31.5.10

Lingua galega: o boletín que intentaron censurar por unha simple viñeta de Retranca

<div style="width:425px" id="__ss_4369449"><strong style="display:block;margin:12px 0 4px">En galego, máis e mellor!</strong></object><div style="padding:5px 0 12px">View more presentations from Coordinadora Galega ENDL.</div></div>

Que pouco sentido do humor!

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Humor: os de Refungando, con dedicatorias

Ribeira: a andaina ás Illas Cíes, xa en fotos no Picasa da Cofradía da Dorna

Dodro: Escribano defiende escribanos (das brañas de Laíño)

Hoy queremos defender a una importante población de escribanos palustres amenazados por unas actuaciones "medioambientales". Nos situamos en la ribera del río Ulla, en el término municipal de Dodro (A Coruña). Allí se quieren gastar 2,2 millones de euros en una serie de infraestructuras que ponen en peligro el hábitat del escribano palustre íbero-occidental. Para la Sociedad Galega de Historia Natural es un proyecto socialmente innecesario, ambientalmente perjudicial y en una época de crisis, un despilfarro de fondos públicos. Nos ocupamos además de la iniciativa de Testigos del Clima de WWF-España y de una serie de proyectos para la revitalizar la zona de la montaña palentina-leonesa donde la conservación de los espacios naturales sea una oportunidad y no un obstáculo para el desarrollo. Un desarrollo completamente diferente al que se plantea con un gran complejo invernal en el entorno de San Glorio (30/05/10).

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Curiosidades: time lapse xenial de Xapón

En 2008 a editora Iria Lago, logo da súa estadía na Feira do Libro de Frankfurt, comentáranos que tiñamos moitos nexos de unión con Xapón: en parte literarios, en parte polas paisaxes, polo sentido do humor e mesmo pola morriña. "Xapón é un dos países máis fermosos do mundo. Este é o meu Xapón. Esta é unha das moitas razóns polas que eu amo Xapón", di o autor deste fermoso vídeo. Troquen "Xapón" por "Galicia" e terán, teremos, a un morriñento galego. Agardamos ver en breve marabillas así pero con Galicia como paisaxe.

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Noia: o 2 de xuño, este mércores, comezan os traballos de restauración da ponte de Traba

Ribeira: a Festa da Dorna 2010 xa ten deseños para cartel e camisetas


Cartel Festa da Dorna 2010, que vai xa pola LXII (62 para os que non foron á clase de números romanos ese día) Singladura

Ribeira, 31 de maio, e non te saquelo saio, de 2010. O pasado sábado 29 de maio tivo lugar a segunda asamblea de peñas da LXII Singladura da Festa da Dorna. Houbo (disto toman nota) 45 peñeiros en representación de 25 peñas dorneiras, sete das cales son peñas novas.


O primeiro punto a tratar foi a presentación das actividades principais dos distintos días da Festa da Dorna 2010. O Venres 16 de Xullo terá lugar o engalanamento de fanequeiras e o Juateke dorneiro, o sábado 17 de Xullo celebraranse os xogos populares versión de terra e o certame itinerante de canción de tasca; o domingo 18 as carrilanas; o xoves 22 maratasón e rockandorna; o venres 23 os xogos populares versión mar, o jran premio Ícaro de voo sen motor e o exame de patróns; o sábado 24 a regata de embarcasións feitas a machada e propulsadas a pan de millo, romería dorneira e Top Secret. Ademáis o sábado 31 de Xullo celebrarase o tradicional Baile de Jala.


As embarcasións feitas á machada e propulsadas a pan de millo, na véspera do Apóstolo, o sábado 24 de xullo

O segundo tema da asamblea foi a elección dos deseños tanto de carteis como de sudadeiras dorneiras. A votación realizouse a man alzada e saíron vencedores no apartado de sudadeiras Andrés da peña Parrochas Papudas tras unha votación reñida con 15 votos a favor por 13 do segundo, e no apartado de carteis Xavi Seco da peña Tabeiróns Caralludos con 29 votos frente a 7 do segundo clasificado.

Deseño para camisetas

Nesta asamblea a directiva da R. e I. Cofradía da Dorna presentou o proxecto de actualización de socios dorneiros, co que se pretende que os socios actualicen os seus datos persoais e actualizar os arquivos de socios á par que os mesmos panfletos serven para facerse novos socios.

Todos os asistentes quedaron citados para a terceira asamblea de peñas que terá lugar o próximo 19 de Xuño, a hora e lugar serán confirmados tanto no blog da cofradía: www.noticiasdorneiras.blogspot.com como por carteis en establecementos comerciais de Ribeira. Tampouco faltará aviso aquí, neste xornal dorneiro.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: alumnos do instituto sueco "Kytas Gymnasium" foron recibidos na Casa do Concello

Ribeira, 31 de maio de 2010. O Salón de Plenos da Casa Consistorial de Ribeira foi escenario este mediodía dunha recepción oficial a 19 de alumnos do instituto Kitas Gymnasium de Goteborg, Suecia, (acompañados das súas profesoras Hannah Thomte, e Ana Yansi Herrera), con motivo do intercambio estudantil que este centro está a realizar co IES Número 1 de Santa Uxía. José Luis Torres como alcalde do concello e Juana Ermitas Crugeiras como concelleira de Educación foron os encargados de recibilos. 

Tamén estiveron presentes na recepción os 18 alumnos do citado instituto local que participan no intercambio, así como as profesoras organizadoras do mesmo, Isabel Falque e Isabel Peleteiro, e a xefa de estudos Encarna Pego.  José Luis Torres Colomer expresou o seu desexo de que a expedición escandinava tivese unha feliz estancia no municipio barbancés (a súa visita remata mañá) e convidounos a que volvan no futuro a título persoal a esta terra para que poidan coñecer así con máis profundidade os atractivos turísticos de Ribeira e da comarca do Barbanza. Tamén interviñeron no acto Encarna Pego en representación do IES Nº1, e Ana Yansi Herrera polo Kitas Gymnasium. Ao remate, Colomer entregou uns agasallos aos alumnos suecos como recordo da súa estancia. 

Web do Kitas Gymnasium:

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Fotografía: as mellores fotografías de 2009 con licenza Creative Commons

30.5.10

Porto do Son: descoñecidos lévanse parte do valado da área de Alboreda

Bancos de pedra, barbacoas, bancos de madeira, cruceiros, petos de ánimas... todo lles vale! Unha das grandes asignaturas pendentes na educación deste país é o respecto ao común. O que acaba de pasar en Alboreda acontece cada pouco noutras moitas áreas destas bisbarras.
Toda a información en http://certo.es/index.php?page=roubo_en_alboreda

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

A Pobra do Caramiñal: emotiva homenaxe a tres veteranos socialistas

Noia: o ministro de Xustiza estivo na presentación dun poemario de Fabeiro

"Quechemare de saudade", un poemario inédito de Manuel Fabeiro, polígrafo de Muros que fixo moito pola cultura en Noia durante a longa noite de pedra do franquismo, foi presentado onte na casa do Concello. O acto contou coa presenza, non anunciada, do ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, que é natural de Cee, aí ao lado.

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

29.5.10

Ribeira: o Psoe pide que se axilice a contratación de socorristas para as praias

Download now or preview on posterous
mocion.pdf (81 KB)


E presentará no próximo pleno esta moción:

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Rianxo: foro sobre saúde e hábitat o sábado 5 de xuño no auditorio para celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente


Rianxo, 29 de maio de 2010. O Día 5 de xuño celébrase o Día Mundial de Medioambiente e co gaio do mesmo celebrarase no Auditorio de Rianxo un Foro de saúde e hábitat, rehabilitación sostible, organizado pola Asociación cultural Bioturmalina, de Santiago de Compostela, en colaboración co Concello de Rianxo, dentro do programa AHS+ (accións humanas sostenibles)

A asistencia aos relatorios e mesas redondas é gratuíta, previa inscrición no teléfono 981.553.321, ou enviando mail a bioturmalina@yahoo.es 

Paralelamente, nas salas do Auditorio haberá exposicións sobre rehabilitación, exposición de produtos de bioconstrución, etc.. A entrada é libre para o público.

Programa

Desenvolverase o Foro dende as 10:00 ás 18:30 horas.

A seguir, haberá unha ofrenda floral ao mar, para comemorar o Día Mundial do Medio Ambiente.

Ás 20:00 horas, haberá unha proxección da película "Consciencia e natureza"

</object>

Ás 21:00 horas, haberá un concierto de concos tibetáns, a cargo de Jacomina Kistemaker.

Máis información: http://www.bioturmalina.org

Nota de Certo: co escepticismo habitual neste xornal, moito nos tememos que este foro é unha "aventura" pseudocientífica similar á que tivo lugar en Porto do Son o ano pasado, só que agora disfrazada doutra cousa. Falámoslle daquelo aquí
Entre as Jornadas del Misterio de Ribeira, os concertos LiveH20 de Porto do Son, a aldea maldita de Boiro coas desfeitas en Neixón e agora este foro da auga de Rianxo, xa se podía facer un roteiro de alcaldes paranormais por estas terras...

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Opinión: Manuel Domínguez glosa la figura del poeta Boris Pasternak en el 50 aniversario de su muerte

Lousame: o 5 de xuño, segunda edición da Festa do Carneiro ao espeto

Lousame, 29 de maio de 2010. O vindeiro sábado 5 de xuño a asociación cultural de San Roquiño convoca a toda a bisbarra á celebración da segunda edición da Festa do Carneiro ao espeto. Haberá carneiro, viño e pan a prezos asequibles, tanto a mediodía (dende a unha da tarde) como pola noite, para cear, a partires das nove e media. Ameniza a orquestra Odeón.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Untitled

Download now or preview on posterous
35973-asinado.pdf (106 KB)

Ana Pontón demanda que o centro de día “sexa de xestión pública”

 

A Pobra do Caramiñal, 29 de maio de 2010.- A deputada do BNG pola comarca da Barbanza, Ana Pontón, ven de presentar unha iniciativa no Parlamento Galego pola que lle esixe á Xunta de Galiza que licite as obras de construción do Centro de Día da Pobra do Caramiñal.

A deputada nacionalista lembra que o 29 de maio de 2008 o concello da Pobra aprobou a cesión dos terreos ao Consorcio Galego de Servizos Sociais para a construción deste centro, existindo o compromiso por parte do Goberno Bipartito de que as obras se iniciarían durante o ano 2009. Incluso, a inicios do pasado ano estaba redactado o proxecto para que puidera ser licitado sen demora.

Porén, Ana Pontón denuncia que o retorno do PP á Xunta de Galicia “supuxo unha parálise deste proxecto”.  “De feito –advirte- o Goberno de Feijoo non se ten comprometido publicamente coa construción deste centro de día, nin impulsou, ao longo deste ano, o inicio das obras”.

“Únicamente –engade- o alcalde da Pobra, actuando de portavoz da Xunta, fixo un resumo das características que ía ter o centro de día, pero para nada se explicou por qué a actual Consellaría de Traballo e Benestar non licitou as obras nin ofreceu ningún prazo sobre cando se abrirá”.

Neste sentido, a deputada nacionalista subliña que “para o BNG a prioridade é que este Centro de Día sexa construído e que se garanta a súa xestión pública”.  “A actual Xunta está a dilatar a licitación da construción deste edificio e agora elude dar datos concretos sobre cales son as súas intencións”, advirte.

Ante esta situación, Ana Pontón pregúntalle ao Goberno do PP se ten previsto licitar as obras de construción deste edificio ao longo deste ano; se vai facer a obra no terreo cedido o 29 de maio de 2008 polo Concello da Pobra, e , en todo caso, se garante que a xestión deste servizo vai ser pública.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: clausurada a XIII edición da Mostra de Teatro Infantil

Ribeira, 29 de maio de 2010. A actuación do Grupo de Teatro Infantil de Ribeira baixo a dirección de Chiki Durán puxo fin na tarde de onte á décimo terceira edición da Mostra de Teatro Infantil. O elenco artístico representou sobre o escenario do Auditorio Municipal a obra “R.I.P. (Risas, Ibuprofeno e Paracetamol)”, escrita polos propios compoñentes da compañía, ante un patio de butacas que rexistrou un cheo absoluto. 

Acto seguido, o alcalde José Luis Torres Colomer, o concelleiro de Cultura Luciano Fernández, e Purificación Cores no nome da Asociación Cultural Alfalaia entregaron unhas estatuíñas conmemorativas a cada un dos grupos que se subiron ás tablas do Auditorio dende que o certame abrise o pasado luns. 

Colomer subliñou a significativa labor desenvolvida por colexios e por asociacións de nais e pais para que Ribeira vaia xa pola decimo terceira edición da mostra. Tamén felicitou a Chiki Durán polo traballo realizado para que este certame volte a ser un éxito un ano máis. 

Pola súa parte, Luciano Fernández quixo lembrar a colaboración especial de Carmen Peña e Celia Pillado, integrantes do Grupo de Teatro Municipal local.


Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Literatura: Mariña Pérez Rei, de Ames, faise co premio de relato de aventuras "Antón Avilés de Taramancos" en Noia


Mariña Pérez Rei, en foto da editorial Bubela

Noia, 29 de maio de 2010. A escritora de Ames Mariña Pérez Rei gañou esta edición do premio de literatura "Antón Avilés de Taramancos" que convoca o Concello de Noia xunto coa revista do IES "Virxe do Mar" Casa da Gramática. A obra premiada titúlase "Costa necrópole" e a autora recibirá por ela 3.000 euros e veráa publicada. Conta a historia dun mozo de África que fuxe do seu continente nun caiuco a conquistar Europa e esquecerse da pobreza. 

Quen é Mariña Pérez Rei. Vexa na Galipedia

Non é o primeiro premio que gaña. Vexa esta información en Infobrión

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Noia: cando caían 15 días de cadea e 20 ducados por facer competicións entre San Bartolomeu e San Marcos


Noia, en 1925. Laudas de Santa María a Nova fotografadas por Ruth Matilda Anderson

29 de maio de 1798: "Como queira que por entón, como agora, Noia conta con dous patróns, San Bartolomeu e San Marcos, o pobo dividía a súa devoción entre eles e cada veciño consideraba que "o seu santo" era o de maior categoría, polo que daba lugar a irreverencias, pois querían ocupar lugar preferente nas procesións do Corpus, cando todas as Confrarías e Gremios, acudían a recorrer as rúas da vila, polo mesmo traxecto de hoxe.

Noia, primeiros do século XX. Zona da Chaínza

Para evitar estas disensións, os señores que compoñían a Xustiza e Rexemento, acordan que as imaxes se coloquen á par, debendo saír ámbalas dúas da igrexa no mesmo intre, prohibindo se poña pé, pinza nin estandarte sobre chanzo algún, baixo a pena de 15 días de cárcere e 20 ducados de multa, que se imporá ás persoas encargadas de levar as imaxes.

(Efemérides noiesas, Hermida&Agrelo, Ed. Toxosoutos)

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

28.5.10

Lingua galega: os do Ceip de Aguiño poñen as rusas tamén en galego

Habitantes de todo o mundo que non vivides en Aguiño ou arredores: que son as rusas? Temos que sacar o "Dissionario de vocablos perdidos", feito con moito "solás" pola Cofradía da Dorna e buscar:
"Rusas: sapatillas de tua abuela". Pois iso.
Esta imaxe é unha das moitas da última campaña gráfica a prol do galego que fixo o Equipo de Innovación en Normalización Lingüística do colexio de Aguiño.

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Política: os socialistas acusan á Xunta de agochar información ao Valedor sobre as irregularidades nas oposicións

Lage Tuñas anuncia o envío ao Valedor do Pobo de máis documentación sobre as probas selectivas do Sergas "para axudarlle na súa tarefa"

Lage di que o feito de que as persoas que traballan no departamento onde se preparan as probas sacaran as notas máis altas nas oposicións entre 7.500 presentados "ou é un milagre ou unha inmensa casualidade"

Santiago de Compostela, 28 de maio do 2010. O Viceportavoz do Grupo Parlamentario Socialista, José Manuel Lage denunciou hoxe “o ocultismo e a falta de colaboración do goberno galego co Valedor do Pobo” para clarexar as sospeitas de anomalías en diferentes procesos selectivos do Servizo Galego de Saúde (SERGAS).

Lage Tuñas anunciou hoxe o envío ao Valedor do Pobo de máis documentación sobre as probas selectivas do Sergas para axudarlle na súa tarefa e “tendo en conta que o primordial é transmitirlle a milleiros de opositores que se depuran responsabilidades cando hai anomalías e que se garantiza que volva a existir imparcialidade e limpeza nos procesos selectivos”.

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia coñecía hoxe a resposta da Xunta de Galicia ao Valedor do Pobo onde “o goberno practica o escapismo, ocultando de xeito grave a información requerida por unha institución que se interesa”.

O Viceportavoz do Grupo Parlamentario Socialista, José Manuel Lage entende que "existen denuncias sindicais sobre fallos na custodia de exames, producíronse bastantes "casualidades" en diferentes procesos selectivos do SERGAS, hai sospeitas de graves irregularidades, e o goberno galego négase a depurar responsabilidades e “intenta torear ao Valedor do Pobo ao negarlle a información que lle solicita”.

"A alarma social xerada é froito da pasividade do goberno galego que non atallou as anomalías e sospeitas de graves irregularidades con contundencia e agora négalle ao Valedor do Pobo a existencia dos feitos" asegurou hoxe Lage Tuñas.

O deputado socialista explica que “as denuncias non remitiron senón que se foron incrementando e nas últimas semanas téñense recibido denuncias de opositores sobre grupos como o de celadores onde tamén se teñen detectado anomalías. É un constante goteo de anomalías, sospeitas, e casualidades en procesos selectivos nos que participan máis de 35.000 persoas”.

O Viceportavoz do Grupo Socialista recorda que “o propio persoal do SERGAS facía público o pasado 28 de marzo a existencia de “fallos na custodia dos exames” dos procesos selectivos deste organismo da Xunta de Galicia. Esta denuncia sindical debe ser tida en conta xa que está en xogo a imparcialidade e as garantías de limpeza nos procesos selectivos”.

Lage Tuñas explicaba hoxe que “estamos a falar de situacións cando menos chamativas e onde se producen moitas casualidades” e así recordaba que “ tanto a Presidenta do Tribunal das probas de Auxiliar Administrativo como a Presidenta do Tribunal de ATS/DUE das oposicións do SERGAS son compañeiras de traballo e superiores xerárquicas dos opositores que quitaron as mellores puntuacións nestas probas e estes datos son aportados dentro da documentación remitida no día de hoxe ao Valedor do Pobo.”

O parlamentario socialista entende que “o feito de que persoas que traballan no mesmo departamento onde se elaboran e preparan os procesos selectivos acaben obtendo as puntuacións máis altas nas probas convocadas entre máis de 7.500 persoas, ou ben é un milagro ou ben unha inmensa casualidade, e consideramos que o feito de que a Xunta de Galicia lle oculte ao Valedor do Pobo a información que solicitou só contribue a sembrar máis dúbidas sobre os procesos selectivos do SERGAS

Os deputados socialistas Lage Tuñas, Fernández Leiceaga e Cerviño González remitiron hoxe ao Valedor do Pobo documentación facilitada por fontes sindicais para que sexa tida en conta na súa investigación.

”O goberno galego algo ten que tapar cando diante das denuncias de posibles irregularidades nega, primeiro ao parlamento e despois ao Valedor do Pobo, os datos e os informes estadísticos que clarifiquen as grandes casualidades que se teñen producido nas oposicións do SERGAS” afirmaba hoxe José Manuel Lage.

O parlamentario socialista recorda que a directora xeral de Recursos Humanos do SERGAS na súa comparecencia na comisión 5ª do Parlamento dixo que apreciaba “normalidade”, a pesar “do cúmulo de casualidades, e de serios indicios sobre posibles irregularidades nas oposicións do SERGAS”.


Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: O Bng esíxelle á Xunta que entregue dunha vez as vivendas de Xarás

Download now or preview on posterous
35988-asinado.pdf (102 KB)

Ana Pontón pregúntalle ao Goberno do PP porqué suprimiu as axudas para o alugueiro aos adxudicatarios para compensalos polos prexuízos provocados pola demora na entrega das vivendas

Algunha das polémicas vivendas de Xarás

Ribeira, 28 de maio de 2010.- A deputada do BNG no Parlamento Galego pola comarca do Barbanza, Ana Pontón, presentou unha iniciativa no Parlamento Galego pola que lle reclama á Xunta de Galiza que entregue sen máis demora as vivendas de Xarás, en Ribeira, aos adxudicatarios. 
A parlamentaria nacionalista lembra que o proceso de construción destas vivendas “foi ben accidentado”. Foron adxudicadas o 21 de outubro de 2004 polo daquela Goberno do PP por un importe de 1,4 millóns de euros e tiñan un prazo de execución das obras que remataba o 22 de setembro de 2006. Porén, no momento da rescisión do contrato só estaba executada o 13,85% da obra. 
A Consellaría de Vivenda do Goberno Bipartito solucionou esta situación  herdada do Goberno do PP rescindindo o contrato e convocando un novo concurso para rematar os traballos. Así, o 11 de marzo de 2008 adxudicou de novo a obra cun prazo de execución de 12 meses. 
Para compensar o prexuízo que se lle causou ás familias, a Consellaría de Vivenda decidiu conceder unha axuda de 2.000 euros aos afectados para sufragar o custo do aluguer mentres se executaban as obras, “unhas axudas –denuncia a deputada do BNG- que o actual goberno decidiu non renovar, desentendéndose das complicadas situacións persoais que se dan”. 

“A Xunta ten que entregar as chaves aos adxudicatarios”

Unha vez rematadas, por fin, o pasado 1 de marzo sorteáronse as 21 vivendas protexidas e a Xunta fixo pública a entrega das chaves para este mes de maio. Porén, Ana Pontón denuncia que “a Xunta demora sen aclarar os prazos de entrega das chaves, sen aclarar os prazos nin ofrecer explicacións sobre esta situación”. 
Para a deputada do BNG “esta situación debe solucionarse de inmediato e as vivendas deben ser entregadas ás persoas que resultaron adxudicatarias das mesmas, porque esta dilación está provocando situacións moi complexas para moitas persoas e a Xunta debería amosar máis sensibilidade ante este asunto”. 
Ante esta situación, a deputada do BNG pregúntalle á Xunta por qué razóns demora a entrega dos pisos e en qué prazo prevé facelo. Ademais, demanda explicacións pola supresión das axudas aos adxudicatarios e adxudicatarias  para compensar os prexuízos ocasionados pola demora na entrega destas vivendas.    

Relacionada: o Psoe tamén reclamou algo semellante o 2 de marzo, aquí

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Obras: a Deputación coruñesa aprobou por unanimidade inversións para saneamento e subvención para un tanatorio en Porto do Son

Imaxe: pleno da Deputación de A Coruña

Noia, 28 de maio de 2010. Os tres grupos políticos que compoñen a Deputación coruñesa aprobaron hoxe por unanimidade inversións nesta provincia por importe de case sete millóns de euros.

Entre as que afectan a concellos das áreas de Muros e Noia  está o saneamento, abastecemento de auga e pavimentación en Boa e Taramancos, en Noia, por un importe de 387. 384 euros. Tamén se aprobaron 109.444 euros para o saneamento en Cabanamoura e Tarás, no Concello de Outes. Para Porto do Son destínanse 811.328 euros, cos que se pretende dotar de abastecemento integral de auga á zona norte da parroquia de Miñortos.


Tanatorio en Tarela, Porto do Son

Ademais, segundo informa o Bng de Muros e Noia, tamén se aprobou unha subvención nominativa xestionada entre o grupo do BNG na Deputación e os concelleiros nacionalistas desta localidade, por valor de 300.000 euros, para a construcción dun tanatorio municipal. Esta infraestrutura conta xa cun proxecto total de 779.000 euros, e que se está a negociar para poder facer a obra nunha soa fase, ben con capital público doutra administración ou con capital privado.
O chan onde se vai ubicar está preto de onde se está a construír a piscina municipal, no lugar da Tarela, e van a compartir aparcamento.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: o vindeiro 5 de xuño, excursión xacobea completa dos de Aguiño para pedir párroco, e o 12, proxección de documental



Quedaron esgotadas as entradas para ir á peregrinación xacobea de Aguiño a Santiago o sábado 5 de xuño. Irán 110 persoas no catamarán e tamén se sumarán buses con máis veciños. Ao sábado seguinte, na casa do mar, presentación de dvd coas imaxes e gravacións en vídeo dos actos do cincuentenario que se fixeron o pasado ano 2009. 
Active Image

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Porto do Son: a web municipal vale para anunciar recortes de calquera tipo

A imaxe foi premonitoria, amigos da nave do misterio. A web oficial do Concello de Porto do Son non se da actualizado nin entra a furrular (a nova de cando anunciamos que se reactivara, pois antes nin estaba operativa, é de xaneiro, e maio case vai alá), así que agora poden incluso propoñerlle a simpática imaxe desta muller coa tesoira en posición a calquera partido político, pois o que se leva é recortar.
Métanlle unha tesoirada de humor á crise!
Cando http://portodoson.net estea operativa, avisarémolos, descoiden.

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

27.5.10

Boiro: Aturuxo! adianta o cartel de concertos das festas de xullo

Ribeira: o Bng solicita a substitución das canalizacións de fibrocemento en varias rúas

Ribeira: o montañeiro Andrés Villar fará en patíns 1.250 quilómetros do Camiño de Santiago

Subido nuns patíns, sae este domingo 30 de maio de Toulouse e ten o reto de chegar o 8 de xuño a Santiago, cunha media de 8,2 horas diarias de patinaxe



 

Ribeira, 27 de maio de 2010.- Co fin de conmemorar o Ano Santo Xacobeo 2010 e baixo o patrocinio do Concello de Ripeira, o montañeiro noiés Andrés Villar Murillo emprenderá a partir deste vindeiro domingo, día 30 de maio, o Camiño de Santiago Francés subido nuns Patíns. Os detalles deste reto foron presentados hoxe na Casa Consistorial do referido municipio barbanzano polo propio alpinista, quen estivo acompañado no acto polo alcalde de Ribeira, José Luis Torres Colomer, e polo concelleiro municipal de Turismo, Vicente García Rivas.

O obxectivo de Villar Murillo é percorrer os 1.250 quilómetros que distan entre Tolouse e Santiago en dez etapas, comezando na citada localidade francesa o domingo 30 de maio e finalizando na praza do Obradoiro da capital compostelá o martes 8 de xuño.

En total, pretende investir neste reto un total de 82 horas (8,2 horas ao día) afrontando un desnivel acumulado de 11.790 metros. As dez etapas previstas son: Tolouse-Pao, Pao-Jaca, Jaca-Puente de la Reina, Puente de la Reina-Nájera, Nájera-Burgos, Burgos-Sahagún, Sahagún-Astorga, Astorga-O Cebreiro, O Cebreiro-Arzúa e Arzúa-Santiago de Compostela.

Aínda que a etapa máis longa do percorrido será a primeira (Burgos-Sahagún) con 178 quilómetros, o experimentado montañeiro teme máis á segunda (Pao-Aragón), xa que terá que soportar os 1.800 metros de desnivel que supón o feito de cruzar os Montes Pirineos. De feito, Villar Murillo considera que esta xornada vai ser un “punto de inflexión” á hora de calibrar se terá folgos suficientes para culminar o seu reto.

 

Dentro do mesmo acordo de patrocinio co Concello de Ribeira, o escalador emprenderá a finais de ano unha nova empresa, consistente nunha expedición ao cerro Aconcagua, de 6.962 metros de altitude e situado na cordilleira dos Andes.

 

Amplo currículo


Garda civil de profesión, Andrés Villar ostenta o record de rutas abertas no cumio do Pico Urriellu, nos Picos de Europa, cun total de 16, a última das cales efectuou en outubro de 2009. Foi campión de España de Esquí Alpinismo o ano 1993/94 e Campión de Aragón de Esquí Alpinismo nos anos 1993/94 e 1994/95.

 

Actualmente é profesor do Centro de Adestramentos en Montaña da Garda Civil, membro activo do Grupo de Alta Montaña Español, instrutor da Escola Española de Alta Montaña e instrutor de espeleoloxía, barranquismo e escalada. Cabe apuntar tamén que participou no programa de TVE “Al Filo de lo Imposible”, desenvolvendo labores de realización, subindo e baixando cámaras e facendo os preparativos das tomas.

Outros logros seus son a apertura de escaladas en Picos de Europa, Pirineos, Francia e Andes (Perú), expedicións de montaña en Alpes, Dolomitas, Atlas e Himalaia, ascensións en patíns ao Monte da Curota, ao Monte Iroite, ao Monte Enxa, aos Lagos de Covadonga e ao Mirador do Ézaro.

Segundo expresou José Luis Torres Colomer, todas estas fazañas conseguidas na súa vida profesional e como deportista, fixeron que o Concello de Ribeira decidise apostar por el na conquista dos seus dous seguintes retos e para transmitir aos mozos e mozas en xeral, e aos mozos e mozas ribeirenses en particular, os valores da superación, do esforzo, do sacrificio, da tolerancia, da honestidade, do respecto, do traballo, da responsabilidade,... Todos eles valores e virtudes dos deportistas e nos que cree profundamente o Concello de Ribeira.

Pola súa parte, Vicente García Rivas manifestou a importancia que reviste turisticamente para Ribeira o feito de que Andrés Villar faga promoción do municipio ao longo do Camiño Francés.

Se queren ver a "Villareto" en acción, en Certo recopilamos algunhas das súas fazañas, aquí

 

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Noia: o cinco de xuño, última charla sobre adiccións, centrada no consumo de cannabis

Foto en Flickr de livingroomshadows


Noia, 27 de maio de 2010. O día 5 de xuño conclúe o Curso de Actualización e Especialización en Adiccións, organizado pola Concellería de Sanidade do Concello de Noia e o Plan Comarcal de Prevención de Drogodependencias. O curso levantou expectación e interese e chegouse a un número de 25 inscritos xa que, xa iniciado o curso, fóronse incorporando persoas interesadas na materia.

Botellón na praia

 

Durante o curso tratáronse, entre outros temas, o consumo abusivo de alcohol e o alcoholismo, aspectos xerais das drogodependencias, unha análise das campañas de información e sensibilización sobre o consumo de drogas e a intervención con menores no contexto de ocio e tempo libre.


Charla aberta ao público sobre o consumo de porros

Sinal en Holanda. Foto en Flickr de Marie-ll


Nesta última sesión tratarase sobre os mitos acerca do cannabis e a prevención dos problemas ocasionados polo seu uso. O docente encargado de impartir esta sesión será Manuel Isorna Folgar, coordinador do Programa de Prevención dos Concellos de Baixo Ulla-Sar e doutor en Psicoloxía. O lugar de realización desta sesión do curso será no edificio dos servizos sociais na rúa do Curro, número 4.

Pranta de "maría", foto no flickr de Statuesque


Dada a importancia do tema esta última sesión estará aberta ao público xeral. As persoas que teñan dúbidas sobre o consumo de cannabis, ou se os seus fillos/ás ou coñecidos próximos consumen porros e están preocupados por esta situación. Xeralmente, son situacións preocupantes no consumo de cáñamo sobre todo se son novos, consumen moita cantidade de cánabo ou frecuentemente ou consumen marihuana de variedades moi fortes.

 

Para calquera información adicional poden contactar co Plan Comarcal de Prevención de Drogodepedencias no teléfono de atención e consultas: 609.82.31.34 ou escribindo un email á dirección de correo electrónico: infodrogas@gmail.com

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Deportes: el Sálvora C.F. juega la promoción de ascenso a Primera Categoría Infantil este domingo 30


Ribeira, 27 de mayo de 2010. Este próximo domingo 30 de de mayo a las 18:30 horas se celebra en el Campo Municipal de A Fieiteira el primer partido de la promoción de ascenso a la 1ª Categoría Infantil entre los equipos Sálvora CF y Bertamiráns FC. El otro equipo implicado es el Atlético Fátima que descansa en esta jornada.

 

Los jugadores salvoristas se ganaron su acceso a esta promoción tras quedar segundos en su Liga a 3 puntos del campeón el CD Unión. El ganador de esta promoción asciende directamente y los siguientes clasificados dependerán de ascensos y descensos.

 

Si los salvoristas consiguen el ascenso será el primero de este club y que confirmará el buen trabajo que se lleva desarrollando en las categorías base del mismo con más de 100 niños que militan en las distintas categorías prebenjamín, benjamín, alevín e infantil y que son sin lugar a dudas la fuerza de esta entidad.

 

Los componentes del equipo infantil del Sálvora son los siguientes:

Entrenadores: Fernando Abelleira y Anxo Orellán. Jugadores: Iago, Álvaro, Josemi, Diego, Matías, Quique, Marcos, Pablo, Nacho, Graña, Lijó, Dani, Ramón, Fran, Alfonso y Juan. Durante la temporada también han contado con los alevines: Juan García, Pedro, Nacho, Ángel, Jaime y Jonathan.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Lingua galega: o Consello Escolar do IES Leliadoura de Ribeira rexeita o decreto do plurilingüismo recén aprobado

Ribeira, 27 de maio de 2010. Un texto presentado polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística e polo Departamento de Lingua e Literatura Galega, e aprobado polo Consello Escolar do IES Leliadoura (Ribeira) rexeita o novo decreto do plurilingüismo no ensino non universitario (Decreto 79/2010), "que supón un paso atrás no proceso normalizador do galego", afirman.

O texto íntegro di:

O CONSELLO ESCOLAR do IES Leliadoura (Ribeira, A Coruña), despois de analizar o Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario (DOG, 25 de maio de 2010), decide rexeitalo polas mesmas razóns alegadas polo Consello Escolar de Galicia ao borrador presentado pola Administración educativa, o pasado 7 de abril que, en síntese, son as seguintes:

 

Empeórase, a xa de por si deficiente, competencia lingüística en galego.

Impídese a tarefa normalizadora do profesorado tratando por igual a dúas linguas que están en situación de desigualdade.

Desvalorízase a función docente e a súa profesionalidade ao permitir que as familias decidan o que debe ser obxecto de decisión polo profesorado, o verdadeiro coñecedor da realidade do alumnado e quen ten a formación necesaria.

A libre elección da lingua por parte do alumnado socava a autoridade do profesorado ao lanzar ao alumnado a idea de que o profesorado fai o que decide a familia, mentres que o alumnado decide ao seu antollo.

Abre a porta a creación de numerosos conflitos nos centros, que antes da aplicación desta norma non existían.

É unha norma contraria ao consenso parlamentario do Plan de Normalización Lingüística aprobado por unanimidade polo Parlamento de Galicia no 2004. Toda norma sobre a normalización do galego ten que respectar este Plano.

 

              Por todo o anterior esiximos a retirada do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario, como se aprobou por ampla maioría para o seu borrador no Consello Escolar de Galicia, e que a elaboración da calquera norma se basee no consenso acadado co PNL do 2004

En Ribeira, a 25 de maio de 2010


Web do Centro:

http://centros.edu.xunta.es/iesleliadoura

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Rianxo: o Bng presenta iniciativas e preguntas para arranxar o das verteduras e o servizo de Correos

Download now or preview on posterous
35463-asinado.pdf (84 KB)


Rianxo, 27 de maio de 2010. A deputada do  BNG no Parlamento Galego, Ana Pontón, vén de presentar unha iniciativa na que lle demanda á Xunta de Galiza que investigue, e no seu caso sancione, os vertidos en Rianxo á ría de Arousa. Ana Pontón lembra que “na pasada fin de semana púidose observar no porto de Rianxo unha vertedura de cor marrón e de cheiro intenso, que os veciños e veciñas sinalan que podería ter orixe na propia depuradora por un exceso de caudal”.

A parlamentaria nacionalista denuncia que “estes feitos son reiterados e precisan da adopción urxente de medidas por parte da Xunta de Galiza”. Ana Pontón subliña que “non é normal que episodios contaminantes á ría de Arousa sexan reiterados sen que a Administración pública teña adoptado ningunha medida para rematar con eles”.

Neste sentido, considera necesario que a Xunta de Galiza “investigue a orixe deste vertido e que se aplique o réxime sancionador previsto na lexislación, mais tamén é urxente que se evite que estes feitos se repitan”.

Ante esta situación, a deputada do BNG pregúntalle á Xunta se ten coñecemento deste vertido en Rianxo, se coñece a súa orixe e, de ser así, se ten incoado algún expediente sancionador.

Por último, demanda que se adopten medidas para evitar que esta situación se volva producir.

En Certo antes publicamos:

Verteduras no Té: con imaxes ilustrativas, aquí

Verteduras no porto: tras outro caso, e xa se perde a conta dos denunciados, o Bng anuncia que levará estas desfeitas a instancias superiores. Máis

Por outra banda, a Xunta recoñece que non realizou ningunha xestión para mellorar o servizo de Correos en Rianxo



A deputada do do BNG Ana Pontón lamentou hoxe que o goberno da Xunta non teña realizado ningunha xestión perante o Estado para reclamar un correcto funcionamento do servizo de correos no concello de Rianxo, o que pon en evidencia, dixo, o “desinterese” do Executivo de Núñez Feijóo para facer frente a un problema que está afectando aos veciños desta localidade, mais que nestes momentos é extensíbel tamén a case todo o País.

 

Ana Pontón, durante o debate en comisión dunha iniciativa nacionalista sobre este asunto, asegurou que non existe ningún impedimento legal nin competencial para que a Xunta poidera intervir e tentar solucionar este problema, pois malia que as competencias efectivamente sexan do Estado, é normal a relación entre institucións e a Xunta podería ter realizado algunha xestión para lograr ese incrementro de persoal reivindicado pola actual plantilla.

 

Para a deputada, o feito de que a Xunta ficara de brazos cruzados, argumentando –segundo a resposta dada no debate polo director xeral de Relacións Institucionais- que Correos é competencia exclusiva de Madrid, só amosa unha decisión de carácter político, de desleixo absoluto polas necesidades dos cidadáns e por garantirlles uns accesos aos servizos en igualdade de condicións.

 

A parlamentar emprazou ao director xeral a que mude de actitude e lembrou que nestes momentos hai zonas nas que dende hai meses o servizo non funciona correctamente, sobre todo nas zonas máis rurais.

 

“Cómpre sinalar que o servizo de correos en xeral ven sofrindo nos últimos tempos un deterioro nas súas prestacións a causa da aplicación dun modelo que camiña cara a privatización, que prima a rendabilidade fronte á prestación dun servizo eficiente”, concluiu.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical