- Os socialistas do Barbanza denuncian que a Xunta de Galicia “relega á comarca” nos orzamentos do ano 2012 “con anemia presupostaria, cousa ben diferente á austeridade”.
- Ven unha "clara renuncia ao macropolígono industrial"
- Lage Tuñas bota en falta "escolas infantís, centros de día e politicas de apoio ás familias" e observa "un brutal recurte nos orzamentos de Educación"
Os socialistas lamentan que non se fagan máis escolas infantís
Boiro, 30 de outubro de 2011. O Portavoz da área institucional do Grupo Socialista, José Manuel Lage Tuñas, tamén de xira preelectoral, mantivo onte sábado unha xuntanza de traballo cos portavoces municipais do PSdeG-PSOE dos concellos da comarca do Barbanza (Ribeira, Noia, Boiro, Muros, Pobra, Rianxo, Lousame, Outes, Mazaricos, Padrón e Porto do Son) para valorar os orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2012.
Os socialistas barbanzanos ven nos orzamentos da Xunta que “a comarca está relegada xa que deixa no aire o proxecto de macropolígono industrial do Barbanza impulsado polo anterior goberno de Touriño e que o PP teno paralizado dende a súa chegada á Xunta de Galicia”.
O deputado noiés José Manuel Lage tamén destacou “a clamorosa ausencia nos orzamentos de partidas específicas destinadas a mellorar a conciliación da vida familiar e laboral” e explicou que “non hai ningunha nova escola infantil programada, ningún novo centro de día e contémplase un gran recorte de fondos adicados ao Plan Concertado de Servizos Sociais”.
”O PP decide con estos orzamentos meter a motosierra no gasto social, deixar aos concellos nunha situación moi precaria nas areas de servizos sociais e poñer en risco servizos como a axuda no fogar ou atención de emerxencia social a persoal maiores”
O PP mete a motosierra nos servizos sociais
Os socialistas barbanzanos denunciaron que ”o PP decide con estos orzamentos meter a motosierra no gasto social, deixar aos concellos nunha situación moi precaria nas areas de servizos sociais e poñer en risco servizos como a axuda no fogar ou atención de emerxencia social a persoal maiores”.
Lage Tuñas explicou que “a Xunta pon en risco servizos como a axuda no fogar para persoas dependentes, a atención ás persoas con discapacidade ou as axudas de emerxencias social. Todos estos son servizos que se prestan a través dos concellos e agora a Xunta acaba de recortarlle aos concellos nalgúns casos entre un 30 e 72,3%.”
O deputado noiés José Manuel Lage recordou que en concellos como “Noia ou Rianxo sufren o recurte de fondos por parte da Xunta ao igual que outros concellos, e o PP deste xeito está poñendo en perigo servizos sociais básicos para a protección das persoas con máis necesidades sociais. O PP dende a Xunta acaba de facer un gran recorte dos fondos adicados ao Plan Concertado de Servizos Sociais dos concellos”.
Lage Tuñas tamén destacou “a clamorosa ausencia nos orzamentos de partidas específicas destinadas a mellorar a conciliación da vida familiar e laboral” e explicou que “non hai ningunha nova escola infantil programada, ningún novo centro de día nin residencia, a pesares das promesas do goberno galego”.
Macropolígono comarcal paralizado dende fai 2 anos e medio
Os socialistas barbanzanos vén nos orzamentos da Xunta que “a comarca está relegada xa que a Xunta deixa no aire o proxecto de macropolígono industrial do Barbanza impulsado polo anterior goberno de Touriño.”
O deputado José Manuel Lage afirmou que “o PP ten o macropolígono paralizado dende a súa chegada á Xunta de Galicia fai agora máis de dous anos e medio. Os orzamentos retrasan esta actuación ao conter unha cantidade simbólica, 60.000 euros e na práctica paralizan un ano máis esta actuación”.
Dende o PSdeG-PSOE Barbanzano reclamouse “unha política de incentivos para favorecer a instalación de empresas nos polígonos de Rianxo, Boiro e Muros” e volveuse a solicitar que “a Xunta desbloquee o macropolígono industrial da comarca do Barbanza porque hai demanda de solo insdustrial tanto en Ribeira como en Pobra por parte de empresas xa instaladas na actualidade nestos concellos”.
Vial de Catoira
Lage Tuñas aproveitou a rolda de prensa para comunicar que o conxunto dos socialistas barbanzanos van a solicitarlle á Xunta de Galicia que “sitúe como unha prioridade a mellora do vial que une Arousa Norte con Catoira e Caldas”.
“Unímonos ás peticións de empresarios, traballadores que se desprazan a diario para asistir ao seu posto de traballo, institucións e colectivos comarcais demandando que a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra busquen unha solución a este vial. Contan coa nosa axuda e colaboración, non queremos facer disto unha pugna partidaria pero sí queremos que esto non se esqueza e se programe como prioritaria a a mellora desta vía de comunicación”, explicou o deputado do PSdeG.
Os socialistas barbanzanos apoiaran dende as institucións tódalas accións que contribuian a facer “prioritaria” esta actuación, ao tempo que lamentaron os sucesos tráxicos vividos nos pasados días.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia