30.7.10

Dodro: espectáculo de danza hip-hop In-nova na Paxareira, este sábado 31 de xullo

A Concellaría de Cultura ofrecerá mañá un espectáculo de danza hip-hop a cargo do grupo de danza As Dríadas.

As Dríadas innovan un espectáculo de fusións, no que o hip-hop new style e a danza moderna son os protagonistas. Complementado con outros estilos, este espectáculo pretende expresar a liberdade e a espontaneidade da xuventude. O noso obxectivo é a túa diversión. Únete a nós!

A actuación terá lugar na Paxareira, de20.00 a 21.00 h.

Este espectáculo corresponde ao pograma Camiños de Cultura.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: o Consello da Cultura Galega presenta o I Roteiro sobre Castelao

O Barbanza foi a terra natal de polifacético artista e político Daniel A. Rodríguez Castelao. A través da nosa aplicación Roteiros da Cultura Galega, queremos propoñervos unha viaxe ata o norte da Ría de Arousa para coñecer a formación vital de Castelao.

Rianxo, berce do escritor, preserva os lugares que manteñen viva a memoria biográfica do escritor. Paseando polas súas rúas, poderemos mergullarnos no universo familiar, pero tamén cultural e simbólico que enche as obras de ficción do escritor e político. O noso itinerario permite comprender as referencias gráficas, visuais, humanas e mesmo lingüísticas que enchen libros como Cousas ou Retrincos, a través dos concellos arousáns de Rianxo, Boiro e a Pobra do Caramiñal. Temos lugares da memoria do autor, pero tamén pazos, romarías, cruceiros, escolas, castros, embarcadoiros...

O xoves que vén publicaremos o segundo roteiro que dedicaremos a Castelao: Castelao en Pontevedra.

Pódese ver en http://www.culturagalega.org/roteiros/paxinadetalle.php?id=8&cod_rtro=18#

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Política: os socialistas piden explicacións pola adxudicación da variante de Noia a unha empresa relacionada co conselleiro Agustín Hernández


Noia, 30 de xullo 2010. O portavoz de Infraestructuras do Grupo Parlamentario Socialista, Pablo López Vidal denunciou onte en rolda de prensa que a licitación de obra pública segue caendo en Galicia ata chegar case ao 40%, segundo consta nos datos da SEOPAN. Asegura que con esta política de recortes “a Xunta non esta creando nin emprego nin riqueza”. E critica que o Goberno de Feijoo sexa incapaz de mobilizar os recursos públicos para dinamizar a nosa economía. O deputado cualificou ao Goberno Galego como “mediocre”, e lamenta ademais que a Consellería de Infraestructuras non está sendo un instrumento que axude a parar a sangría da perda do emprego de moitas familias galegas, nin unha panca da converxencia con Europa.  

Coas cifras na man, sobre a licitación de obra pública, argumenta que de 1.000 millóns de euros, a nosa Comunidade baixou a 631.000. Esta cifra supón unha variación dun menos 38,7% no que atinxe a licitación (e como consta na documentación aportada). Tamén fixo referencia as adxudicacións definitivas en infraestructuras, publicadas no DOG, as do ano 2009 (1º semestre) tiveron un importe de 359.377.087, 84 euros, e as da época de Feijoo do ano 2010 (1º semestre) descendeu a un total de 111.723.839,83 euros. Explica que esta rebaixa supón un 69% menos das adxudicacións con respecto ao anterior executivo autonómico e no mesmo período de tempo. E cualifica este feito “coma un escándalo”, xa que non se promove emprego e non xeramos riqueza. 

Di que dende a chegada de Feijoo ao Goberno da Xunta “a utilidade pública e o interese xeral deixaron de ser a guía da obra pública en Galicia”. O deputado afirma que o Presidente Núñez Feijoo terá que explicar “cales son os intereses que moven a contratación da obra pública no noso país”. Neste punto aludiu a petición de información do Grupo Parlamentario Socialista, realizada polo Artigo 9, sobre; Autovía da Costa da Morte e agora tamén na Variante de Noia. E preguntase “donde esta a transparencia deste Goberno”. 

Sobre o Conselleiro de Infraestructuras lembrou a súa cita pendente coa xustiza. “Un Conselleiro que está imputado –explicou - esta incapacitado para seguir contratando a obra pública na nosa Comunidade”. Por iso asevera que a súa situación política é insostible, xa que esta imputado no TSXG por presunta falsidade documental. E insiste nas súas criticas Agustin Hernández “esta mais pendente da súa imputación penal que da Consellería. Non se pode continuar deste xeito por mais tempo”, proclamou. 


Variante de Noia 

O deputado socialista aludiu á adxudicación da Variante de Noia : a conexión corredor Brión – Noia en Taramancos. Relata que se anunciou a súa licitación no DOG o 29 de xaneiro de 2010 por un importe total: 38.254.456,25 €. A adxudicación definitiva aparece publicada o día 16 de xullo de 2010 cun orzamento: 38.254.451 €, con tan só unha diferencia de 5,25 céntimos de euro.  

Así as cousas chámanos poderosamente a atención esta concesión. Por iso anuncia que rexistrou, unha petición polo Artigo 9, sobre o expediente administrativo desta infraestructura viaria “queremos ver dende o primeiro ao último papel”. López Vidal reclamou transparencia e preguntase a razón pola cal a empresa Puentes y Calzadas (vinculada laboralmente ao Conselleiro de Infraestructuras) gañou o concurso se era a peor oferta económica clasificada. Denuncia ademais que na puntuación técnica a empresa Puentes y Calzada  “bordeou a perfección”, acadando dun total de 100 puntos, 98. E ironizou “un sobresaínte case un Cum Laude”, por iso prosegue “todo isto parécenos moi raro”. 

A ultima oferta económica de 11 

Pero advirte ademais que na oferta económica das 20 empresas que se presentaron, e sacando as empresas que tiveron baixa temeraria, a empresa Puentes y Calzada é a última de 11 pero foi a que obtivo a concesión “cunha oferta económica de 93,46% de puntuación”, o que supón a peor oferta económica de 11. Pero iso si “gana na puntuación técnica, que onde están os criterios mais subxectivos”. Replica tamén que hai 9 empresas que non están en baixa temeraria e teñen mellor puntuación na oferta económica que a empresa adxudicataria.  

A maiores explica que a mellor oferta económica e que non incorre en baixa é dun importe de 37.099.172,20  euros, o que supón unha diferencia de 1.155.284,05 €, sobre a empresa Puentes y Calzadas. Por iso insiste nas súas criticas, e pregúntase "por que custando un millón de euros máis se adxudica a esta empresa? Onde está a austeridade de Feijóo?".

E resume tamén que chama a atención que a puntuación técnica sexa 100 puntos (50%), e a económica 100 puntos (50%), cando o que é normal neste tipo de procedemento é que a puntuación económica sexa 60%, e a técnica 40%. Con todos estes argumentos, López Vidal di que "non podemos consentir que o fraude nas adxudicacións de obras da Xunta se convirta nunha norma, e na conducta habitual deste goberno desnortado".


Relacionadas:


Variante: cara ou barata, é culpa do Bipartito, di a Xunta


Variante de Noia: adxudicadas as obras definitivamente (16 xullo)
 
 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Tráfico: Corte de tráfico entre Pobra e Ribeira do 2 ao 6 e agosto, no acceso ao Mirador da Curota, por obras da Deputación



Barbanza, 30 de xullo de 2010. Unha comunicación da Deputación Provincial, que recibimos vía Concello de Ribeira, anuncia un corte de tráfico do 2 ao 6 de agosto.

 

Con motivo das obras previstas de reforzo do firme na estrada provincial DP 6705 “Acceso ao Mirador da Curota” (Pobra e Ribeira) entre os PK 2+500 e PK 5+000, resulta imprescindible cortar o tráfico xeral en horario laboral no citado tramo no período comprendido entre os días 2 e 6 de agosto.

 


 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: o domingo 1 de agosto, I Xornada de Labores ao aire libre, no campo da feira


Traballo de patchwork (flickr de qusic)

Noia, 30 de xullo de 2010. Este vindeiro domingo, 1 de agosto, no campo da feira da vila de Noia vai ter lugar a  I Xornada de Labores ao aire libre. No lugar haberá demostracións in situ de traballos de bolillo, patchwork, bordado, labores de agulla e gancho e outras artesanías.

Os obradoiros estarán dirixidos polas monitoras de Parroquias Creativas, que serán as encargadas de organizar os grupos e as persoas que se acerquen ata o campo da feira coa intención de compartir esta xornada de traballo e lecer. A  participación é libre, en horario de 12 do mediodía ata as seis da tarde.

O Concello, e no seu nome a concelleira de Relacións Veciñais, Rosa Ana Mariño González, anima a todo o mundo a participar.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Porto do Son: programa e ficha de inscrición das Xornadas de Historia, do 9 ao 12 de agosto

Porto do Son, 30 de xullo de 2010. O Concello organiza, e van xa 9 edicións, as Xornadas de Historia e Cultura, que terán lugar entre o 9 e o 12 de agosto. O asunto central a tratar será a emigración.

Baixo a dirección de Manuel Mariño, as Xornadas discorrerán entre varios concellos da comarca, nos que se visitarán diferentes museos (en Rianxo, Pobra, Boiro e Noia) polas mañás e polas tardes será Porto do Son o lugar para impartir a teoría (ponencias), que versarán sobre os destinos migratorios dos nosos paisanos ao longo da historia. 

Os interesados en matricularse poden facelo no teléfono 981 767 758, no correo electrónico culturaportodoson@gmail.com ou na mesma casa do concello. Os alumnos universitarios de Vigo e Santiago poderán obter créditos de libre configuración.

Nas xornadas proxectarase esta célebre curta de Chano Piñeiro que se pode ver na web de Flocos.tv:
<script src="http://flocos.tv/embed/mamasuncion/450" type="text/javascript"></script>


Download now or preview on posterous
BOLETIN INSCRICION.pdf (295 KB)

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: a Festa da Dorna 2010 remata este sábado 31 co "tradisional Baile de Jala"


Ribeira, 30 de xullo de 2010. É a parte máis antiga da festa da Dorna, aínda que pareza mentira (era unha especie de presentación en sociedade dos novos valores ribeirenses): o Baile de Jala da Dorna. Con el remata a festa por este ano 2010, e terá lugar este sábado 31 de xullo a partires das dez e media da noite no Liceo Marítimo de Ribeira.

Poden ir coas acompañantes que queiran, pero todos de "jala"

A entrada é gratuíta pero é obrigado vestir de gala para poder entrar (reservado dereito de admisión, non se permitirán jalochos con rusas nin sapatillas hippies desas). Durante este baile tamén terá lugar a entrega da Poutada de Ouro, que é o máximo distintivo da Real e Ilustre Cofradía da Dorna, así como a entrega da flor natural.


Non vale ir "informal á par que elejante": hai que ir de "jala" (pode que xa o dixeramos)

Sorteo da cea: 094

En canto ao sorteo dunha cea no restaurante O Carreiro (Aguiño) organizada pola Cofradía da Dorna, o número gañador foi o 094 ao coincidir coas 3 últimas cifras do primeiro premio do sorteo da Lotería Nacional do sabado 24 de Xullo de 2010.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

28.7.10

Ribeira: este domingo 1 de agosto, rastro de antigüidades no Malecón


Imaxe do rastro do ano pasado no Malecón

Ribeira, 28 de xullo de 2010. O Paseo do Malecón de Santa Uxía vai ser escenario este domingo, día 1 de agosto, dun rastro de antigüidades, en horario de 10 a 21 horas. 

Esta iniciativa está  promovida por unha decena de anticuarios, almonedas e brocantes de diversas localidades de Galicia e conta coa colaboración do Concello.  


Xa hai case unha década que as rúas da cidade acollen esta iniciativa. Nesta ocasión, os stands instalados no Malecón exhibirán con fins de venda multitude de obxectos relacionados coa filatelia, numismática, porcelanas, bronces, apeiros de labranza, obxectos náuticos e libros antigos, ademais de todo tipo de pezas de coleccionismo e curiosidades. A meirande parte dos obxectos expostos contan con máis de 50 anos de antigüidade.


 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o curso de deseñador web e multimedia para desempregados comeza o 2 de agosto

Flickr de Jason Michael

Ribeira, 28 de xullo de 2010.- Dentro das accións formativas dirixidas a desempregados, o Concello de Ribeira organiza un curso de Deseñador Web e Multimedia que ten unha duración total de 370 horas. 

As persoas interesadas en participar como alumnos/as poden informarse na Oficina de Desenvolvemento Local (Casa do Concello, 1ª planta. Tel.: 981 83 54 17). O curso dará inicio o vindeiro luns día 2 de agosto. 

O curso está destinado prioritariamente a persoas desempregadas e apuntadas na Oficina de Emprego, con estudos de ciclo formativo de grado medio ou FP-I, preferentemente na rama de Informática, ESO, ou equivalente. Ademais, poderán participar ata un 25% de persoas traballadoras ocupadas na acción formativa. A actividade está Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen. Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen. cofinanciada pola Consellería de Traballo e Benestar e o Fondo Social Europeo

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: orde do día do pleno deste xoves 29 de xullo

Ribeira: A Festa da Navalla, o domingo 8 de agosto en Aguiño

Internet: el Museo del Grabado de Ribeira se sumó a la iniciativa "Wiki Loves Art"

Se encuentra en la localidad de Artes, municipio gallego de Riveira, en la provincia de La Coruña, y desde 2001, fecha de su inauguración, exhibe obras de arte gráfico fechadas en época tan temprana como el siglo XV hasta producciones actuales.

Constituye la primera Institución en el Estado español con estas características y entre sus fondos se encuentran colecciones de los más destacados maestros del grabado antiguo y contemporáneo hasta sumar las 25.000 estampas catalogadas a día de hoy.

Página web: http://www.fundartes.com/

Contacto: fundartes@terra.es

LISTA DE OBRAS

En el Museo del Grabado a la Estampa Digital se pueden fotografiar todos los grabados excepto los de la colección de grabado contemporáneo.

¿Tienes cámara de fotos? ¿Te interesa fotografiar fondos de algún museo en particular? El proyecto Wiki loves art abre museos del 1 al 31 de agosto para que fotografíes los fondos que ellos te indiquen. Luego tan sólo tienes que compartir esas fotos en Flickr con licencia Creative Commons (la que usamos en Certo) para que todo el mundo las pueda usar -indicando tu autoría-. Es una iniciativa que partió de un museo americano y se está extendiendo como la pólvora, para difundir el patrimonio de museos de todo el planeta.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

27.7.10

Porto do Son: o PP di que quen minte sobre o da fachada marítima é o goberno do PSOE

AS MENTIRAS DO SR. PASTOR!!


COMA VEN SE PODE AMOSAR NA IMAXE,ISTA FOI A CARTA ENVIADA POLO GOVERNO DE MANUEL TOMÉ PIÑEIRO(Nº RXSTRO. SAÍDA:2580 DO 21 DE XULLO DE 2009), SOLICITADO POLO SR. PRESIDENTE DE PORTOS DE GALICIA Dn. JOSÉ MANUEL ÁLVAREZ CAMPANA-GALLO, E, "NON FOI PRECISAMENTE SEIS DIAS ANTES DA MOCIÓN DE CENSURA " NIN "NON HAI REXISTRO DE SAÍDA DESE DOCUMENTO" (Voz de Galicia, Sábado 24 de Xullo de 2010)SEGUNDO DECLARACIÓNS DO SR. PASTOR RODRIGUEZ.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o Bng municipal presenta iniciativas para varias melloras nos centros educativos do municipio

Ribeira, 27 de xullo de 2010. O BNG presentou unha iniciativa pola que reclama que se realicen no período de vacacións as obras de reparación e mantemento dos centros educativos. Segundo os nacionalistas de Ribeira, "rematou o curso escolar e nos centros educativos que escolarizan alumnado de Infantil e Primaria neste concello, existen unha serie de carencias importantes no relativo a obras de reparación e mantemento e arranxos importantes que afectan á seguridade dos nenos/as.

A adecuación á normativa vixente dos espazos de xogo exteriores, a carencia de patios cubertos e/ou pavillón polideportivo nalgún dos centros, a substitución dos valados rotos, cancelas de entrada, reforma de baños, substitucións de portas, reparacións nos tellados etc, son só algúns exemplos de obras que se deberían acometer de forma urxente".

A execución destes traballos, proseguen os do Bng, debería realizarse no período de vacacións para non interromper (como xa sucedeu en anos anteriores) o normal desenvolvemento do curso unha vez comezado. Outro dos importantes problemas que suscitan a queixa e a demanda da comunidade educativa é o da limpeza: en tódolos centros existe unha soa persoa e naquel caso en que hai dúas persoas están contratadas só a media xornada.

Por outra banda, chegan informacións de que nos centros a Consellería de Educación vai realizar, de cara ao vindeiro curso escolar, recortes que van a afectar á dotación de orzamento e de profesorado nos centros. "Esta situación é a que nos leva a presentar unha iniciativa municipal reclamando que se dote do mantemento necesario para garantir un ensino público de calidade", rematan os nacionalistas ribeirenses.

Arranxa-lo peche do colexio de Carreira

O CEIP Carreira, explican dende o Bng, "conta con numerosas deficiencias nos seus arredores: así o veñen denunciando os usuarios do mesmo. Son moitas as queixas que chegaron a mans do BNG con respecto a este tema, así podemos falar do peche do recinto, carencia de papeleiras e dunha marquesiña, non existencia de beirarrúas, etc".

Con respecto ao acceso a este centro cabe sinalar a non existencia de beirarrúas que comuniquen o centro coa estrada que une Vilar-Cruce, por onde os nenos e nenas residentes no Vilar, en Frións, na Mamoa ou no propio Cruce poidan circular sen temor a ser atropelados. "Asemade sería de interese que se colocara algún tipo de sinalización viaria, horizontal ou vertical, que indique aos vehículos que se debe reducir a velocidade pola presenza de nenos e nenas nas proximidades. Xa fai tempo que o BNG e os usuarios/as deste colexio están a demandar a colocación dunha marquesiña á beira do recinto onde os nenos/as poidan resgardarse", argumentan.

De igual xeito, esta instalación educativa non conta, aseguran os nacionalistas, co suficiente número de contedores para a recollida selectiva do lixo. "Consideramos que é o momento de que o Grupo de Goberno do Concello de Ribeira se poña a traballar para dar solución a estas carencias, así atendería as unhas demandas da veciñanza que son prioritarias e urxentes e que ademais non deberían ter unha difícil solución nin suporían un grande esforzo de custo para as arcas do municipio", rematan.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Deportes: el equipo sénior del Sálvora CF comienza mañana la pretemporada

Ribeira, 27 de julio de 2010. Mañana miércoles 28 de julio a las 21:00 horas comienzan los entrenamientos del equipo senior del Sálvora CF en las instalaciones del Campo Sintético de A Fieiteira, para preparar la temporada 2010/11 en la que militarán en una apasionante 3ª regional.

     Al frente del banquillo salvorista continúa Alberto Campaña con un plantel en el que han causado baja respecto a la temporada pasada: Artola, Isi (Noia), Borjita, Juve, Pablo y Chile y donde se incorporan los siguientes jugadores: Rey y Pichichi (Ribeira), Ángel (Aguiño), Hector (Oleiros) y Damián(Boiro).

     Una plantilla que se completa con los jugadores que continúan de la temporada pasada: Baamonde, Juan, Suso, Chapi, Coira, Roberto, Antonio, Anxo, Marcos, Siño, Jesús, Rubén, Iván, Orlando y Leyra.

     El primer partido de pretemporada se jugará en A Tasca ante el Xuventude Aguiño el próximo domingo 1 de agosto a las 19:30 horas.

     El resto de categorías del club infantiles, alevines, benjamines y prebenjamines empezarán los entrenamientos paulatinamente a partir de la segunda quincena de agosto.


Relacionada:


DATAS: 2 ao 6 de Agosto 2010.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Formación: continúan en agosto as xornadas de busca de emprego, centradas nas entrevistas de traballo


Dous autónomos en plena actuación

Barbanza-Noia, 27 de xullo de 2010. No mes de agosto continuará o ciclo de “Xornadas de Busca Activa de Emprego” organizadas pola UPD da Asociación Impulsora do Pacto Territorial de Emprego de Barbanza-Noia en colaboración cos concellos do Pacto e cofinanciadas polo Fondo Social Europeo e a Consellería de Traballo e Benestar.

     O vindeiro día 3 dará comezo a segunda das accións formativas que compoñen o ciclo e que leva por nome: “Como afrontar unha entrevista de traballo”. Esta terá lugar en horario de mañá e nela trataranse os aspectos básicos a ter en conta á hora de presentarse a unha entrevista. 

     A acción formativa desenvolverase en todos os concellos do Pacto, previsiblemente nas seguintes datas:

    * Ribeira: 3 de agosto.
    * Boiro: 4 de agosto.
    * A Pobra do Caramiñal: 5 de agosto.
    * Lousame: 9 de agosto.
    * Rianxo: 10 de agosto.
    * Outes: 11 de agosto.
    * Porto do Son: 12 de agosto.
    * Noia: setembro.

   O ciclo completarase con outras xornadas, a impartir nos próximos meses (datas por determinar):

          1.- “Pasos para a creación dunha empresa”
          2.- “Como darlle forma á túa idea empresarial (Plan de empresa)”
          3.- “Xornadas informativas sobre subvencións”.

     As prazas son limitadas e terán preferencia as persoas participantes na primeira das accións formativas. Todas as xornadas teñen carácter gratuíto. A xente interesada en anotarse pode facelo no seguinte teléfono: 981 84 18 26 (en horario de 8.00 a 14.00 horas, de luns a venres), ou a través do correo electrónico: info@updbarbanza-noia.org

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: a Xunta presentará o proxecto de saneamento en setembro

O luns 26 de Xullo o alcalde de Noia, Rafael García Guerrero, reuniuse co Conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, polo tema do saneamento de Noia.

A Xunta comprométeuse, a través do conselleiro, a presentar o proxecto en setembro.
O proxecto está sendo agora realizado pola empresa Pettra. Os dous anteriores foron realizados pola empresa Applus. O procedemento será a aprobación do pleno, exposición pública, informes sectoriais, e posteriormente debe ser aprobado pola Xunta para a súa posterior contratación. O prazo de inicio das obras vaise ao 2011.

Por outra banda, o alcalde solicitoulle ao conselleiro que estudie a construción do saneamento no lugar de Sampaio, onde se concentran as molestias polas obras do corredor Noia-Brión, e o enlace con Lousame.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Deportes: dos integrantes del Triatlón Noia hicieron podio en el Campeonato Gallego de Acuatlón

Noia, 27 de julio de 2010. Más de 100 Triatletas disputaron el pasado fin de semana (Sábado día 24 de Julio) el Campeonato Galego de Acuatlón (2500 metros de carrera, más mil nadando otros 2500 corriendo) en Ferrol.

En una matinal muy buena, meteorológicamente hablando, los deportistas compitieron en la playa de Caranza en la capital ferrolana. De “redonda” cabe calificar la jornada para los representantes noieses, puesto que sólo dos deportistas del Club Noia-A Poutada-Triathlon Total fueron de la partida y ambos subieron al podium, en la categoría de Veteranos.

El campeón en dicha categoría fue Antonio Rivas del Fogar Triatlon Carballo, seguido de Javier Fontao del Club Noia-A Poutada-Triathlon Total y en tercer lugar llegaría Angel Gómez Gómez, también del  mismo club.

CAMPEONATO GALEGO DE TRIATLON CROS

En otro orden de cosas, la semana anterior (18 de Julio) 3 miembros del club  noiés disputaron este campeonato en Pontevedra (constaba de 1000 metros de natación en el Lérez, 20 kilómetros con bici de montaña en los alrededores de la isla de las esculturas para rematar con 6 kilómetros de carrera a pie). El mejor clasificado  fue Javier Fontao con un tercer puesto en la Categoría de Veteranos I, seguidamente entrarían Jacinto Fontao como séptimo clasificado y Jesús Arufe Reino como octavo clasificado en esta categoría.

Web de referencia:

www.fegatri.org


 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: O Faiado 2 presenta unha mostra de artesanía de gancho de Virtudes Lojo Vila

Boiro, 27 de xullo de 2010. Este mércores 28 de xullo, ás oito e media da tarde, vai ter lugar a inauguración da exposición "Arte en gancho", con traballos de Virtudes Lojo Vila. A mostra de ganchillo estará todo o mes de agosto no local de O Faiado 2 (rúa Fernández Mato 14 baixo, de Boiro).


Virtudes Lojo Vila, nada no lugar de Coviñas, en Boiro, é un exemplo de superación. Cando empeorou a súa saúde, e as noites facíanselle longas e os días interminables, así que o gancho foi o seu refuxio. Así creou novos e variados deseños artesanais, confeccionando obras de arte únicas e irrepetibles.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Porto do Son: os comuneiros de San Pedro de Muro organizan este xoves 29 unha xornada de demostración de poda eléctrica


 
Data: xoves, 29 de xullo de 2010
Lugar: Os Valadoiros - San Pedro de Muro (preto do depósito contraincendios na pista que vai dende a casa da cultura á cima do Tahume)
Hora: ás 11:30 horas
Os membros da directiva da Comunidade de Montes de San Pedro de Muro, estamos encantados/as de acoller na nosa parroquia este tipo de actividades que permiten aproveitar o recurso madeirable dun xeito óptimo e rendible para a comunidade.
Promove a actividade: fmC. Forestal & Medioambiente. Consultoría y Proyectos

Fabricante dos equipos de poda eléctrica da demostración: INFACO (distribuidor destes equipos en España: Viñatall)

 
http://sanpedro.blogaliza.org/              cmsampedro@yahoo.es       
 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

26.7.10

Opinión: o padre Teixugo aposta polo sentidiño como mellor ferramenta contra a crise

"Pero non vos dades conta que somos ovellas das multinacionais? De que vale falar en galego, presumir de morriña e de sentimento patrio se logo cando vas mercar a túa cervexa prefires a de fóra antes que a da túa Galicia? Ou cando mercas leite sen saber de onde "vén sendo": acaso estamos perdendo a nosa natureza que tantos séculos puido contra o invasor?".
O artigo enteiro en http://certo.es/index.php?page=ix_homilia

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: participarán cinco grupos no primeiro concurso de música para promocionar bandas noveis locais

Quen gañe participará o 12 de agosto nun festival co gallo do Día Internacional da Xuventude

Ribeira, 26 de xullo de 2010- Co obxectivo primordial de dar a coñecer entre a veciñanza o traballo despregado polas distintas bandas noveis do municipio, o Concello organiza para os vindeiros días o Primeiro Concurso de Música de Grupos Locais de Ribeira: unha iniciativa promovida polo Departamento Municipal de Xuventude que arrancará a partir de pasado mañá, mércores, e se desenvolverá ao longo das vindeiras datas antes de que se inicien as Festas de Verán (que van do 4 ao 9 de agosto). 

Vicente García como edil de Xuventude, acompañado polo técnico municipal Mario Vidal, foi o encargado de presentar este certame, que pretende servir como unha plataforma que lle brinde ás bandas locais inscritas no rexistro de grupos do Concello a oportunidade de divulgar as súas creacións musicais logo do traballo realizado no local de ensaio municipal. 

Van ser cinco as bandas que participarán no evento: Entrelíneas, Kolapz, La Banda del Watio, Pirufláuticos e Talón de Aquiles. As actuacións terán lugar en distintos locais hostaleiros do municipio, algúns dos cales aínda se están concretando.

Festival o 12 de agosto, con Jabon Blue


O gañador do certame, que será escollido polas propias bandas participantes, terá a oportunidade de actuar o día 12 de agosto nun festival que servirá para conmemorar o Día Internacional da Xuventude. Para a posta en marcha deste festival, o Concello está a recibir a colaboración da Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia. Ademais do gañador deste Concurso, van participar unha banda foránea e o xa consagrado grupo local Jabon Blue.

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: festas patronais en Santa Cristina de Barro, hoxe 26 de xullo, con música e cata de empanadas

Noia, 26 de xullo de 2010. A parroquia de Santa Cristina de Barro celebra hoxe a súa festa patronal. Amenizada dende primeira hora da mañá polas gaitas de Os Salgueiriños e Airiños do Mar, á unha da tarde haberá misa solemne na honra da Virxe do Carme, na que cantará a coral do Liceo de Noia.
A partires das dúas e cuarto da tarde, recital de música no que participa a asociación "Mar de Noia" (que estrea himno propio), a banda municipal de Noia e a xa citada coral do Liceo. A continuación, festa da empanada.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: o líder do Psoe galego incidiu no seu discurso do Día de Galicia na reforma do estatuto e na protección da lingua galega

Pachi Vázquez urxe reformar Estatuto "para que Galicia saia reforzada da crise e blindar o noso sistema de benestar".  Esixe a Feijóo “que non use a palabra galeguismo en vano, porque ninguén pode dicir que é galego e galeguista cando pisotea a nosa cultura, a nosa lingua e a nosa identidade”

Rianxo, 26 de xullo de 2010.- O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, urxiu a reforma do Estatuto “para que Galicia saia reforzada da crise, para garantir os dereitos de cidadanía dos galegos e galegas e blindar o noso sistema de benestar”. Vázquez fixo esta reivindicación na súa intervención no acto dos socialistas galegos no Día de Galicia, en Rianxo, que incluíu unha ofrenda floral a Castelao na que participaron diversos cargos orgánicos e institucionais do PSdeG.

Vázquez defendeu neste acto os principios do socialismo  e do galeguismo como piares fundamentais da acción política do PSdeG e do desenvolvemento de Galicia. “Un desenvolvemento que tivo un forte pulo hai case tres décadas, coa entrada en vigor do Estatuto de Autonomía de Galicia”, apuntou, “pero que hoxe resulta insuficiente para acadar o grao de autogoberno que nos permita estar ao máximo nivel autonómico no marco da Constitución”.

Por iso, avogou por “adaptar a norma institucional básica de Galicia ás necesidades do século XXI” a fin de acadar “maiores cotas de benestar para os galegos e as galegas” cun novo Estatuto “que sexa útil á cidadanía e que conxugue identidade,  lingua e tradición con competencias, financiamento, benestar e modernidade”, subliñou.

Vázquez reiterou ante o monumento de Castelao o “compromiso inquebrantable” do PSdeG coa defensa de Galicia para un futuro “que require a mellora da capacidade de goberno, o establecemento de novos dereitos e o reforzo da nosa propia identidade, e que garanta as bases da autonomía financieira”.

Lembrou que, en base a estes principios, o PSdeG presentou unha proposta de acordo para aprobar un novo Estatuto “que nos permita saír reforzados da crise e que favoreza a modernización e o progreso, comprometido co benestar social, a calidade democrática, os dereitos cidadáns, a igualdade de xénero, o desenvolvemento económico sostible e a defensa do patrimonio natural”. “En este momento de dificultade económica, no que miles de galegos e galegas están no paro, a política é máis necesaria que nunca”, sinalou, á vez que engadiu que “non son tempos de esconderse, senón de afrontar a situación e asumir un novo Estatuto que fortaleza o noso país, no marco da Constitución”. Reclamou a Feijóo que “en vez de confrontar, traballe por unir, por acadar consensos”, e pediulle “un compromiso sincero para sacar adiante o país crendo en Galicia e renovando o Estatuto”.

Ataque á lingua e desprezo á cultura galega

“Os erros cometidos neste último ano polo Goberno galego son numerosos e graves, pero acaso ningún teña tanta relevancia neste 25 de Xullo de 2010, como o ataque sufrido pola nosa lingua”, subliñou Pachi Váquez, polo que recalcou que “hoxe é mais necesario que nunca fortalecer o autogoberno e a nosa identidade, e estamos seguros de que é o tempo propicio de acometer a reforma estatutaria e pechar o marco competencial, normativo e financiero do autogoberno galego”.

Esixiu a Feijóo “que non use a palabra galeguismo en vano, que lea a Castelao e o seu compromiso coa identidade, porque ninguén pode dicir que é galego e galeguista cando pisotea a nosa cultura, a nosa lingua e a nosa identidade”, sentenciou.
“Os socialistas cremos en Galicia e queremos a este país”, afirmou, polo que reiterou o compromiso do PSdeG “para acadar acordos e promover políticas de consenso e encontro”, aínda que advertiu que “non permitiremos que Galicia retroceda nos dereitos adquiridos”.

A este respecto Vázquez lembrou que “nun ano, Feijóo e o seu goberno están a dilapidar todos os avances acadados polo anterior goberno socialista” e contra isto fixo un chamamento ao socialismo para “traballar para non retroceder nin un centímetro nos dereitos sociais, nas políticas de igualdade, a educación, a sanidade e na defensa da lingua”. “Ningún presidente en toda a historia da democracia fixo un desprezo tan grande á nosa lingua e á nosa cultura como  Feijóo”, aseverou, á vez que afirmou que “a este país quéreselle cando se lle fai sitio a todos os homes e mulleres e se pensa en todos eles, non cando se defenden intereses partidistas”.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

24.7.10

Ribeira: o 30 de xullo preséntase no Ateneo Valle-Inclán un libro sobre turismo e desenvolvemento local

Acompañará a José Antonio Díaz Fernández, ponente e autor do libro, o parlamentario e portavoz do PP no Parlamento Galego, o ribeirense Manuel Ruiz Rivas. O acto é ás nove da noite do venres 30 de xullo.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o Concello asina un convenio para colaborar co plan de drogas de Portugal

João Castel-Branco, máxima autoridade europea en materia de drogas, achegouse a Ribeira para subscribir o acordo


Ribeira, 24 de xullo de 2010. O Servizo de Drogodependencias de Ribeira afianzou as  estreitas relacións de cooperación co Instituto da Droga e da Toxicodependência (IDT, I.P), órgano equivalente ao noso Plan Nacional de Drogas, por medio dun convenio subscrito polo alcalde ribeirense, José Luis Torres Colomer, e por João Castel-Branco Goulão, presidente do Conselho Directivo da citada institución, que tamén ostenta o cargo de director do Obradoiro Europeo das Drogas.  

Tamén estiveron no acto Manuel Cardoso, un dos dous vocais con que conta o Conselho Directivo da IDT, I.P e Jesús Cartelle, máximo responsable da UAD de Ribeira. Este acordo de colaboración ten como obxectivo afianzar as canles de colaboración que dende hai dous anos se veñen desenvolvendo entre a Delegación Rexional Norte do IDT,I.P. e o Concello de Ribeira. Ao amparo deste convenio as dúas institucións proseguirán coa realización de actividades docentes, de investigación e prácticas para os profesionais, ademais de colaborar xuntos en aspectos vinculados coas certificacións de calidade. 

O presente convenio terá  unha duración anual, prorrogable automaticamente se non hai disposición en contrario por algunhas das partes.



 


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Internet: dous referentes da Rede en galego pechan esta fin de semana

Dende hai meses, e por múltiples circunstancias, o mantemento de chuza fíxose cada vez máis complexo para min. Por iso decidín que era o momento de deixar este proxecto e ofrecer a súa xestión a determidadas asociacións e entidades que crin adecuadas para darlle continuidade.

Ninguén puido facerse cargo, polo que decidin que era o momento de poñerlle fin a chuza. E mañá é un día como calquera outro.

Chuza e, nomeadamente, outros medios históricos que desaparecen esta finde, deixan un oco importante niso que chamamos moitas veces rede galega. Pero os ocos están para enchelos. Todo o que queda a partir de agora é mellorar.

Moitas grazas por todos estes anos de colaboración.

Preguntas:

* Porque non me ofreciche chuza a min? Eu queria seguir co proxecto!!
Ben, o traspaso dunha web é algo máis complexo que pasar un contrasinal. Cando decidín que a miña etapa de administrador de chuza remataba, escollín varias organizacións e entidades que consideraba adecuadas para a continuidade e centreime nesas. Pero sempre podes coller o código fonte de chuza ou, case mellor, do menéame orixinal e montar a túa propia rede.

* Como vai ser o peche?
Será o 25 de xullo ás 23:59. Apagarase o servidor web. Non haberá arquivo online. No futuro considerarase publicar unha copia da base de datos despois de eliminarlle os datos personais dos usuarios.

This entry was posted on Saturday, July 24th, 2010 at 8:42 am and is filed under Novas. You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0 feed. Responses are currently closed, but you can trackback from your own site.

O outro xa pechou hoxe, 24 de xullo. Http://Vieiros.com

Sentímolo. :(
Agardamos que foran semente -sabémolo de seguro- de moitos outros proxectos en galego para Internet. Poderiamos dicir algo sentimental, en plan epitafio de Cunqueiro (mil privameras máis) pero non estamos de humor, e estas cousas non se celebran, simplemente doen.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Opinión: carta aberta a DANIEL R. CASTELAO, por M.J. Blanco Gey

NO DÍA DA PATRIA GALEGA


CARTA ABERTA A DANIEL R. CASTELAO

Benquerido e sobranceiro rianxeiro:

Diríxome a vostede – agora que  pola infinita misericordia divina goza da presenza de Deus- para que lle pregue pola nosa Terra, porque dende que vivimos en democracia e a pesares de ter  Estatuto Galego  de Autonomía, este país leva unha derrota con rumbo ao abismo – semella que coma Ulises - seguindo cantos de serea.

A situación político-económico-social na que nos atopamos aproxímase moito  á que vostede denunciaba en “Cousas da Vida” co debuxo da vaca pacendo en Galicia e muxida en Madrid, e tamén  con aqueles outros de caciques. Destes estamos moi ben servidos, en cantidade: medraron exponencialmente. En calidade hainos: caciques, cacicóns e caciquiños.


No referente ao da vaca muxida en Madrid heille dicir: Galicia é a maior produtora de enerxia eléctrica de España. Pois ben: as meirandes empresas que a producen teñen a sede fóra de Galicia, e pagan o IVE, o Imposto de Sociedades alí. Para máis aldraxe, unha das máis importantes, en orixe era galega, con sede na Coruña, e decidiu levar a sede a Madrid para ampliar mercados ¿?

O certo é que fan aos ricos máis ricos. Eiquí muxen os nosos ríos e asolagan os nosos vales.


Galicia é a maior produtora de España de carne e leite de vacún, pero as grandes empresas de transformación do leite teñen a razón social fóra, algunhas  despois de ser subvencionadas nun 75% a fondo perdido, e logo vendida a unha corporation americana con altísimos beneficios. Os  nosos gobernantes, coma parvos - algúns deses fan reloxios de madeira - non esixiron a devolución das subvencións. Outras, malvendidas aos franceses…

Autopistas do Atlántico, S. A. - vía de pago por peaxe -: a dona era a Xunta de Galicia,  antes de vendela a unha corporation americana. Se lle é rendible os americanos, non nolo sería a nós?

Seguimos a estar nos derradeiros lugares das autonomías españolas no referido a Ensino, PIB  e Renta per Cápita.


Remato co seu querido Rianxo.  Alí estáse a rematar a construcción  dun polígono industrial, promovido e comercializado por empresas con sede en Madrid.


Para que teña máis efecto a petición diante de Deus, pida que lle acompañe o noso Patrón, o Apóstolo Santiago, o máis sobranceiro galego.

Cos máis afectuosos respetos,

M.J. Blanco Gey

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

23.7.10

Ribeira: un estudo independente vai facer unha película sobre Juan Hombre

E os que non sodes de Ribeira ou non fostes alumnos de Juan Hombre preguntaredes... quen demo é este home?
En Certo tampouco o sabemos de todo, pero esta entrevista pode achegar algunha luz:
http://certo.es/index.php?page=juan_hombre

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical