Vaia vistas á Ría de Muros e Noia!
Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Vaia vistas á Ría de Muros e Noia!
Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Como din os comentaristas en inglés: quen vai precisar logo da navalla suíza? Non fai falla entender chinés para vela en acción... Mete medo!
Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Unha excepcional toma de Andreu Anguera partillada no seu Flickr!
Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
O 22 de abril fixo a primeira anotación na súa bitácora:
http://juanchoarmental.blogspot.com/2010/04/loitar-contra-o-imposible.html
Faltan 11 semanas, conta na entrada de hoxe:
http://juanchoarmental.blogspot.com/2010/04/loitar-contra-o-imposible_30.html
Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
O PSdeG apoia as reivindicacións do comité de empresa do Hospital do Barbanza así como os actos e concentracións convocadas e defenderá no Parlamento que a Xunta de Galicia tome unha decisión antes do verán para mellorar a situación do persoal pertencente ao centro hospitalario barbanzano
Ribeira, 30 de abril de 2010. O Viceportavoz do Grupo Socialista, José Manuel Lage vén de rexistrar unha Proposición non de Lei no Parlamento e afirma que “o goberno galego ten que escoitar aos usuarios e aos traballadores do hospital do Barbanza, e verá a necesidade de dotar de máis persoal a este centro hospitalario”. ”Fai meses que o goberno galego coñece as reivindicacións dos traballadores e traballadoras do Hospital do Barbanza, e polo de agora non deron un só paso adiante nin explicacións do que teñen pensado facer, e cómpre que se adopten decisións inmediatas”, engadiu.
”O Valedor do Pobo no pasado mes de Marzo instaba á Consellería de Sanidade a crear prazas específicas de celadores no recinto para evitar que os auxiliares de enfermaría realicen esas funcións.”, encargouse de lembrar Lage Tuñas despois de rexistrar unha proposición non de lei na cámara lexislativa galega. O deputado socialista recordou que “o hospital da cobertura a unha poboación potencial de 70.000 habitantes e a lentitude da asistencia nalgúns casos débese á falta de celadores/as, e a sobrecarga de traballo que están sufrindo @s auxiliares de enfermería”
Concluiu o deputado barbanzano sinalando que “os socialistas facemos esta proposta con ánimo constructivo e agardamos que sexan receptivos dende a Xunta de Galicia, xa que é preciso tomar decisións para mellorar a situación do persoal do Hospital do Barbanza”.
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Illa de Sálvora, co pazo que antes fora fábrica de secado e salgadura de peixe
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
A foto non se corresponde, pero é a máis vista hoxe no noso Flickr. Descoñecemos a razón de que interese "tanto" esta tatuaxe.
O novo conto da única escritora erótica que publica relatos en galego na prensa deste país, en http://certo.es/index.php?page=o_xinecologo
Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Actuación de Enrique Paisal na presentación do seu último disco, o ano pasado
Constituirase unha fila "CERO" para os que non poidan asistir ao concerto pero queiran facer doazóns
Ribeira, 30 de abril de 2010.- UNICEF de Ribeira está a organizar un concerto solidario co propósito de recadar fondos con destino a Haití, illa devastada por un terremoto o pasado mes de xaneiro. O espectáculo terá lugar o domingo 9 de maio ás 19.30 horas no Auditorio Municipal, e terá como principal figura o músico ribeirense Enrique Paisal, mítico integrante do grupo Los Tamara.
Na posta en marcha da iniciativa colaboran Sonaxe e o Concello de Ribeira, cuxa edila de Educación, Juana Ermitas Crugeiras, presentou o evento na compaña de Cruz Rivadulla, presidenta de UNICEF Ribeira, e do propio intérprete.
Juana Ermitas destacou a traxectoria profesional de Enrique Paisal, quen ademais de pertencer a Los Tamara dirixiu durante moitos anos o Conservatorio Municipal e actualmente encabeza a Coral Polifónica de Ribeira. A concelleira amosou a disposición do Concello para colaborar en proxectos solidarios como este e animou á xente a se sume á iniciativa. A este respecto, lembrou que haberá unha fila cero (con contas en Caixanova e Caixa Galicia) para aquelas persoas que non poidan acudir ao espectáculo pero queiran contribuír ao seu fin.
Pola súa parte, Cruz Ribadulla describiu as causas que conduciron a UNICEF Ribeira a promover este proxecto. Así, informou de que actualmente hai tres millóns de persoas en Haití que precisan de axuda humanitaria, das cales 1,5 millóns son nenos, e que se precisan 100 millóns de euros nun prazo de 3 anos para que todos eses rapaces conten coa axuda necesaria. “Con este concerto tentamos poñer o noso pequeno gran de area”, declarou.
Yolanda Vázquez, co micro, tamén estará no concerto
Enrique Paisal anunciou que no concerto vai estar acompañado de Antonio Vázquez Tocho (quen tamén fora integrante de Los Tamara); a filla deste, Yolanda Vázquez; e Sonia Lebedynski, vocalista de Fía na Roca. A todos eles quixo agradecer a súa colaboración, e expresou o seu desexo de que deste espectáculo “sala algo para poder axudar ás escolas e á xente de Haití”. O concerto durará en torno a 70 ou 75 minutos.
O prezo das entradas é de 5 euros e poderán mercarse no propio Auditorio Municipal no transcurso das dúas horas anteriores ao inicio do concerto, ou ben poñéndose en contacto con algúns dos membros de UNICEF Ribeira.
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
A oficina no Malecón
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Non podían ser talibáns os que fixeran a parodia, por suposto. Soldados de USA aburridos, imaxinamos...
Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Fotografías: Carrizais do Ulla (Dodro, A Coruña) en inverno (arriba) e verán. Fonte: http://www.sghn.org
Brañas de Laíño: negocian polo paseo con Costas
Brañas de Laíño: alegacións de Verdegaia ao proxecto de Costas
Proxecto de Costas: ameaza a este paxariño
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Amicos y la Obra Social “la Caixa” apuestan por la integración de las personas con discapacidad psíquica
Ribeira, 29 de abril de 2010. El representante de la Obra Social de La Caixa visitó hoy en Ribeira el taller ocupacional de Artes Gráficas y lavandería de Amicos, un centro de formación y atención a personas con discapacidad intelectual, pensado para formar y prestar asistencia a personas con discapacidad leve y moderada. Tiene una capacidad de atención de 25 plazas. Cuenta con servicio de comedor y transporte adaptado. Actualmente 15 personas de las comarcas de Barbanza y Noia están recibiendo formación en las disciplinas de artes gráficas y lavandería, con el objetivo de facilitar su inserción laboral.Durante los últimos 4 años la Obra Social “La Caixa” ha colaborado con la asociación AMICOS en los proyectos de:Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Ribeira, 29 de abril de 2010.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Dirección Xeral de Mobilidade, incrementará os servizos de NoiteBús a partir do mes de maio con cinco novas rutas de transporte nocturno, nas provincias da Coruña e de Lugo. Na actualidade, existen 246 rutas: 109 na Coruña, 56 en Lugo, 39 en Ourense e 42 en Pontevedra (algunhas só funcionarán a partir do próximo mes de xuño).
Os novos traxectos, que prestarán servizo soamente ao longo do periodo de vacacións, estableceranse nas provincias de A Coruña e Lugo. Concretamente. na Coruña contarán coa ruta Ferrol-Ares-Miño; e na provincia de Lugo serán Viveiro-Ribadeo, Mondoñedo-Foz e Sober-Monforte, ademais do traxecto que enlazará as dúas provincias pasando polas localidades de Portomarín, Monterroso e Melide.
O prezo do billete para os usuarios continúa sendo de 2 euros (ida e volta), un importe moi accesible, co que se pretende evitar os desprazamentos en vehículo particular e así reducir a sinistralidade viaria.
Imaxe de Tamara Peña para a súa reportaxe sobre o botellón
Dende a Dirección Xeral de Mobilidade sinálase que, ao longo do primeiro trimestre deste ano, foron case 120.000 usuarios os que empregaron os servizos de NoiteBús. O éxito deste servizo vén avalado por un continuo incremento da demanda, consolidando o NoiteBús como unha alternativa cada vez máis clara ao vehículo privado.
Cabe sinalar que as liñas que rexistraron un maior número de usuarios foron: Ribeira-Padrón, con 2.454 usuarios; Carballo-Ordes-Carballo, con 1.732; Cambre-A Coruña, 1.212; A Coruña-Betanzos, con 2.145; Redondela-Vigo, con 1.890 usuarios; Negreira-Brión-Bertamiráns-Santiago, con 2.598; e Marín- Pontevedra, con 1.448.
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas asegura que o feito de que este programa estea dirixido á xuventude garante o seu éxito, xa que ofrece a posibilidade de desprazarse durante a noite por unha tarifa baixa unificada e conectando as principais zonas de ocio nocturno da xeografía galega.
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Os rapaces de Axena fálannos nesta entrada dunha medusa que se cre que é "inmortal". Na película de Christopher Lambert "Os inmortais" (1986), só podía quedar un -o resto morría coa cabeza separada do corpo, cousas do cinema de ficción-. Mais hai que ler toda a entrada para ver que este tipo de inmortalidade enténdese doutro xeito. Estas medusas morren, mais teñen unha capacidade de adaptación incrible.
Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
(Nota de prensa do Bng)
Este é o contido íntegro da moción presentada polo BNG de Rianxo encamiñada a amosar o rexeitamento do Plan de Ordenación do Litoral da Xunta (POL) pedindo que o Concello demande a súa retirada por ser lesivo aos intereses de Rianxo.
Afecta cando menos a 500 casas que quedan ao abeiro de distintos graos de proteccion sen que se saiba á luz do documento as afectacións e o grao futuro de afectación.
MOCIÓN
Adelina Ces Quintáns como Portavoz do Grupo Municipal do B.N.G. de Rianxo, presenta a seguinte Moción relativa ao Plan de Ordenación do Litoral, actualmente en fase de consultas ás institucións locais
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Este Grupo Político ten, entre as súas liñas programáticas, en lugar destacado a defensa e protección do noso medio ambiente, en particular o litoral, e, polo tanto, é partidario de adoptar todas medidas pertinentes para acadar este fin.
O Plan de Ordenación do Litoral (en adiante POL), elaborado pola Xunta de Galiza e actualmente en fase de consultas ás Administracións Locais, foi elaborado cunhas directrices e contén unhas determinacións que desprotexen a nosa costa e o noso litoral fronte ás agresións mais graves que ten sufrido ou que puidera sufrir no futuro. Non impón ningunha limitación ao sector enerxético, senón que propón a súa ampliación na costa, especialmente da eólica. Non restrinxe para nada as instalacións de acuicultura, senón que avoga pola súa extensión na nosa costa nin as implantacións industriais existentes e non pon couto a implantacións futuras.
En todos estes aspectos o POL é extremadamente desproteccionista da nosa costa e do noso litoral. Para deixar as agresións como estaban e permitir outras novas, dende ningún punto de vista se pode atopar xustificación a este documento concreto do POL.
O POL utiliza conceptos e criterios alleos á realidade galega en moitos aspectos coa conseguintes disfuncións e solucións aberrantes:
A mais grave, a que máis resalta é a “Mellora Ambiental e Paisaxística”. Parte da hipótese de que no litoral galego existía unha franxa de territorio libre de edificación entre o borde do mar e os asentamentos tradicionais, afirmación que se podería soster en costa aberta pero radicalmente falsa nas Rias e na costa abrigada que sempre tiveron asentamentos a carón do mar, entre outros moitos. En definitiva, que os galegos nos enganamos cando nos asentamos hai moitos séculos ao borde do mar.
Baixo estas denominacións de mellora ambiental, corredores ecolóxicos ou de protección de corredor, máis de cincocentas vivendas de Rianxo se encontrarían afectadas sendo vivendas algunhas centenarias, con todos os servizos e legais e que correríann o risco de ficaren fóra de ordenación e nas que únicamente se permitirían obras de rehabilitación e/ou mantemento no mellor dos casos.
Utiliza criterios levantinos cando da unhas proteccións absolutamente desproporcionadas a calquera rego ou posíbel rego de água; maior protección canto mais cativo sexa o curso de água. Mentras carecen de protección rios como o Ulla, o Lérez en Pontevedra, hai regatos case inexistentes que chega a protexer medio quilométro ao seu arredor. Isto afecta especialmente ao Araño, Asados ou Isorna.
Como consecuencia da aplicación dos criterios antes expostos, o resultado é que todo o que o POL ten de laxo e desproteccionista en relación á enerxía, industria, acuicultura, recheos, infraestruturas, eucaliptización e o Dominio Público Marísitmo Terrestre, convertese en rigor extremado e desproporcionado en relación á edificación residencial, dotacional e comercial, grande parte moi lonxe da costa e fora dos 500 m. da Lei e Regulamento de Costas e da Louga, pois chega no caso de Rianxo a valora até catro quilómetros augas adentro polo río Té e os seus regatos arriba.
O Pol contén unha inxente cantidade de erros e aparentes erros que respostan a diversas orixes: erros de grafía, omisións, confusións,..., entendíbeis nesta fase e que non son masivos nen maioritarios aínda que si abundantes. Non menor tamén é o cambio de cor e de cartografía no medio desta fase de consulta, así como a falta de disposicións adicionais que sinalen a concreción real do documento.
Por non citar tamén o ataque directo á autonomía municipal ao entrar de facto nas determinacións propias do planeamento municipal e coutar o seu desenvolvemento futuro cando estamos en pleno proceso inicial de elaborar un PXOM para Rianxo.
En consonancia co exposto, proponse ao Pleno a adopción do seguinte acordo:
MOCIÓN
1.- Solicitar a retirada do actual documento do POL porque os criterios cos que foi elaborado fan imposíbel que en base a modificacións parciais se poida chegar a un documento válido.
2. - A elaboración de un novo Plan de Ordenación do Litoral con criterios axustados á realidade galega, ponderado e equitativo, que protexa o que realmente hai que protexer e non afecte ao que non debería quedar afectado por un POL ben ideado e realizado.
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Moncho Sampedro practica un deporte que xa conta con máis de dous millóns de licencias en todo o mundo
O Concello de Ribeira organizará un curso de iniciación a esta disciplina deportivaRibeira, 29 de abril de 2010.- O corredor ribeirense Moncho Sampedro, actualmente enrolado nas filas do Club Universitario de Santiago, acadou a 2ª posición na súa categoría, na proba celebrada a fin de semana pasada en Monte Segade (Lugo), correspondente á Liga Galega de Carreiras de Orientación. O orientador de Carreira, encadrado na categoría de veteráns (H-45), investiu un tempo de 1:02:31, só mellorado polo corredor local Fernando Seco (Fluvial de Lugo), cun tempo de 1:00:04. Na proba lucense déronse cita 372 corredores baixo a organización do club Fluvial. O ribeirense recibiu o trofeo de mans do ex-piragüista lucense, medalla olímpica en Montreal e Moscú, Luis Ramos Misioné.Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
A piscina ten unha silla de rodas para poder trasladarse polas instalacións e facer uso da ducha
Rianxo, 28 de abril de 2010. A piscina climatizada conta cun novo servizo para os seus usuarios, destinado a mellorar a accesibilidade da instalación. Trátase dunha silla de rodas para aquelas persoas con algún tipo de discapacidade, temporal ou permanente, coa que poder trasladarse polas instalacións e/ou facer uso da ducha. Asemade, dende o Concello lembran que a instalación tamén dispón dunha silla/elevador para facilitar o acceso á agua da piscina a personas con limitacións físicas, personas maiores, etc. A silla de ducha ten catro rodas de 125mm, xiratorias e as traseiras con freos, así como un asento con apertura frontal para facilitar a limpeza. Como é lóxico, é unha cadeira preparada para a súa utilización na auga, polo que leva tornilleria de aceiro inoxidable e pezas de plástico, cun recubrimento especial.Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
A delegación compostelá será recibida polo Alcalde e visitará os muíños de Ponte Goiáns e o Centro Arqueolóxico do Barbanza
Profesores e alumnos da Facultade de Ciencias da Educación de Santiago visitan Boiro para coñecer de primeira man programas municipais de Cultura, Xuventude e Participación Cidadá
Boiro, 28 de abril de 2010. Boiro recibirá este venres, día 30 de abril, a visita dunha delegación, integrada por unhas 55 persoas, de alumnos e profesores da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), que se desprazarán ao municipio para coñecer, de primeira man, a organización e posta en marcha de iniciativas municipais nos ámbitos de Cultura, Xuventude e Participación Cidadá, como poden ser o programa Leña Verde, a Mostra das Culturas, a implicación social nas Festas do Verán ou as accións de participación veciñal.
As profesoras que acompañan aos estudantes son María del Carmen Morán Castro, do Departamento de Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social, e María Belén Caballo Villar, que están a impartir as materias Programas de Animación Sociocultural e Pedagoxía do Lecer e do Tempo Libre, respectivamente, no terceiro curso da titulación de Educación Social na USC; de aí a relación entre as asignaturas cos temas que se tratarán o venres.
O programa é o seguinte:
10.00 horas. Recepción do grupo no Centro Social de Boiro por parte do Alcalde, Xosé Deira Triñanes, e de técnicos de Cultura. Visita guiada ás instalacións.
10.30 horas. Charla sobre participación cidadá e cultura no Concello de Boiro.
11.00 horas. Debate.
11.30 horas. Visita á Asociación Cultural “ O Faiado”.
12.30 horas. Visita aos muíños de Ponte Goiáns.
13.30 horas. Xantar campestre e descanso.
16.00 horas. Visita ao Centro Arqueolóxico do Barbanza.
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Imaxe do Samaín no colexio O Grupo
Ribeira, 28 de abril de 2010.- Alumnos de educación Primaria pertencentes ao Colexio O Grupo de Santa Uxía de Ribeira van acudir mañá ás 11.30 horas ao Auditorio Municipal para asistir ao espectáculo “Vento-Son”: un conto musicado interactivo desenvolvido pola contacontos e ilustradora Marisa Irimia e o músico Juan Carlos Vázquez Otero.
A actividade está promovida pola Concellería de Educación a través da Biblioteca Municipal coa colaboración da Consellería de Cultura. Así mesmo, forma parte do programa Letras Vivas da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e serve para conmemorar o 50º aniversario do citado centro escolar.
“Vento_Son” é un espectáculo escénico-musical enraizado nun contexto pedagóxico, coordinado e reflexivo sobre a aducación na actualidade. Este proxecto nace baixo a determinación de incidir de forma complementaria no ámbito docente e de promover a posta en común de novos recursos didácticos e expresivos.
O conto está inspirado na obra orixinal: “A viaxe do Vento Pequeno” de Concha López Narváez. Os seus autores son Marisa Irimia (adaptación dramática e dirección artística) e Juan C. Vázquez (música orixinal).
O público intervirá activamente durante toda a representación, que terá unha duración aproximada de 60 minutos. Consta dun interludio e dous actos. No primeiro acto (“Concerto Didáctico”), interactúan empregando distintos instrumentos non-convencionais baixo a pauta do profesor músico. No “interludio” interveñen activamente no ensaio dunha canción infantil (“Vento_son”), que cantarán de xeito recorrente no transcurso da representación do conto : “A viaxe do Vento Pequeno” (segundo acto).
Relacionado: O Grupo cumpre 60 anos
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia