- Está no barrio de San Lázaro e ocupa 660 metros cadrados
- Poderanse facer baixo e catro alturas, con planta baixo cuberta
- Deben estar feitas ou comezadas as obras antes de cinco anos. E deben seguir como vivendas de protección pública durante 30 anos
Noia, 30 de xullo de 2011. O Pleno ordinario do Concello de Noia, aprobou onte venres, día 29 de xullo, a cesión gratuíta dunha parcela de titularidade municipal ao Instituto Galego de Vivenda e Solo, a fin de que este organismo autónomo constrúa na mesma vivendas de promoción pública. A parcela en cuestión ubícase no barrio de San Lázaro, dentro do ámbito da unidade de actuación número 3 e conta coas seguintes características: * superficie da parcela: 660 m2
* ocupación: 561 m2
* edificabilidade: 3.597 m2
* valoración: 776.952,00 euros
* tipo de solo: urbano intensivo
* alturas: planta baixa+4 alturas+planta baixo cubertaA cesión en cuestión está sometida, entre outras, ás seguintes condicións: 1. Que os fins para os cales se cede se cumpran no prazo máximo de cinco anos.
2. Que o seu destino se manteña durante os trinta anos seguintes.
3. Se transcorridos un ou outro prazo non se cumpriran as anteriores condicións o ben de referencia revertería automaticamente de pleno dereito ao patrimonio deste municipio coas súas pertenenzas a accesións.
4. Considerando o disposto no artigo 23 do Decreto 253/2007, do 13 de febreiro, de réxime xurídico do solo das edificacións promovidas polo Instituto Galego de Vivenda e Solo a entrega ao Concello de Noia polo IGVS, mediante cesións gratuíta, do 10% das parcelas resultantes ou da superficie útil construída. Vivendas de promoción pública son aquelas que constrúe de xeito directo a Administración, e logo dun proceso reglado, as adxudica aos seus solicitantes.Segundo indicou, no transcurso do Pleno, o concelleiro-delegado de Urbanismo, Bieito González, este luns solicitará unha entrevista co presidente do Instituto Galego de Vivenda e Solo a fin de darlle traslado do mentado acordo e encetar o proceso de negociación necesario para que o mesmo se poida materializar.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia