das caixas está identificada cun código de seguridade evitando etiquetaxes con información explícita sobre o seu contido.

A operación de embalaxe, carga e descarga das pezas, estase facendo seguindo as instrucións técnicas dos museos ou centros que prestan as obras. O cen por cen do equipo que está a traballar nesta operación conta con formación no transporte de obras de arte e con anos de experiencia. Asemade, o transporte das obras está protexida por un seguro da modalidade coñecida como "de cravo a cravo", habitual nas exposición de obras de arte e que proporciona cobertura dende a saída da obra do seu centro ata o seu regreso.





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: o Psoe critica a descoordinación do goberno popular na información da Omix

Dodro, 30 de maio de 2012. Segundo informa hoxe en nota de prensa a Agrupación Socialista de Dodro, "esta semana, @s xóvenes de Dodro recibiron, por parte da concelleira de Xuventude e Familia, información sobre a OMIX, Oficina Municipal de Información Xuvenil, case un mes despois da súa publicación na prensa. Isto demostra unha vez máis, a falta de coordinación deste goberno, que non se preocupa de promocionar o que temos, e informar aos principais destinatarios da oficina, da información que poden obter acudindo a ela".

O PSdeG-PSOE de Dodro presentou no pasado Pleno Ordinario do 18 de maio unha pregunta escrita con rexistro de entrada do 15 de maio relativa precisamente a se non se ía informar á mocidade de Dodro da existencia da mencionada oficina. "A contestación entón do sr. Alcalde foi que a oficina estaba abondo promocionada con información na prensa, con carteis na Casa da Cultura ( sede da OMIX)… Non debía ser tanta a información e publicidade cando agora atenden unha pregunta do PSdeG-PSOE de Dodro e informan por carta aos interesados", rematan os socialistas dodrenses.

Antes, en Certo:

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: resultados de fase previa de Copa Sálvora

Media_httpfarm8static_hivbh

Verónica Boquete amadrina la Copa Sálvora de este año

Ribeira, 30 de mayo de 2012. Las instalaciones deportivas de A Fieiteira (Ribeira), acogieron este sábado 26 de Mayo la Fase Previa de la Copa Sálvora 2012, una competición deportiva que se está haciendo un hueco en el conjunto de torneos de fútbol base de Galicia.

       12 equipos en la categoría Benjamín y otros 12 en la Alevín lucharon por las 2 plazas en cada categoría que daban acceso a la Fase final del 2 y 3 de Junio. En total 24 equipos con más de 300 niñ@s que buscaron el pase a la Fase Final de este  prestigioso torneo, el cual este año está amadrinado por la jugadora Verónica Boquete, la cual estuvo presente en la jornada matinal del Torneo y en la Presentación y Sorteo celebrado en la tarde del viernes (ya que se concentraba por la tarde con la selección española de fútbol), dispuesta a colaborar en que todo saliera adelante y fotografiándose y firmando autógrafos con todos los aficionados que lo deseaban.

Finalmente en categoría Alevín la Sd Abanqueiro tras derrotar al CD Pontearnelas F11 por 1 a 0 y el Bertamiráns Fc tras vencer al X. Aguiño por 4-1 se hicieron con el pase a la Fase final en esta categoría.

Mientras que en la categoría Benjamín los triunfadores y que lograron el pase fueron la Sd Cacheiras B y el Maravillas Sd tras derrotar por 4-1 a Milladoiro y la Sd Cacheiras A respectivamente.

RESULTADOS_FASE_PREVIA.pdf Download this file

        Para más información consultar la página web de evento: www.copasalvora.com o también en www.copasalvora.blogspot.com o en Facebook: Copa Sálvora Futbol Base.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: charla sobre compostaxe en Palmeira este xoves 31 e apertura da biblioteca os sábados

Media_httpfarm7static_iuaga

Aparello para tronzar restos de podas de árbores e facer compostaxe

Ribeira, 30 de maio de 2012.- Mañá xoves 31 de maio, ás 18 horas, terá lugar unha nova charla informativa sobre compostaxe, reciclaxe e separación de residuos. Será ás 18 horas no Local Parroquial de Palmeira e estará impartida unha vez máis por membros de Protección Civil, os cales previamente recibiron un curso específico de formación a fin de contar cos coñecementos necesarios.

O acto é público e gratuíto para quen queira asistir. Os veciños que acudan ao citado centro cultural recibirán, en sintonía co contido da actividade, bolsas de 20 litros de capacidade coas que facer máis cómoda a segregación de refugallos en orixe (hainas amarelas para depositar os envases de plástico, latas e briks; azuis, para o papel e cartón; e verdes para o vidro).

Composteiros

Ademais, os que así o desexen poderán aspirar a recibir un dos 50 composteiros de 360 litros de capacidade, fabricados a partir de material reciclado, que Sogama entregou ao Concello nesta primeira fase do programa, co fin de seren distribuídos entre vivendas rurais e outorgarlles así a posibilidade aos seus ocupantes de transformar a materia orgánica xerada nun abono con excelentes propiedades para o solo.

Dende o Concello se tomará nota de todos os veciños interesados en percibir un destes composteiros, tanto na charla de mañá como no resto de charlas que se sucederán proximamente. No caso de que a demanda excedese á oferta, estes recipientes serían entregados priorizando a aqueles peticionarios que cumprisen unha serie de requisitos (como criar animais nas súas casas, etc...).

Biblioteca aberta os sábados de xuño para familiarizar aos nenos

Media_httpfarm3static_mcswf

Tamén informou hoxe o Concello de que "visto éxito obtido pola nova iniciativa “Sábados de Libro na Biblioteca” que se desenvolveu no marco do Maio Cultural 2012 (unha acción que congregou a centos de nenos e nenas procedentes das nove parroquias), o Concello adoptou a decisión de abrir esta instalación situada na rúa Manuel Lustres Rivas de Santa Uxía os sábados pola mañá do mes de xuño, co obxectivo fundamental de que os máis pequenos se familiaricen con esta dependencia municipal e coñezan de primeira man os servizos que presta".

A tal efecto, os sábados 2, 9, 16, 23 e 30 de xuño, a biblioteca estará aberta de 11 a 13 horas e, con independencia do obxectivo descrito no anterior parágrafo, tamén poderá ser utilizada por calquera usuario que queira facer uso desta instalación.

Tamén lle pode interesar:


"Son's de Aguiño": o sabado 2 de xuño, Festival Tradicional

 

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: o Liceo programa xuño con charlas de deportistas de elite, como Gómez Noya, Iván Raña ou Ezequiel Mosquera

  • Nun programa chamado "Elixidos para o triunfo" e coa intención de fomentar o espírito deportivo neste ano olímpico
  • Este venres comezan con Pablo Cimadevila, de Natación Adaptada. O venres 8 estarán os atletas Gómez Noya, Iván Raña, Saleta Castro e Antón Ruanova e o venres 15 os ciclistas Ezequiel Mosquera, David Blanco e Álex Marque
    Carteles-elexidos-para-o-tr

Noia, 30 de maio de 2012. Durante este mes de xuño hai unha serie de charlas-encontros con deportistas olímpicos e de alto nivel na Sociedade Liceo de Noia que compartirán con todos os asistentes as súas experiencias. Pola calidade dos invitados (todos homes agás Saleta Castro) está garantido o seu interese neste ano olímpico.


Venres 1 de xuño: Natación Adaptada
Pablo Cimadevila

Venres 8 de xuño:Atletismo
Javier Gómez Noya
Iván Raña
Antón Ruanova
Saleta Castro

Venres 15 de xuño: Ciclismo
Ezequiel Mosquera
David Blanco
Álex Marque


Todas as charlas-coloquio darán comezo a partires das 20:00h da tarde.

Tamén en Noia:


Curso: o 1 e 2 de xuño, sobre pautas en condutas adictivas


Curso: o 2 de xuño, sobre úlceras por presión


Curso: sobre Celso Emilio Ferreiro, do 4 ao 8 de xuño


Certame de fotos: sobre o peor da globalización. Ata 15 de outubro

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: este domingo 3, "O enfermo imaxinario" represéntase no salón de actos do Liceo

  • Dario_alvarez_valadares
    ESTE XOVES 31 DE MAIO ÁS 19:30h TERÁ LUGAR A INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DE DARÍO ÁLVAREZ VALADARES NA SALA "FRANCISCO CREO", TAMÉN NO LICEO DE NOIA

Cartel-teatro
Noia, 30 de maio de 2012. O grupo de teatro de E.S.O. do IES "Virxe do Mar" representará o vindeiro domingo 3 de xuño a partires das 20:30h no salón de actos da Sociedade Liceo "O enfermo imaxinario" , unha adaptación da obra de Jean-Baptiste Poquelin - Moliére.

Pode que tamén lle interese:


Cambios no tráfico: polas obras de saneamento


Curso: o 1 e 2 de xuño, sobre pautas en condutas adictivas


Curso: o 2 de xuño, sobre úlceras por presión

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: Costa da Morte, Portugal e Cambados por terra e Ferrol, Arousa e Sálvora por mar, nas novas saídas culturais para maiores

Media_httpfarm8static_ezaiy

Francisca Vidal e Vicente Mariño presentaron estas viaxes

Ribeira, 30 de maio de 2012.- O Concello presentou un ano máis as quendas das Viaxes Culturais para Maiores que, organizadas pola Concellería de Servizos Sociais e Promoción Social, teñen como obxectivo procurar a inserción na sociedade das persoas da terceira idade do municipio. Serán seis en total e, ao respecto, a máis grande novidade, segundo salientou o edil Vicente Mariño, é que a metade das mesmas descorrerán por mar.

Esta acción está adscrita ao Programa de Dinamización e Promoción Social dos Nosos Maiores deseñado polos Servizos Sociais Comunitarios, cuxa xefa de servizo, Francisca Vidal, acompañou ao concelleiro na presentación.

O primeiro dos itinerarios previstos terá lugar o vindeiro 15 de xuño e consistirá nun paseo en barco pola ría de Ferrol, con visitas a esta localidade, así como Xanceda, Sada e Mugardos. O seu custo é de 42,4 euros. A continuación terá lugar a Ruta Xacobeo Marítimo Fluvial da Ría de Arousa, con paseo en barco pola nosa ría e visitas a Pontecesures e Padrón. Será o 29 de xuño e o seu importe ascende a 47,2 euros.

O 4 de xullo terá lugar unha terceira ruta ata a illa de Sálvora, nun barco que zarpará do peirao de Aguiño e cuxo custe é de 24,8 euros.

O 20 de xullo haberá unha viaxe a Cambados, con visitas ao Mosteiro de Armenteira e aos Pazos de Bayón e Rubiáns. Terá lugar o 20 de xullo e o seu prezo é de 37,6 euros.

Media_httpfarm8static_iwcpi

Vistas dende o mirador do Ézaro

A penúltima das viaxes culturais deste ano acontecerá o 24 de agosto por un importe de 31,2 euros. Descorrerá pola costa da Morte, con visitas a Muros, Ézaro, Corcubión, Fisterra, Cee, Camariñas e Vimianzo.

Por último, o 21 de setembro terá lugar unha ruta polo norte de Portugal que incluirá visitas a Vila Nova de Cerveira, Caminha, Viana do Castelo, Santa Lucía e Ponte da Lima. O seu custe, 35,3 euros.

Estas saídas culturais van dirixidas a todas as persoas maiores de 60 anos empadroadas no concello de Riveira, así como aquelas maiores de 55 que sexan xubiladas. No caso da viaxe a Ferrol, o prazo para anotarse terá lugar entre o 4 e o 8 de xuño.

Inscricións

Todas as inscricións deberán ser entregadas no Departamento de Servizos Sociais Comunitarios (praza 8 de marzo, edificio Mirador de Padín, s/n). As prazas serán adxudicadas por orde de chegada. A partir das 9 horas darase un número por persoa na orde correspondente e a formalización da inscrición terá lugar entre as 12 e as 13.30 horas.

Os prezos inclúen autobús dende Ribeira, entradas a barcos ou museos, guía durante os percorridos, comida e seguro de viaxe.

Hoxe tamén publicamos:


"Son's de Aguiño": o sabado 2 de xuño, Festival Tradicional

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical