Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
31.3.11
A Pobra: o instituto convoca un certame de relatos de intriga para toda Barbanza
A Pobra: a Xunta asinou o convenio para a instalación de gas no municipio
Ata agora, se usas gas na Pobra, é deste tipo -butano- ou propanoA Pobra, 31 de marzo de 2011.- O Consello da Xunta autorizou hoxe un convenio entre o Goberno galego e as empresas Gas Galicia e Gas Directo no que se mobilizarán 18 millóns de euros que permitirán que 100.000 galegos de 10 concellos teñan acceso ao gas como enerxía alternativa. O presidente galego destacou que a contía do convenio é un 120% superior ao dos dous últimos anos e que se enmarca dentro do Plan de gasificación de Galicia, cuxo obxectivo é que en 2015 o 75% da poboación galega teña acceso a esta fonte de enerxía. A achega da Xunta supón un 30% do importe do convenio. Este acordo beneficiará aos concellos de Carral, Ares, Mugardos, A Pobra do Caramiñal, A Laracha, Salceda de Caselas, Ponteareas, Salvaterra do Miño e Viveiro. Nembargantes, non se precisaron datas da posta en servizo deste tipo de enerxía en cada concello beneficiado.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: o alcaldable polo PP visitou Amicos e fixo as súas propostas
Ribeira, 31 de marzo de 2011. O candidato á Alcaldía de Ribeira polo Partido Popular, Manuel Ruiz Rivas, presentou as súas propostas en materia de acción social e discapacidade aos pais da Asociacións Amicos.
Entre as distintas propostas feitas ás familias destaca de maneira importante a súa aposta por un Plan de Acción Social que se elaborará e contará coa colaboración das distintas entidades de iniciativa social e de xeito destacado coas entidades que traballan a favor das persoas con discapacidade.
Asemade destacou a súa aposta pola Accesibilidade, non soamente en materia de Urbanismo, senón destacará en materia de vivenda, destacando o compromiso de poñer a disposición das entidades de iniciativa social vivendas tuteladas que sirvan como recurso de integración social das persoas con discapacidade.
Na área laboral remarcou a súa aposta por poñer en marcha convenios de colaboración coas distintas entidades coa finalidade de facilitar a inserción sociolaboral de persoas en risco de exclusión social en areas como mantemento de espacios urbanos, conserxería e outras.
Asi mesmo remarcou a importancia de incluir nos pregos de contratación pública cláusulas de carácter social que fomenten a integración sociolaboral de persoas en risco de exclusión social ou con discapacidade.
No aspecto económico, Manuel Ruiz manifestou aos pais a súa intención de incrementar as axudas directas que a Administración Municipal concede as entidades de iniciativa social, ao tempo que aumentará tamén a dotación orzamentaria dedicada aos Servizos Sociais municipais, o que redundará nunha mellora dos servicios e nun incremento da calidade dos mesmos.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
A Pobra: 60 veciños visitan a Cidade da Cultura e o Parlamento en Santiago este venres
Veciños de Dodro na Cidade da Cultura
A Pobra, 31 de marzo de 2011. Mañá venres 1 de abril o Concello da Pobra do Caramiñal realizará unha excursión a Santiago de Compostela, visitando o Parlamento de Galicia e a Cidade da Cultura.
Un total de 60 persoas serán recibidos ás 10,30 no Parlamento de Galicia, pola Presidenta do mesmo, Pilar Rojo, a visita que estará encabezada pola Alcalde da Pobra , Isaac Maceiras, fará un percorrido polas distintas Salas do Parlamento, coñecendo in situ, os lugares onde se reciben ás máximas autoridades de outras institucións, como pode ser a sala dos Presidentes doutros países cando están de visita, a escaleira institucional a cal só se accede en grandes cerimonias como cando é a toma de posesión do novo Goberno Autonómico; e o que máis curiosidade esperta en tódolos visitantes o hemiciclo onde debaten os nosos parlamentarios.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Dodro: o PP acusa de incompetente e discriminación ao concelleiro de Cultura
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: o Banco de Tempo oferta obradoiro de masaxes terapéuticas
Ribeira, 31 de marzo de 2011. O Banco do Tempo de Ribeira informa de que comezou un obradoiro de masaxes terapéuticas para socias e socios do banco do tempo. Este obradoiro terá unha duración de 3 sesións. A primeira celebrouse o pasado sábado, mentres que a segunda está programada para o sábado 2 de abril e a última para o sábado día 9.
No transcurso do curso, impartido por dúas persoas con ampla experiencia en distintas técnicas alternativas, cada un dos participantes poderá consultar e aprender a paliar algunha dor ou relaxar algunha zona a través destas técnicas, polo que o desenrolo do mesmo irá marcado maioritariamente polos participantes.
Á primeira sesión acudiron 6 socios do banco, entre eles a concellala de Igualdade, Acción social, Maiores e Dependencia, Mª Esther Patiño Rey, quen acudiu tamén en calidade de socia. O principal tema que alí se tratou foi o dos puntos de presión: a maneira de relaxar as distintas zonas nas que no día a día se van acumulando as tensións.
Para a segunda sesión cóntase con máis participantes e se tratará maioritariamente o tema da reflexoloxía podal.
O único requisito para a asistencia a estes e outros obradoiros organizados polo Banco do Tempo será pertencer como persoa socia.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: o xoves 7 de abril, Festival EOIVisión no salón de actos do auditorio
Programación desta "Semana cultural"
-- É o terceiro ano consecutivo que se veñen organizando este tipo de actividades na sección con moito éxito de asistencia e participación do alumnado.
-- O obxectivo da semana cultural é achegar ao alumnado (320) e ao público en xeral ao idioma dunha maneira lúdica e entretida centrándonos en aspectos culturais: música, baile, gastronomía, xogos, deporte, etc.
-- As actividades son organizadas polo profesorado pero con colaboración do alumnado para a maoiría das actividades, no cal o mesmo alumnado exerce de profesor dos talleres.
-- Os destinatarios son OS CIDADÁNS EN XERAL da nosa comunidade, non só os alumnos da escola oficial de idiomas.
-- NOVIDADES deste ano: Xogos como "Three in a row" (concurso tipo trivial por equipos) ou "Charades" (xogo de mímica para adiviñar películas, libros, etc), clase de pilates en inglés e tamén inglés para pais e fillos.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: este venres 1 de abril, gala dos premios "Concello de Ribeira"
Ribeira, 31 de marzo de 2011. Máis de 200 persoas confirmaron a súa participación na Gala da 13ª edición dos Premios Concello de Ribeira, que, organizada polo Ente Local coa colaboración da Asociación de Amas de Casa, terá lugar no día de mañá no Restaurante Baiuca (parroquia de Artes) a partir das 21 horas.
Tres son os distinguidos nesta nova convocatoria: Isaac Díaz Pardo na categoría de Cultura; a ONG Cáritas de Ribeira polo Traballo Desinteresado e a empresa Pescanova no apartado de Traballo Ben Feito. Tanto o coñecido emprendedor e artista galego como a presidenta de Cáritas de Ribeira, María Teresa Pérez, e o presidente de Pescanova, Manuel Fernández de Sousa-Faro, confirmaron a súa presenza no acontecemento, que será presentado polo xornalista Pemón Bouzas.
Como representante da Xunta de Galicia estará presente tamén o xefe territorial de Cultura e Turismo da Coruña, Manuel Varela.
Escultura exclusiva
Cabe sinalar tamén que cada un dos tres distinguidos recibirán de mans do alcalde José Luis Torres, da presidenta das Amas de Casa Magdalena Bringas, e do citado Manuel Varela, unha escultura exclusiva deseñada expresamente para estes Premios polo reputado artista Miguel Couto: figura que estará acompañada dun certificado que acredita o seu carácter de peza única.
A escultura, denominada polo autor As Xentes do Mar, está fabricada en bronce, pesa 5 kilos e ten unhas medidas de 45x10x10 centímetros. Coa obra, Miguel Couto pretende reflexar a unión das xentes do mar á hora de traballar nese medio tan duro, e por iso, a escultura representa dúas figuras que, sostidas por unha onda contínua na base da peza, esfórzanse por levantar un cesto cheo de peixe en contínuo movemento.
Antes publicamos:
Premios do Concello: a Isaac Díaz Pardo, Pescanova e Cáritas
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: o alcaldable polo Psoe promete ampliar O Grupo e escoitou propostas das amas de casa
Ribeira, 31 de marzo de 2011. Andrés Fariña reuniuse coa xunta directiva e anpa do colexio público O Grupo (antes Francisco Franco) e comprometeuse a ampliar as instalacións do centro e incrementar o número de prazas do comedor. Os responsables do colexio tamén demandaron unha mellor conservación e mantemento do centro, para o que fan falta máis cartos. Pediron ademáis un ascensor e que as 25 prazas do comedor se amplíen, pois non chegan. Amas de casaTamén se reuniu Andrés Fariña, xunto cos primeiros postos da súa candidatura, con representantes da asociación de amas de casa de Ribeira. Propuxéronlle a necesidade de pór en marcha programas para frear o absentismo escolar de estudantes de ESO e Bacharelato e tamén medidas para diversificar a economía da cidade, sen que iso supoña deixar de potenciar o sector pesqueiro. Tamén se falou da posta en marcha dunha Escola de Hostalería, de darlle máis pulo ao turismo e de axudas para o comercio local.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Dodro: o Concello colgou na súa web recursos sobre o patrimonio local e o libro de Toponimia de Baleirón
Dodro, 31 de marzo de 2011. Como xa anunciáramos co gallo dos actos da Primavera Cultural, o Concello de Dodro vén de colgar na súa web o resumo das charlas sobre Patrimonio local que deu a arqueóloga Beatriz Pereiras e tamén o libro sobre Toponimia escrito por Manuel Lorenzo Baleirón e partillado baixo licenza Creative Commons.
Para acceder e consultar os principais monumentos de interese de Dodro, ten que ir a esta ligazón. Para baixarse o libro (son 7 megas en pdf), ten que premer aquí
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
30.3.11
Ribeira: Ámbar fixo entrega dos diplomas do curso de Atención Sociosanitaria a persoas en domicilio
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: a Deputación organiza visitas guiadas ao Dolmen de Axeitos, en Olveira.
Entre abril e xuño
<br /><small>Ver Torres de Altamira en un mapa más grande</small>
Ribeira, 30 de marzo de 2011. A Deputación acaba de anunciar na súa web visitas guiadas a varios monumentos do patrimonio histórico da provincia. Entre estes monumentos está o dolmen de Axeitos.
Visitas: Do 2 ao 15 de abril, fins de semana e festivos de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h
Semana Santa, do 16 ao 24 de abril, todos os días, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h
Do 25 de abril ao 30 de xuño, fins de semana e festivos de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h
A última visita guiada comezará 15 minutos antes da hora de peche.
Teléfono de atención a visitantes: 981160027
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Documental: a investigación de "As silenciadas", sobre a represión ás mulleres na Guerra Civil, foi feita por Aurora Marco
http://www.auroramarco.com
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Teatro: o ribeirense Quico Cadaval dirixe "Pressing Catch", que pode verse venres 1 e sábado 2 de abril en Santiago
O escenario do Centro Dramático convértese nun ring para acoller esta proposta protagonizada por Paula Carballeira, Anabell Gago, Chiqui Pereira e Hugo Torres. Escrita por Paula Carballeira, e baixo o prisma do humor e da ironía, a obra reflexiona sobre a violencia e o que nos impulsa a querer contemplala
Santiago, 30 de marzo de 2011.- O Salón Teatro de Santiago acolle esta semana dúas funcións de Pressing Catch, o último espectáculo da compañía compostelá Berrobambán, que se vale desta particular técnica de loita libre para reflexionar sobre as formas de violencia, sen deixar de lado o sentido do humor e a ironía. Realizada baixo a dirección escénica de Quico Cadaval e a partir dun texto asinado por Paula Carballeira, a montaxe poderá verse o venres 1 e o sábado 2 de abril ás 20.30 horas.
En plena era do medo, da violencia como espectáculo, Berrobambán afonda no que nos impulsa a querer contemplala, desde o circo romano ata o formato televisivo do wrestling. Pero os seus loitadores son xente da vida cotiá coa que calquera pode sentirse identificado. A compañía galega fai teatro do espectáculo do «pressing catch», tomando algunhas das súas convencións como os epítetos dos loitadores, a acrobacia, ou a música que os acompaña, aínda que introducindo variantes coma o coidado dos diálogos, a presenza feminina e, sobre todo, a descontextualización da loita.
Paula Carballeira, Anabell Gago, Chiqui Pereira e Hugo Torres interpretan esta proposta, na que a loita que se realiza nos cuadriláteros, seguindo unhas normas determinadas, ocupa un espazo de ficción: o teatro. Á vez, ten un paralelismo coa realidade, cos loitadores e loitadoras anónimos que realizamos actos de violencia cada día sen reparar neles.
Público adulto
Berrobambán cambia o seu público habitual, o infantil, e enfrontase á audiencia adulta por terceira vez, tras NdC (2000) e Vendetta (2004), obras que incluían ao espectador como interlocutor dos personaxes. Esta preocupación por que o público forme parte da historia que se está a contar permanece nesta proposta, ao igual que a coreografía do movemento escénico e a estética do desencanto para facer reaccionar a quen asiste á representación.
En Pressing Catch un DJ introduce os personaxes moi próximos, que viven e empregan a violencia de formas distintas: Lola, unha muller de armas tomar que usa a violencia como sistema defensivo; Hellmaster, avogado de éxito profesional, pero cunha vida familiar que non é quen de xestionar; e A Chorona, experta na chantaxe emocional e no vitimismo. Todos eles son controlados por un árbitro que non quería selo, un eterno perdedor nun mundo de gañadores encargado de pór orde no caos.
O propio espectáculo que dá título á obra é el mesmo unha alegoría da sociedade contemporánea, un ring onde homes e mulleres adoptan unha violencia de maior ou menor intensidade, baixo a ollada reguladora dun árbitro que a duras penas acepta o seu papel de observador e vixía neutral. El é o responsable da orde porque mesmo a violencia debe someterse á súa esixencia reguladora.
Proxecto multidisciplinar
Pressing Catch é un proxecto multidisciplinar que abrangue a produción musical, editorial, multimedia e audiovisual. O espectáculo, ademais de actuacións musicais en directo, achega pequenas curtametraxes realizadas por Carlos Alberto Alonso, que contan a vida dos protagonistas cando están fóra do ring. Estas pezas audiovisuais presentan «cameos» estelares, intervencións de actores e actrices que colaboraron desinteresadamente e que o público poderá recoñecer. Ao traballo de Alonso nos vídeos, súmase o de Soyuz na música, Pablo Pastor na escenografía, Fidel Vázquez na iluminación e Cloti Vaello no vestiario. David Loira encargouse da coreografía e Ramón Bermejo, do adestramento vocal.
O texto dramático de Carballeira foi publicado por Edicións Positivas e estase a editar tamén o CD Pressing Catch. 12 cancións dende o ring, resultado dun certame de temas en galego en que participaron dúas ducias de agrupacións. A obra xestouse no curso de escrita teatral organizado polo Centro Dramático Galego (CDG) Pistas para unha dramaturxia da actualidade.
As entradas para as funcións de Pressing Catch do venres 1 e do sábado 2 xa están dispoñibles a través do teléfono 902 43 44 43 ou da billeteira da web www.caixagalicia.es. Tamén poden adquirirse no despacho de billetes do Salón Teatro desde as 18:30 horas. O prezo das localidades é de 10 euros (cun desconto do 40% para estudantes, xubilados, usuarios do carné xoven e desempregados).
Antes, sobre Quico Cadaval, publicamos todas estas novas.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Rianxo: a Deputación destina 250.000 euros para a primeira fase do centro cultural do Araño
Rianxo, 30 de marzo de 2011. A Deputación da Coruña destinará 250.000 euros para financiar a primeira fase do proxecto de construción dun centro sociocultural, que se situará nunha parcela da escola unitaria da Capela, na parroquia rianxeira de Araño.
A achega provincial representa o 100% do importe total das obras, segundo se recolle no convenio subscrito esta mañá, na sede da institución provincial polo presidente da Deputación, Salvador Fernández Moreda, e o alcalde da localidade, Pedro Piñeiro Hermida.
A nova edificación, de 906 metros cadrados, situarase no actual espazo de patio e a pista descuberta, manténdose a actual edificación da escola.
O centro sociocultural de Araño contará con planta baixa, na que se situará unha sala de exposicións, un taller , un local de usos múltiples, almacén, local para cadros eléctricos, aseos, dúas aulas e biblioteca; e planta alta que disporá dunha sala de reunións, catro despachos e aseos.
A cuberta do edificio será de zinc a dúas augas, e o inmoble contará con revestimento exterior de granito e carpintería de aluminio lacado con acristalamento.
Nesta primeira fase realizaranse obras nunha superficie de 445,67 metros cadrados, que engloban a sala de exposicións, o porche de acceso, o local de usos múltiples, almacén, local para cadros eléctricos, sala para material de limpeza, e aseos.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: os cursos de formación en galego CELGA comezan o mércores 6 de abril
Máis información:Servizo de Normalización Lingüística do Concello Tel.: 981835417normalizacion@riveira.com
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Xadrez: o Distribunosa Rianxo quedou cuarto na 1ª División da Liga Galega
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Porto do Son: a escola de idiomas de Ribeira organiza unha charla sobre arte en inglés co artista Jontxu Argibay
Está prevista a asistencia dos máis de 20 alumnos dos cursos Avanzados 1 e 2 de Ribeira, onde se guiará pola exposición de Jontxu Argibay: Arteleira (contando co artista), e se fará unha mesa redonda discutindo sobre Arte.
Ésta é unha actividade totalmente novidosa que non se fixo anteriormente en ningunha parte da bisbarra barbanzana.O evento en Facebook, aquí
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Noia: escollida por unanimidade a lista electoral dos socialistas para o vindeiro 22 de maio, que trae moitas caras novas
Na actualidade gobernan no Concello os socialistas en minoría, tras unha etapa en coalición co Bng
Noia, 30 de marzo de 2011. Na última asemblea celebrada polo grupo municipal socialista de Noia, este luns pasado, procedeuse a aprobar a lista definitiva de candidatos á alcaldía e concellerías para as vindeiras eleccións municipais do domingo 22 de maio. Segundo fontes socialistas, a lista da candidatura foi escollida por unanimidade e quedou como segue:
1 Rafael García Guerrero (actual alcalde de Noia)
2. Sergio Campos Nieto (fora portavoz socialista nunha lexislatura anterior e volta ao primeiro plano).
3. Marisa Lorenzo Blanco.
4. Bernabé Piñeiro Santos.
5. Maria Domínguez.
6. Javier Vieites.
7. Xosé Rodriguez Agulleiro (concelleiro de Obras e Servizos)
8. Concha Miguens Angueira
9. Roberto Iglesias.
10. Eva Seijas
11. Santiago Queiro.
12. Silvia Tajes.
13. Rita
14. Mario Pais Beiro (presidente de Xuventudes Socialistas de Noia)
15. Alicia
16 Lino García Novo (actual concelleiro de Facenda)
17 Josema González Canabal (actual concelleiro de Cultura e Festexos)
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Noia: a exposición sobre carteis antigos das festas da vila inaugúrase o 16 de abril
Noia, 30 de marzo de 2011. O artista boirense-noiés Ismael Teira é o comisario da mostra "Noia en Festas", unha exposición que se estrutura a modo de percorrido ao longo dunha selección de carteis de diferentes creadores que estiveron anunciando no seu momento algún dos tres grandes acontecementos festivos en Noia: a Feira de San Marcos, as Festas de San Bartolomeu e a Feira Medieval. O proxecto reúne obra de Antón Avilés de Taramancos, Ricardo de Barreiro, Alfonso Costa, Manuel Romero, Nacho C. Beiro, Francisco Creo, Sesé Fernández Leiceaga, Veiras Manteiga, Argimiro Suárez Ferreiro ou Suso Xogaina, entre moitos outros.
A mostra presenta unha selección organizada en base a diferentes liñas (temática, cronolóxica, de autores, etc.) para constituir deste xeito unha sala estruturada e facer da visita un momento entretido, productivo e didáctico. Editarase ademáis un catálgo con todas as obras.Lugar: Sala de exposicións do Coliseo Noela (Noia)Inauguración: 16 abril de 2011
Produción: Concellaría de Cultura do Concello de Noia
Comisario: Ismael Teira Muñiz Un día antes, en Noia:
Porros, maría, marihuana, cánabo: o 15 de abril, protagonista
Pode que lle interese:
Premio: bases do certame de pintura ao aire libre "Sesé" (é o 23 de abril)
Certame: prazo ata 30 de abril para presentarse ao "Antón Avilés" de relato
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
29.3.11
Ribeira: o Psoe acusa ao Concello da sinistralidade viaria polo mal deseño dos pasos de peóns
Ribeira, 29 de marzo de 2011. O grupo municipal socialista ribeirense presentou unha pregunta para ser respostada en pleno na que claramente acusa ao Concello de ser en parte responsable da alta sinistralidade viaria (no que se refire a atropelos) por causa do mal deseño dos pasos de peóns.
Pregunta íntegra:PREGUNTA Á ALCALDÍA SOBRE COUSAS QUE INCIDEN NA ALTA SINISTRALIDADE VIARIA EN RIBEIRASr. Alcalde/Presidente do Concello de Ribeira:O Grupo Municipal do PSDG-PSOE de Ribeira ten revisado unha vez máis o estado dalgúns dos sinais horizontais, nomeadamente os pasos peonís e espazos anexos, e quere significar, diante da súa autoridade no Concello, as importantes deficiencias que lles afectan, e que estamos seguros incidiron na alta sinistralidade acontecida nas últimas datas no municipio.
Queremos recordar que repetidamente, dende hai anos, vimos estando enriba desas deficiencias e reclamando por elas. Son deficiencias visibles para calquera, igual que se sabe razoablemente que cuns mínimos coidados ou cambios de postura se axudaría a favorecer a seguridade viaria. Son deficiencias tan evidentes como, entre moitas outras:
• A existencia de baches ou firme irregular nos pasos de peóns.
• Ubicación desaconsellable dos pasos.
• Pasos en cambios de sentido que inducen obturación de vías.
• Pasos que inducen, pola súa colocación, obturación de cruces.
• Pintado dos pasos de cor non permitida.
• Pasos á saída de cambios de rasante.
• Pasos que saen, irregularmente, de puntos cegos.
• Pasos sobre catro carrís viarios sen sinalización de semáforo.Tanto en Sesión Plenaria, como en rogos, como a través dos nosos escritos e mocións, témos reclamado atención e demandas sobre un problema ao que, visto o estado actual e pasados vinte anos, non se atendeu. Por iso, o grupo municipal do PSdeG-PSOE de Ribeira presenta a vostede a seguinte PREGUNTA: Sabía Vde. Sr. Alcalde que en Ribeira se dá o fenómeno único, ilegal e esperpéntico en que un paso peonil desemboca directamente nunha vía de circulación rodada?
Sabe Vostede que dito paso está fronte ao Centro Educativo do Instituto de Bacharelato?
Sabe Vde. Sr. Alcalde, que ese paso leva así, e sendo repintado, cerca de dez anos (10 anos)?
Como actuaría o Concello en caso de accidente e litixio con Seguros?
Como llo explicaría ao peatón?
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Boiro: o Concello felicita á artista boirense Marta Ríos polo seu premio como Mellor Actriz Secundaria nos "María Casares" de teatro
Boiro, 29 de marzo de 2011. O Concello de Boiro, a través do Alcalde, Xosé Deira, e do Concelleiro de Cultura, Xerardo Piñeiro, quere manifestar a súa "satisfacción e orgullo" pola concesión do premio “María Casares” de teatro á actriz boirense Marta Ríos, na modalidade de mellor actriz secundaria, así como trasladarlle os parabéns de toda a corporación. Estes galardóns, promovidos pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia, chegaron á súa XV edición e entregáronse o pasado día 23 no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña. Marta Ríos foi premiada pola súa interpretación na obra Volpone, de Talía Teatro.
Marta Ríos formou parte da compañía de teatro municipal boirense Teatro do Improvisto desde os seus inicios, no ano 1994, e tras moitos anos, foi unha das compoñentes que deixou o grupo afeccionado para pasarse ao teatro profesional con Talía Teatro, aínda que seguiu colaborando co grupo municipal. Na súa traxectoria profesional, que inclúe tamén a televisión, ten igualmente un oco para a docencia, xa que actualmente tamén imparte cursos de teatro en Boiro.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Rianxo: escolares do instituto "Félix Muriel" realizan intercambio lingüístico e cultural cun centro de Gondomar
O estudantes do IES Auga da Laxe de Gondomar achegáronse onte á vila rianxeira para participar nunha actividade xa tradicional do Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) do IES Félix Muriel de Rianxo: o intercambio con alumnado doutro EDLG dun centro de ensino secundario de Galicia.
Coa finalidade de que o alumnado de Gondomar vise como o galego é a lingua espontánea do alumnado rianxeiro, organizáronse unha serie de actividades de convivencia que xa comezaron hai varios meses cando os rapaces e rapazas dun e doutro centro entraron en contacto por correo electrónico e a través das redes sociais, ata que onte se celebrou ou primeiro encontro presencial. O alumnado rianxeiro presentoulles, dentro do IES, o seu concello e mais o traballo que desenvolven no Equipo de Dinamización da Lingua Galega, e logo fixéronlles de guía nunha visita pola vila.
Debido ás condicións climatolóxicas, parte do roteiro efectuado polas rúas de Rianxo foi suspendido e ambos IES ocuparon a maior parte do tempo nos museos da vila: o Museo do Mar e o recentemente inaugurado, Casa-museo de Manuel Antonio. Xa pola tarde, acudiron todos ó concello de Ribeira para visitaren o complexo dunar de Corrubedo.
O alumnado dun e outro centro interactuou perfectamente e os mozos e mozas de Gondomar tiveron oportunidade de falar en galego con outros da súa idade que teñen esta lingua como habitual, algo que no sur de Galicia e mais concretamente nos arredores da cidade olívica é difícil de atopar, segundo apuntou Valentina Formoso, profesora do IES "Félix Muriel" e cofundadora da coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Rianxo: o alcaldable do Bng promete apoio ao festival de AntrosPinos en Taragoña
Antrospinos está a desenvolver tamén desde o centro cultural de Taragoña outros proxectos en datas sinaladas como o Día das Letras Galegas ou o Entroido e que mesmo fixo achegarse á canle autonómica á localidade para realizar unha gravación deste evento.
Telecentro en Taragoña
O candidato nacionalista á alcaldía está a empregar o portal máis grande de vídeos en Internet para difundir a súa mensaxe:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
28.3.11
A Pobra: rematadas as obras de mellora da piscina municipal
Na zona de acceso instalouse unha porta cortaventos conxuntamente coa existente, pechando deste xeito a marquesiña cun acristalamento climalit.
Na planta baixa, executouse un recinto termal, na zona anexa ao vaso da piscina.
Na primeira planta derrubouse parte da tabiquería pertencente a dúas das salas anexas ao ximnasio, e nunha delas, ademais, colocouse solo de caucho.
Ampliouse unha nova sala na dobre altura existente fronte ao ximnasio.
Arranxáronse os danos existentes no edificio ocasionados pola presenza de humidades en determinadas zonas. O equipo de goberno agradece á empresa adxudicataria "o bo traballo que vén desenvolvendo coa prestación deste servizo e, como non, por estas obras realizadas que redundarán en beneficio de todos os pobrenses engadindo novas ofertas de actividades ás propias da piscina e tamén ás que ten o concello".
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Noia: a candidatura do BNG preséntase este xoves 31 de marzo oficialmente
Noia, 28 de marzo de 2011. A presentación da candidatura electoral municipal do BNG de Noia vaise a realizar o próximo xoves, día 31 a partir das 20:30 horas no novo edificio administrativo do Espirito Santo (antigo matadeiro). Á conclusión do acto haberá uns petiscos no Restaurante MARICO, sito na rúa de Galicia.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: o alcaldable do PP cre que a nova lonxa comezará a remodelar a fachada marítima ribeirense
Precampaña: a nova lonxa, para este ano primeiras obras, disque
Praza de abastos: presentado o novo deseño
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Boiro: o pazo de Goiáns recibe visita parroquial con misa de campaña incluída este domingo 3 de abril
Escolares visitando o pazoBoiro, 28 de marzo de 2011. Este vindeiro domingo, 3 de abril, integrantes da parroquia de Santiago de Lampón realizarán unha visita ao pazo de Goiáns, na que se inclúe unha misa de campaña. O acto está aberto a tódolos veciños que desexen asistir, e encádrase dentro do programa de visitas organizadas con asociacións, colexios e outros colectivos que o Concello de Boiro pon en marcha co obxectivo de dar a coñecer ao pobo a fortaleza e a súa finca.O programa desta visita é o que segue:
11:15: Concentración no adro da igrexa de Lampón
11:30: saída da andaina cara ao pazo
12:00: inicio da visita guiada á finca e Pazo de Goiáns
13:00: Misa de campaña cantada na honra da Virxe da Boa Viaxe
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Boiro: Méndez Ferrín e o pescador de troitas Moralejo foron agasallados cunha comida polo equipo de goberno
Boiro, 28 de marzo de 2011. O pasado sábado 26 estiveron mantendo un encontro "intelectual" o actual presidente da Real Academia, Xosé Luís Méndez Ferrín, e o catedrático de Grego na Usc, columnista en castelán en vellos medios impresos e recoñecido pescador de troitas (grazas, Arume dos Piñeiros), Juan José Moralejo Álvarez. Na imaxe, aportada polo Concello de Boiro -imaxinamos que dende mañá xa non se poderán facer este tipo de fotos, por se son interpretadas como fachendeo electoral- están no Arume, un local de hostalería no que ambos "intelectuais" foron agasallados cunha comida polo equipo de goberno. Para quen non coñeza a Ferrín e Moralejo: son os apostados a ambos lados da única muller -ignoramos quen é ela- na fotografía. Moralejo leva garabata e Ferrín está á dereita na imaxe, ao pé de Xosé Deira, alcalde de Boiro, que á súa vez está ao pé de Xosé Luís Axeitos, académico de Rianxo que tivo moito lío ese día, pois abriuse a casa museo de Manuel Antonio.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia