31.1.11

Lingua galega: profesores do colexio de Aguiño participaron nunha xornada de formación como gañadores dun dos mellores proxectos de dinamización lingüística de 2010

Ribeira, 31 de xaneiro de 2011. Esta fin de semana pasada tivo lugar en Santiago de Compostela unhas xornadas de formación para facilitar a aplicación dos proxectos de dinamización lingüística educativa, organizadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. Profesores do Ceip de Aguiño, en Ribeira, estiveron presentes, pois foron uns dos premiados o ano pasado polo seu proxecto de innovación en dinamización lingüística titulado "Onde a terra acaba e o mar começa".

Durante a xornada de formación, os equipos de dinamización da lingua galega dos centros de ensino premiados tiveron ocasión de presentar os seus traballos, que están a poñer en marcha no presente curso escolar. Así mesmo, dúas especialistas na materia, Ana Iglesias e Salomé Díaz, afondaron nas características que debe cumprir un bo proxecto de dinamización, ao tempo que facilitaron recomendacións de boas prácticas para a execución dos traballos gañadores, co fin de acadar uns resultados máis eficaces e eficientes.

Os gañadores dos Premios de Innovación en Dinamización Lingüística 2010, nos que participaron un total de 37 centros de toda Galicia, foron, ademais do CEIP de Aguiño xa citado, o CEIP de Quintela, en Moaña (Pontevedra), polo traballo En galego pola rede II; o CRA Mestra Clara Torres, en Tui (Pontevedra), grazas á iniciativa Unha andaina “Artic” en galego; o IES Perdouro, en Burela (Lugo), que se presentou co proxecto Dinamización sociolingüística de Burela: intervención dinamizadora da Sanidade; e, finalmente, o IES Rodeira, en Cangas (Pontevedra), polo traballo Que sorte falarmos en galego!

A través destas xornadas de formación, o departamento que dirixe Anxo Lorenzo busca axudar os equipos de dinamización, a través de recomendacións e pautas, no desenvolvemento dos seus proxectos de fomento do uso da lingua galega desde o ámbito educativo

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Natureza: defensores dos animais e xornalistas denuncian por agresións a cazadores de raposos

Barbanza-Noia, 31 de xaneiro de 2011. A sabotaxe á caza do raposo que lles anunciamos no noso Facebook para o 29 de xaneiro foi, como era de agardar, movida. A organización pola defensa dos animais Fundación Equanimal presentouse en Pontecaldelas con 150 activistas e leváronas. Non só eles. tamén lle caeu algún pau ou empuxón a algún xornalista que estaba a informar. 

Segundo contan os de Equanimal, os cazadores, ademais de insultalos, "golpearon brutalmente tanto a defensores dos animais como a xornalistas". Ante estas agresións, o Sindicato de Xornalistas Galegos emitiu un comunicado no que se piden accións legais contra estas actitudes violentas. Os activistas de Equanimal xa puxeron denuncia contra os cazadores presuntamente agresores.

Equanimal insiste en que a súa organización non é ecoloxista, senón de defensa dos animais. Non pretendían defender ecosistema algún ou algunha especie en concreto (o raposo neste caso) senón salvarlle a vida aos animais ameazados. Desta volta só se cazaron 37 raposos, unha cifra bastante inferior á do ano pasado, de 94.

As imaxes, aportadas por Equanimal, falan por si mesmas, e tamén se pode ler a denuncia interposta.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Portos: a Sociedade Galega de Historia Natural denuncia o rápido incremento de portos deportivos e a lentitude das depuradoras

Fotografía da enseada de Boiro coa situación dos portos de Escarabote (arriba), Pobra do Caramiñal (esquerda) e Cabo de Cruz (dereita). O lado máis longo do triángulo ten menos de 4,5 km. Imaxen obtida do Sistema de Identificación de Parcelas Agrícolas, do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño (http://sigpac.mapa.es/fega/visor)

Barbanza, 31 de xaneiro de 2011. A SGHN vén de denunciar na súa web a lentitude con que se implantan as necesarias -e reclamadas xa varias veces por Europa- depuradoras nas rías galegas mentres os proxectos de Portos de Galicia para encher de portos deportivos o litoral avanzan a toda velocidade.

"Como recoñece expresamente o Plan de Ordenación do Litoral de Galicia, na nosa beiramar aínda faltan por poñer en marcha 22 das 91 depuradoras de augas residuais precisas para que a calidade das augas acade os niveis exisibles no século XXI nun pais da Unión Europea, mentres que na actualidade hai xa 11.600 puntos de amarre para embarcacións deportivas", explica a SGHN. "Mentres os proxectos de depuradoras se eternizan, os de embarcacións deportivas avanzan rápidamente, como mostran os dous proxectos presentados no último mes para construir un en Escarabote e outro en Cabo de Cruz, con 170 e 194 prazas de amarre, respectivamente, para embarcacións de ata 16 metros de eslora", argumenta

Porto de Escarabote, en Boiro. Vista xeral.

A SGHN vén de presentar as seguintes alegacións ós proxectos de ambos portos deportivos. Nelas piden o seguinte:

   1. Que os proxectos se adapten ás disposicións contempladas no Plan de Ordenación do Litoral e sexa sometido a Avaliación de Impacto Ambiental.
   2. Que os correspondentes estudios de AIA avalíen en detalle os efectos do proxecto sobre:
          * A dinámica das correntes na enseada de Boiro.
          * Os bancos marisqueiros Z3-C41-01 praia de Barraña e Z3-C41-01 banco de Barraña.
          * A zona de baño “Praia de Barraña”.
          * As comunidades de aves acuáticas que empregan a enseada de Boiro como lugar de invernada e repouso durante os pasos migratorios.
          * As necesidades presentes e futuras da flota de baixura e de servicio ós polígonos de producción de moluscos.
   3. Que os estudios de AIA xustifiquen a necesidade dun porto deportivo en Cabo de Cruz e outro en Escarabote, tendo en conta a existencia doutro na Pobra do Caramiñal, a menos de 4,5 km de distancia.
   4. Que os correspondentes estudios de AIA avalíen, a precios actuais, o importe dos fondos públicos investidos nos portos de Cabo de Cruz e Escarabote para fins pesqueiros, especifique si ditos investimentos incluían ou non fondos europeos (con detalle do programa e da cofinanciación) e cuantifique a porcentaxe dos mesmos que finalmente acabarían adicados a amarre de embarcacións de recreo particulares (de ata 16 m de eslora) no caso de levarse adiante o proxecto.


Web de referencia:
http://www.sghn.org

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: a biblioteca municipal organiza "Unha morea de contos" en febreiro e marzo

Boiro, 31 de xaneiro de 2011. A biblioteca municipal do Concello de Boiro, situada na Casa de Cultura, desenvolverá durante os meses de febreiro e marzo un programa que, baixo o título “Unha morea de contos”, pretende achegar o mundo dos libros aos nenos desde as primeiras idades. A actividade, que consiste na realización de sesións de contacontos e xogos, está dirixida a rapaces de 1º e 2º de Educación Primaria. 

Ademais do obxectivo citado, con esta actividade preténdese tamén promover o uso da biblioteca nos nenos de 4 a 7 anos e dos seus pais; manter a tradición dos contos orais e dar a coñecer contos tradicionais galegos  e doutras culturas do mundo. 

“Unha morea de contos” desenvolverase en febreiro e marzo na Biblioteca Municipal de 16.30 a 17.30 horas, e empezará o 3 de febreiro. A inscrición é gratuíta e pódese facer na Biblioteca (teléfono 981 848410). 

A actividade está  organizada e patrocinada polo Concello de Boiro.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: a rúa Corredoira estará cortada ao tráfico este martes 1 de febreiro por obras


Noia, 31 de xaneiro de 2011. A Concellaría de Tráfico de Noia informa que a rúa Corredoira (onde está a casa da cultura "Antón Avilés de Taramancos") estará mañá, martes día1 de febreiro, cortada ao tráfico. Este corte poderíase prolongar ata o mércores día 2. O motivo é o seu arranxo polo deterioro nas pedras da calzada da citada rúa. O corte de tráfico afectará ao tramo que vai dende Escultor Ferreiro ata o cruce coa Santísima Trinidade, que poderá quedar cortada tamén ao tráfico nalgún momento puntual de traballo.

Para a semana, o 7 de febreiro, cortada Santísima Trinidade


Infórmase ademáis que o vindeiro luns, día 7 de febreiro, está previsto cortar ao tráfico a rúa Santísima Trinidade, para acondicionala tralo notorio deterioro sufrido co incremento de tráfico rodado. Este plan de traballo podería sufrir modificacións en función das condicións climatolóxicas.
 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: a rúa Corredoira estará cortada ao tráfico este martes 1 de febreiro por obras


Noia, 31 de xaneiro de 2011. A Concellaría de Tráfico de Noia informa que a rúa Corredoira (onde está a casa da cultura "Antón Avilés de Taramancos") estará mañá, martes día1 de febreiro, cortada ao tráfico. Este corte poderíase prolongar ata o mércores día 2. O motivo é o seu arranxo polo deterioro nas pedras da calzada da citada rúa. O corte de tráfico afectará ao tramo que vai dende Escultor Ferreiro ata o cruce coa Santísima Trinidade, que poderá quedar cortada tamén ao tráfico nalgún momento puntual de traballo.

Para a semana, o 7 de febreiro, cortada Santísima Trinidade


Infórmase ademáis que o vindeiro luns, día 7 de febreiro, está previsto cortar ao tráfico a rúa Santísima Trinidade, para acondicionala tralo notorio deterioro sufrido co incremento de tráfico rodado. Este plan de traballo podería sufrir modificacións en función das condicións climatolóxicas.
 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Volei: los equipos del Boiro retoman la buena dirección, con cuatro victorias y tres derrotas


Imagen de http://boirovoleibol.blogspot.com, donde hay otra crónica

Crónica de María Cortés

Recuperamos la senda de la victoria, el buen juego da sus resultados, y ahí están el fin de semana: 4 victorias frente a 3 derrotas. Aunque se podrá pensar, se puede mejor, claro, eso siempre, y siempre luchamos por ello. Y ahí seguiremos, arriba y subiendo!!!

1ª DIVISIÓN NACIONAL MASCULINA
ZALAETA 0-3 HIPESCAR BOIRO VOLEIBOL (16-25, 22-25, 18-25)
Contundente victoria de los chicos de HIPESCAR, dirigidos por Emilio Palacio, en tierras coruñesas. El HIPESCAR demostró una semana más que los automatismos y engranajes del equipo funcionan a las mil maravillas. No dieron opción a los locales en casi que ningún momento del partido. Bloqueo bien posicionado y orden táctica en la segunda línea hacían de la defensa boirense su punto fuerte una semana más. En cuanto al ataque cabe destacar la inteligencia del colocador boirense Iván Souto "Pas" eligiendo siempre la mejor opción para su equipo. La recepción boirense rozó la perfección un sábado más, con Cristóbal Álvarez y Manuel Pérez muy acertados en su función. Causaron baja para el partido Iago Vidal por lesión y Óscar Gómez por motivos personales.
Por el HIPESCAR BOIRO VOLEIBOL jugaron: Iván Souto "Pas", Narciso Abalo, Cristóbal Álvarez, Manuel Pérez Andrade, Jesús Vázquez "Pivot", Antón Pérez y Adrián Alves "chicho" (líbero). Como reservas estaban Daniel Eiras, Ignacio Cibeira "Frigu", Miguel Vázquez, Gustavo Romero y el juvenil Martín Herrera.
Con esta victoria el HIPESCAR consigue el liderazgo de la 1ª división nacional gracias a las derrotas del Club Vigo Voleibol y el Universidad de Valladolid frente CV Rianxo y San Sadurniño respectivamente. Los de Emilio Palacio visitarán el próximo sábado el equipo vallisoletano desde lo más alto de la clasificación gracias a un set average favorable, en u partido que parece vital de cara a las aspiraciones de los boirenses de acudir a la fase de ascenso a liga FEV Nacional.

2ª DIVISIÓN A GALLEGA MASCULINA
EMEVE LAB NUPEL B 2-3 REDESYL BOIRO VOLEIBOL (25-15, 8-25, 25-20, 12-25, 13-15) 
Como un bálsamo llega la victoria a domicilio del REDESYL, bajo las órdenes de Antón Pérez, que se encuentra con el triunfo tras las dos derrotas de la jornada anterior. El REDESYL recuperaba efectivos para esta disputa. El receptor Manuel Pérez "Cholo" viajaba por primera vez con el equipo tras superar su lesión muscular. El encuentro fue de ida y vuelta con alternativas para los dos bandos pero que cayó en saco boirense por la consistencia colectiva en los momentos importantes del partido. Cierto es que el equipo mostró otra cara muy diferente a la vista hace 7 días, pero debrerán hacer firme esta situación en las próximas fechas con buenas actuaciones, trabajo y compromiso en los entrenaiento.
Por el REDESYL BOIRO VOLEIBOL jugaron: Luis Luistres, Roberto Rodríguez "Tito", Xavier Sarille, Diego romero Fran López "Chepe", Antón Pérez y Juan Lorenzo "Doc". También jugaron Rubén Taibo "Mechas", Alén García, Manuel Pérez "Cholo" y Juan "Mande".

2ª DIVISIÓN AL GALLEGA FEMENINA
EMEVE LAB. NUPEL B 3-2 PROBOIN BOIRO VOLEIBOL (25-22, 25-22, 24-26, 18-25, 15-11) 
Sorprendente derrota del primer equipo femenino, el PROBOIN, en su visita al equipo lucense. Empezaba el partido con muchas dudas por parte de las nuestras, situación aprovechada por el EMEVE para llevarse los dos primeros parciales. Esto dejaba a las de Andrés Martínez en una situación muy complicada. Empezaba el tercer set para darle la vuelta al adverso marcador, y gracias a la habitual orden defensiva y la efectividad en el contraataque consiguieron llevarse los dos sets siguientes. El tie-break era merecido para ambos equipos. Las lucenses del Emeve aprovecharon mejor las situaciones en este parcial y consiguieron definitivamente llevarse el partido por un ajustado 3-2. Esta victoria aprieta más, si cabe, la clasificación de la 2ª División Autonómica femenina, en las que las boirenses del PROBOIN siguen manteniendo opciones de acudir a la fase de ascenso a 1ª División Nacional y siguen dependiendo de sí mismas.
Por el PROBOIN BOIRO VOLEIBOL jugaron: Ángela Triñanes, Luci Paz, Leonor Lorenzo, Alicia Novoa ,María Triñanes, Rebeca González y Carla Castro (líbero).

LIGA GALLEGA JUVENIL MASCULINA
EMEVE LAB. NUPEL B 3-0 TRILLIZOS BOIRO VOLEIBOL (25-16, 25-20, 25-20)
Derrota del Trillizos, bajo las órdenes de Andrés Martínez, en esta visita el Emeve. Con la importante baja de Diego Romero para este partido enfrentaban los boirenses la siempre complicada cancha lucense. Los continuos errores, sumados al acierto del rival, desembocaban en esta dura derrota del TRILLIZOS BOIRO VOLEIBOL.
Por el TRILLIZOS BOIRO VOLEIBOL jugaron: Ismael Martínez, Martín Herrera, Antón Pérez, Diego García, Miguel Lorenzo, Fran Dieste y Arsenio (líbero). También jugaron Xian Pérez, Daniel Vázquez y Abel Triñanes.

LIGA PROVINCIAL JUVENIL FEMENINA
BOIRO VOLEIBOL 3-0 MEXILLÓN DE OURO VOL. RIANXO (25-12, 25-19, 25-20)
Victoria en apenas una hora de juego de las juveniles del Boiro Voleibol en esta liga provincial juvenil femenina. Las de Juan Resúa salieron concentradas en hacerlo bien, mostrando grandes avances en su juego. Una gran racha de servicios por parte de Ana Bugallo (11 seguidos) metía en el bolsillo el primer parcial para las boirenses. En los dos siguientes la clave estuvo en el acierto en saque, que impedía a las rianxeiras construir jugadas claras de ataque.
Por el BOIRO VOLEIBOL jugaron: Patri, Andrea, Ana, Katy, Adriana, Ángela e Iria (líbero). Como reservas actuaron Sheila, Alba, Sara y Sindy.

LIGA GALLEGA CADETE MASCULINA
EMEVE LAB. NUPEL B  3-1 REYCA BOIRO VOLEIBOL (25-15
, 25-22, 22-25, 25-15)
Derrota del equipo cadete masculino del Boiro Voleibol, el REYCA. Los de Andrés Martínez tuvieron al otro lado de la red a un equipo con mucha más experiencia que supo mantener la calma y jugar con más criterio para llevarse el partido por 3-1.
Por el REYCA BOIRO VOLEIBOL jugaron: Xian Pérez, Abel Sánchez, Fran Dieste, Ismael Martínez, Daniel Vázquez y Raúl Lojo. También jugaron Lois Vázquez y Oscar Refojo.

LIGA PROVINCIAL CADETE FEMENINA
BOIRO VOLEIBOL  3-1  MEXILLÓN DE OURO VOL. RIANXO (14-25, 25-18, 25-18, 25-16) 
Cómoda victoria de las pupilas de Juan Resúa en un partido que empezaba con dificultades debido a las numerísimas imprecisiones de las locales, pero que a medida que avanzaba el partido se corregían y transformaban en acierto en saque, recepción y ataque. Cabe destacar la aportación de Ana Bugallo en ataque ya que se sigue manteniendo partido tras partido rondando los 20 puntos (19 en esta ocasión).
Por el BOIRO VOLEIBOL jugaron: Sheila, Ana, Sara, Alba, Katy y Alejandra. Como reservas esperaba su oportunidad Melissa y Andrea.

JORNADAS DE DEPORTE ESCOLAR (BENJAMINES, ALEVINES E INFANTILES)
Hasta Noia se desplazaron en la mañana del sábado los niños y niñas del Boiro Voleibol para competir en esta concentración del deporte en edad escolar. Un buen número de niños boirenses compitieron contra otras escuelas deportivas com las de Cee, Noia, Rianxo y Padrón. Fue una buena mañana de voleibol para todos en la que se apreció una vez más el buen trabajo que están haciendo los entrenadores del Boiro Voleibol con los más pequeños, demostrando que el futuro del club está en buenas manos.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

30.1.11

Ribeira: o Psoe local renuncia a reclamar xudicialmente pola ocupación da súa sede


Acto dos socialistas de Ribeira. Imaxe de arquivo

Ribeira, 30 de xaneiro de 2011. O Partido Socialista de Ribeira informou hoxe en nota de prensa que, de resultas do acordo tomado en asemblea ordinaria do día de onte, 29 de xaneiro, e por asentimento de todos os militantes, renunciar ao dereito de reclamación de danos e prexuízos planteado pola asesoría xurídica, pola ocupación indebida da súa sede social. Afirma facelo "nun acto de xenerosidade e buscando a harmonía entre a familia socialista ribeirense".

Aínda así, e tendo en conta a titularidade da sede, que pertence ao Psoe a nivel federal, será a Executiva Federal a que tome a última decisión sobre ese particular, explicaron.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Portos: Ribeira e Cabo de Cruz, entre os primeiros que contarán con heliportos de emerxencias diurnas

Búscase reducir as sombras de cobertura de navegación aérea por falta de infraestruturas. Funcionarán como puntos de base supletorios


Porto de Cabo de Cruz, en Boiro

Barbanza, 30 de xaneiro de 2011.- Na súa aposta pola seguridade das zonas marítimas e a prestación de servizos auxiliares aos usuarios dos portos galegos e aos cidadáns das vilas marítimas, Portos de Galicia, ultima un proxecto de reforzo da actividade de navegación aérea na franxa costeira. O ente público está a ultimar a posta en marcha dun proxecto de habilitación de heliportos de emerxencias diurnas en puntos estratéxicos da costa.

Así, un total de once portos da xeografía galega contarán próximamente cunha destas instalacións, que permitirá reducir as actuais sombras de cobertura da navegación aérea, producidas pola falta de infraestruturas, a través da creación de bases supletorias para os helicópteros dentro das zonas portuarias. Aproveitando a superficie dos peiraos seleccionados, delimitarase unha zona para despegue e aterraxe destes aparatos, que permitirá reforzar o servizo nas zonas costeiras de relevancia destacada.

En concreto, os portos nos que comezará a posta en funcionamento deste proxecto serán os de Ribadeo, Burela, Ortigueira, Cedeira, Laxe, Camariñas, Muros, Ribeira, Cabo de Cruz, O Grove e A Guarda. Estas localidades pasarán a ter unha pequena base aérea de emerxencias diurnas que permitirá a execución de maniobras ou repostaxe a helicópteros que ata agora tiñan limitado o seu funcionamento polo mapa de bases existentes, agora incrementado.

Estas instalacións estarán autorizadas pola Axencia Aérea de Navegación, dependente do Ministerio de Fomento. Para a súa habilitación total, resta agora eliminar elementos do mobiliario urbán das zonas portuarias e colocar cataventos que faciliten as tarefas de despegue e aterraxe aos helicópteros. Así mesmo, nas próximas semanas procederase á marcación e sinalización da zona, para delimitar definitivamente e deixar listos para a súa entrada en funcionamento estes heliportos de emerxencias diurnos.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

29.1.11

Noia: o Liceo abre o prazo para presentarse ao VIII Concurso de Relatos, ata o 1 de abril


O vindeiro luns, 31 de xaneiro, ás oito da tarde en primeira convocatoria e ás oito e media en segunda, terá lugar a Asemblea Anual Xeral da Sociedade Liceo de Noia.

Bases:


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: o PP di que os veciños de Manselle están descontentos polas obras no Souto

Dodro, 29 de xaneiro de 2011. O Partido Popular de Dodro expresou en nota de prensa "o descontento que reina entre os veciños de Manselle polo arranxo que a Concellería de Obras fixo no Souto. Seguindo as ordes do Concelleiro de Obras, Sr. Fernández Reboiras, o solo asfaltado foi substituido por pedras pero sen ningún tipo de orde, de tal xeito que agora ca choiva a auga fai pozas e acumúlase a terra que arrastra a auga".

Poñerse botas para chegar ao Souto

Os populares din que "segundo se pode comprobar perfectamente, o nivel do chan agora é máis alto en case 10 centímetros que as rúas que desembocan no Souto, de tal xeito que non deixa correr a auga e para poder chegar ao Souto hai que poñerse botas". Os veciños de Manselle quéixanse tamén, sempre segundo o partido conservador, do encintado das pedras que parece que fora feito por un mal afeccionado da albanelería. “Un rapaz faino mellor”, din que manifestan algúns destes veciños. "A obra empezou ben cun canteiro, pero logo déronlla a unha empresa  e puxeron pedras de calquera xeito e tamaño e non lle deixaron a caída para que escorrera a agua”, manifestaron.

      Para o Partido Popular, "o absoluto desorde e falla de control co que se están facendo as obras no Concello de Dodro, á parte de pór de manifesto a incompetencia do Concelleiro de Obras, xera prexuízos constantes para os veciños, e o que é máis importante, a curto prazo vai orixinar importantes problemas económicos para o Concello pois obrigará a destinar importantes recursos para arranxar as deficiencias e adecuar as obras xa feitas, en lugar de destinar eses recursos a novas inversións".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

28.1.11

Internet: Quecarallo.net, un punto de encontro para os galegos na Rede

A escena internauta galega, convalecente ante o peche dalgunhas das súas webs máis importantes, volve rexurdir con novas iniciativas.

Barbanza-Noia, 28 de xaneiro de 2011. Quécarallo?! é un foro de ámbito galego que ten como obxectivo reunir á escena internauta galega, como plataforma complementaria ás redes sociais, ofrecendo unha canle de comunicación "de todos para todos" que permite organizar quedadas, concentrar información sobre concertos, eventos culturais e lugares de interese da comunidade galega, nun só lugar.

Ademais serve tamén como punto de partida e apoio a futuros proxectos web da comunidade, sexan grandes ou pequenos, independentemente do idioma e calquera outra condición.

Quécarallo?! non conta con máis presuposto que o que achega a súa comunidade (ademais dun pequeno banner), e actualmente conta con máis de 900 usuarios rexistrados, e máis de 25000 mensaxes, con menos de 10 meses aberto ao público e sen investimento en publicidade.

O sitio usa MyBB (código aberto) como sistema de xestión de contido, do que, grazas á comunidade, desenvolveu a primeira tradución ao galego dispoñible para o mesmo.

Web de referencia:

http://quecarallo.net

Antiga relacionada:

Internet: pechan dous referentes da Rede en lingua galega: Vieiros e Chuza!

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Política: o novo Secretario de Organización do Psoe boirense é Jorge Campaña

Boiro, 28 de xaneiro de 2011. Na Asamblea Xeral do PSdeG-PSOE de Boiro celebrada o pasado dia 27 de xaneiro escolleuse a Jorge Campaña como novo Secretario de
Organización.

"A elección constitúe un importante paso na aposta pola revitalización e a
renovación emprendida pola agrupación socialista boirense", explican os socialistas. A Asamblea Xeral valorou "a capacidade, espírito emprendedor e dinamismo demostrados nos últimos anos por Campaña no desempeño das súas funcións como Coordinador Comarcal de Xuventudes Socialistas do Barbanza e Secretario Xeral de Xuventudes Socialistas de Boiro". O novo Secretario de Organización di que asume o reto "con ilusión e determinación de cara á cita electoral de maio", e expresou a súa convicción de que a renovada lista electoral presentada pola agrupación para as vindeiras eleccións municipais "acadará o respaldo dun amplo sector da sociedade boirense".

Jorge Campaña avaliou o traballo realizado polo grupo socialista municipal nas últimas dúas lexislaturas e resaltou "o labor de achegamento dos servizos básicos ás parroquias, así como o importante investimento realizado nas obras de ampliación do porto de Cabo de Cruz grazas á intervención e compromiso adquirido con Juan Jesús Ares polo ex-presidente da Xunta Emilio Pérez Touriño".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: 224.000 metros cadrados de dominio público marítimo-terrestre voltan ao Estado

Con esta operación pódese acometer a rexeneración da Ría de Noia

Co tempo recuperaríanse bancos marisqueiros de berberecho

Noia, 28 de xaneiro de 2011. O delegado do Goberno, Antón Louro, valorou hoxe como unha "magnífica noticia" a reversión ao Estado de máis de 224.000 metros cadrados de dominio público marítimo-terrestre aprobada hoxe no Consello de Ministros. Para o político, que está a piques de deixar a Delegación do Goberno para presentarse a alcalde de Pontevedra, "o acordo adoptado hoxe polo Consello de Ministros supón un paso máis que dá o Executivo estatal de cara á tan demandada e necesaria rexeneración da ría de Noia, un proxecto vital para o futuro económico das comarcas de Muros e Noia".

Demolición de case toda a escolleira


As obras, se non hai novos adiamentos, comezarían en marzo deste mesmo ano (lembremos que en 2010 xa tiñan que comezar, ata que a Xunta paralizouno todo a través de Portos de Galicia) e suporían retirar polo menos 10.000 metros cúbicos de lama e tres quilómetros de escolleira. Cada ramal destes coídos miden 1.650 metros, dos que van retirar 3.000 -así que non sae toda e quédanlle 300 metros aos de Portos de Galicia-. É unha rexeneración que faría a empresa Tragsa.

Chamamento á cooperación

Antón Louro pediulle á Xunta de Galicia "que coopere co Ministerio de Medio Ambiente co obxectivo de acadar que o proxecto de rexeneración da Ría de Noia chegue a bo porto o antes posible". “Cando a Xunta de Galicia decide solicitar a reversión ao Estado desa franxa de terreo faino recoñecendo dúas cousas: por un lado, que deixou de ter validez para usos portuarios e, por outro, que hai unha degradación medioambiental e unha colmatación acusadas nesa zona. Por conseguinte, a Administración autonómica e a estatal deben traballar agora collidas da man para loitar por rexenerar a ría, e para iso cómpre empezar por retirar o canal da escollera, tal e como recomendan os técnicos expertos na materia”, argumentou o aínda delegado do Goberno.              

Satisfacción do alcalde

Rafael García Guerrero, alcalde noiés, congratulose da noticia e reiterou, como xa fixera en ocasións anteriores, que "está ben que volva o sentido común".                       

Na web de Moncloa, na referencia do Consello de Ministros de hoxe:

*REVERSIÓN AL ESTADO DE MÁS DE 224.000 METROS CUADRADOS DE DOMINIO PÚBLICO MARÍTIMO-TERRESTRE DEL PUERTO DE NOIA*

El Consejo de Ministros ha acordado la reversión al Estado de los bienes de
dominio público marítimo-terrestres de una superficie de 224.888,27 metros
cuadrados correspondientes al puerto de Noia (A Coruña). Con esta reversión
se favorece la ejecución de un proyecto de interés general que, entre sus
actuaciones, incluye la demolición del canal de escollera que forma parte de
las instalaciones adscritas al puerto de Noia, con el fin de devolver a la
ría a su estado natural.

Estos terrenos habían sido transferidos a la Comunidad Autónoma de Galicia
mediante un Real Decreto de 1982 sobre traspaso de funciones y servicios de
la Administración del Estado en materia de puertos. El pasado 28 de octubre
de 2010 la Consellería do Mar de la Xunta de Galicia solicita la reversión
de una superficie de 224.888,27 metros cuadrados de dominio público
marítimo-terrestre transferida en el conjunto del Puerto de Noia, ante la
imposibilidad de poder realizar actuaciones portuarias en esa zona, dada la
degradación medioambiental, así como la colmatación que ha sufrido la misma,
lo que ha motivado la pérdida de sus características portuarias. Este
Acuerdo permitirá ejecutar el proyecto de regeneración que incluye la
demolición del canal de escollera, con el objetivo de poner freno a la
degradación que sufre la ría de Noia y posibilitar de ese modo que esta
recupere su estado natural.

Según lo previsto en la Ley 22/1988 de Costas, y el Reglamento general para
su desarrollo y ejecución, corresponde al Consejo de Ministros acordar la
reversión al Estado de los bienes de dominio público marítimo-terrestre
transferidos a las Comunidades Autónomas".

Se quere ver o que publicamos anteriormente sobre este complexo asunto, aquí

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: Pablo Galdo ofrece un curso de piano esta fin de semana e un concerto o domingo 30


Ribeira, 28 de xaneiro de 2011.- Esta fin de semana do 28, 29 e 30 de xaneiro, en horario de mañá e tarde, ten lugar no Conservatorio Profesional de Música  un curso de piano co prestixioso mestre e concertista Pablo Galdo. Este mestre, de orixe ferrolá, ademais do seu actual labor docente no Conservatorio Superior de Música de Vigo ten un amplo currículum como concertista en España, Portugal, China, Reino Unido, Suiza, Italia, Estados Unidos e outros países.

Uns trinta alumnos procedentes do conservatorio local e doutros conservatorios e  escolas de música de toda a xeografía galega danse cita en Ribeira para ampliar e perfeccionar os seus coñecementos pianísticos.


Concerto este domingo 30 no Conservatorio

O curso clausurarase o vindeiro domingo 30 de xaneiro  cun concerto a cargo do alumnado e do profesor do curso, seguido da correspondente entrega de diplomas. Este concerto de clausura  terá lugar ás 19.00 h. no salón de actos do Conservatorio Profesional de Música.

Esta actividade está coordinada e dirixida  polos profesores do conservatorio municipal Cristina Sastre Paz (piano) e José Fungueiriño Ramos (secretario - saxofón).

Pode que tamén interese:


I Festival de Inverno de Danza: este domingo 30

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o Plan de Formación da área de Xuventude en 2011 comeza o luns, cun curso de monitores de tempo libre

Outros cursos programados para o semestre abordarán Internet, vela lixeira, equipos de son, prácticas de clown e globoflexia

Ribeira, 28 de xaneiro de 2011.- Un curso oficial de monitores en actividades de tempo libre que impartirá a Escola Galega de Tempo Libre principia o Plan de Formación dirixido aos mozos do municipio que organiza a Concellería de Xuventude  nesta anualidade. O seu edil titular, Vicente García, acompañado do técnico municipal de Xuventude, Mario Vidal, desvelou hoxe as actividades de que consta este plan formativo no primeiro semestre e engadiu que o seu Departamento está a traballar noutras accións para o segundo semestre. 

Así, o citado curso de monitores abrirá xa o seu prazo de inscrición o vindeiro luns e constará de 200 horas lectivas na que se abordarán temas como a psicosocioloxía, a lexislación, as técnicas de acampada, unha área de educación ambiental e natureza, unha área de animación e xogos e outra área de saúde. 

Celebrarase predominantemente os sábados e tamén algún domingo ou festivo entre febreiro e xuño, conforme á seguinte planing:

  • Febreiro: días 19, 26 e 27
  • Marzo: 12, 19, 26 e 27
  • Abril: 2, 9, 16, 17, 23 e 30
  • Xuño: 4 e 11

O horario será  de 9 a 14 horas e de 16 a 21 horas. Poderá haber un máximo de 25 alumnos e cómpre ser maior de 18 anos e posuír como mínimo estudos de graduado escolar ou secundaria. O curso ten un custe de 260 euros dividido en dous pagos, subvencionando a Concellería de Xuventude o segundo curso aos empadroados no municipio. Para máis información e inscricións, hai que poñerse en contacto coa Oficina Municipal de Xuventude, chamando ao número 981 835 650 ou enviando un e-mail a xuventude@riveira.com 

Neste primeiro semestre, o programa de formación abrangue tamén as seguinte accións:


A globoflexia sempre ten éxito entre os pequenos

  • No mes de febreiro: un curso monográfico de globoflexia e un curso de manexo de equipos de son e gravación de maquetas.
  • En marzo: un curso web 2.0 en marzo.
  • En abril: un curso de aspirante a instrutor de vela lixeira.
  • E en maio: un curso de iniciación ao clown

As inscricións en cada unha destas actividades será subvencionada parcialmente polo Concello. 

Vicente García indicou que a súa Concellería está traballando na confección para o futuro doutros novos cursos formativos sobre hip-hop, parkour e grafitti.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: orde do día do pleno do luns 31 de xaneiro ás oito da tarde


I.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA ACTA DA SESIÓN ANTERIOR (PLENO ORDINARIO 20 DE DECEMBRO DO 2010).

II.- CESIÓN DE USO DO LOCAL Á ASOCIACIÓN PRO SAÚDE MENTAL “A CREBA”.

III.- ADHESIÓN AO CONVENIO PORTELO ÚNICO.

IV.-APROBACIÓN INICIAL REGULAMENTO DA SALA MUSEO MUNICIPAL DE RIVEIRA.

V.- SOLICITUDE Á  DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE AXUDA NO PROGRAMA DE MODERNIZACIÓN NOS MERCADOS LOCAIS.

VI.- MOCIÓN PRESENTADA POLO CONCELLEIRO SR. MAREQUE LEÓN (GRUPO PSOE), EN RELACIÓN AO PLAN CONCERTADO.

VII.- MOCIÓN PRESENTADA POLA CONCELLEIRA SRA. ALVAREZ BECERRA (GRUPO BNG), EN RELACIÓN Á SUPRESIÓN DO SERVIZO DE NOITEBÚS.

VIII.- MOCIÓN PRESENTADA POLA CONCELLEIRA SRA. GARCÍA POSE (GRUPO IPdeR), INTERESANDO MELLORAS NA PARROQUIA DE AGUIÑO.

IX.- MOCIÓN PRESENTADA POLA CONCELLEIRA SRA. POUSO MANEIRO (GRUPO PP), APOIANDO A MODIFICACIÓN DA LEI DE COSTAS.

X.- MOCIÓN PRESENTADA POLA CONCELLEIRA SRA. POUSO MANEIRO (GRUPO PP), INTERESANDO A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES.

XI.- MOCIÓN PRESENTADA POLO CONCELLEIRO SR. TEIRA PARADA (GRUPO BNG), EN RELACIÓN CÓA CONSTRUCIÓN DUN CAMPO DE ADESTRAMENTO NA FIEITEIRA.

XII.- MOCIÓN PRESENTADA POLA CONCELLEIRA SRA. BRIÓN SANMIGUEL (GRUPO BNG), RECLAMANDO O MANTEMENTO DO APARCADOIRO DO CENTENARIO OU DO CAMPO DA FEIRA EN PERFECTO ESTADO DE USO E CONSERVACIÓN. 

XIII.- MOCIÓN PRESENTADA POLO CONCELLEIRO SR. GROVEIRO GONZÁLEZ (GRUPO BNG), EN RELACIÓN CÓ TRANSPORTE PÚBLICO E ESCOLAR EN RIVEIRA.

XIV.- MOCIÓN PRESENTADA POLA CONCELLEIRA SRA. POUSO MANEIRO (GRUPO PP), EN CONTRA DA RETIRADA DA AXUDA DE 426 EUROS AOS PARADOS DE LONGA DURACIÓN. 

XV.- MOCIÓN PRESENTADA POLA CONCELLEIRA SRA. POUSO MANEIRO (GRUPO PP), EN CONTRA DA SUBIDA DO RECIBO DA LUZ ACORDADA PARA O PRIMEIRO TRIMESTRE DE 2011. 

XVI.- MOCIÓN PRESENTADA POLO CONCELLEIRO SR. AYASO BRETAL (GRUPO BNG), EN RELACIÓN COA SUBA DE PREZO DA AUGA E DA ELECTRICIDADE.

XVII.- MOCIÓN PRESENTADA POLA CONCELLEIRA SRA. GONZÁLEZ CRUXEIRAS (GRUPO BNG), EN RELACIÓN Á CREACIÓN DUNHA COMISIÓN DE CONTROL DO EMPREGO NO CONCELLO DE RIVEIRA.  

XVIII.- MOCIÓN PRESENTADA POLO CONCELLEIRO SR. AGEITOS SANTOS (GRUPO PSOE), EN RELACIÓN CÓ SERVIZO DE SEGURIDADE DÁ CIDADANÍA. 

XIX.- MOCIÓN PRESENTADA POLO CONCELLEIRO SR. PAZ MARIÑO (GRUPO IPdeR), SOBRE TASAS AO SECTOR MITILICULTOR.

XX.- MOCIÓNS QUE REGULAMENTARIAMENTE SE PRESENTEN Ó ABEIRO DO ARTIGO 70 DO REGULAMENTO ORGÁNICO MUNICIPAL.

XXI.- ROGOS E PREGUNTAS QUE REGULAMENTARIAMENTE SE PRESENTEN.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: o equipo de goberno achácalle ao PP o nivel de endebedamento municipal


Boiro terá que ir pagando préstamos polo menos ata o ano 2032

Boiro, 28 de xaneiro de 2011. A creba técnica do Concello de Boiro non é un segredo agochado. Cada día hai queixas de proveedores e acreedores, algún dos cales ata twittea con indignación que non lle satisfagan débedas atrasadísimas. A débeda municipal é, en consecuencia, a principal arma de debate político entre o equipo de goberno (Bng e Psoe) e a oposición (PP). Esta mañá o Partido Popular fixo declaracións sobre o estado financieiro do Concello. En Certo nunca recibimos unha soa nota do PP de Boiro, así que non podemos ofrecerlla. Terán que imaxinar o que dixeron -lerano mañá noutros medios- segundo a resposta que xa enviou o equipo de goberno de Boiro. Unha resposta que, como facemos sempre, lles achegamos íntegra:

"Ante a rolda de prensa ofrecida hoxe polo Grupo Municipal do PP de Boiro acerca da situación financeira do Concello, o goberno quere manifestar o seguinte:

  1. O Concello de Boiro amosa nesta ano 2009 unha  melloría con respecto ós resultados do ano anterior. As magnitudes económico - financeiras máis relevantes son positivas (resultado orzamentario bruto e neto, aforro bruto e neto ,  remanente de tesourería e mesmo o porcentaxe de endebedamento que se sitúa nun 88% ). Estes datos figuran reflectidos no seguinte cadro:
    CONCEPTO 2009
    DATOS LIQUIDACIÓN:  
    Rdo. Orzamentario  Bruto 1.065.591,00
    Rdo. Orzamentario depois de axustes 833.653,00
    Remanente Tesourería Total 1.154.246,00
    Remanente Tesourería Gastos Xerais 54.332,00
    Aforro Bruto 1.208.857,00
    Aforro Neto 136.717,00
    % Débeda Viva 31/12 88,84%
    Operacións pendentes aplicar orzamento 665.251,57
    Débeda Viva a 31/12 10.720.327,45
  1. Con respecto o traballo desenvolto polo Concello en materia de control do gasto corrente, detállase deseguido,

TRABALLO DESENVOLTO EN CONTENCIÓN DO GASTO CORRENTE ( Redución 13%):

  1. LICITACIÓN DE SERVIZOS MUNICIPAIS, permitiu aforros significativos ;

    Servizo de recollida de lixo do contenedor aamarelo.

    Servizo de recollida do contenedor de cartón.

    Servizo de mantemento de ascensores municipais (en paquetes conxuntos).

    Servizo asegurador de responsabilidade civil, vehículos e edificios municipais.

    Servizo de atención á dependencia ( servizo a domicilio)

    Servizo de limpeza de instalacións municipais.

    Servizo de mantemento da Depuradora Municipal e Saneamento.

  1. REORGANIZACIÓN DE PERSOAL PARA ATENCIÓN DE SERVIZOS :

    Reorganización de servizos municipais para acometer servizos externalizados;

    Limpeza de contenedores

    Limpeza viaria en domingos e festivos

    Servizo de vixiancia do Párking Municipal

    Servizo de mantemento de campos de fútbol municipais.

  1. PLAN DE AFORRO ENERXÉTICO:

    Implantación do PLAN EMAS ( aforro en consumos na Casa Consistorial).

    Instalación de luminarias (alumeado público ) de aforro enerxético; Na Cachada, na rúa principal, en Cabo de Cruz, en Escarabote., Fieiteira,..etc.

    Optimización do alumeado público encamiñado a aforro enerxético

    Elaboración dunha auditoría enerxética en colaboración coa Deputación Provincial, que definiu os investimentos a realizar para conseguir un aforro enerxético notable; ( execución durante o ano 2011), Pavillón de Barraña (paneis solares), ....etc.

    Substitución das luminarias da Praza de Abastos ( PlanDeputación Provincial )


    Unha das débedas máis controvertidas foi a de facer a nova casa do concello

Con respecto ao  que reiteradamente ven indicando o PP de Boiro sobre o nivel de endebedamento municipal , e que cifra en 10.720.327€, o goberno quere manifestar o seguinte:

Detalle de préstamos formalizados nas lexislaturas do PP:

(páx. 20-25 informe CONTA XERAL 2009)

Data Importe Período

18/11/08 1.042.645€ 20 anos

14/05/99 300.506€ 20 anos

21/12/99 1.823.152€ 20 anos

08/02/00 592.009€20 anos

15/11/01 1.460.459€ 20 anos

08/10/02 2.260.800€ 20 anos

TOTAL..................................... 7.479.661€

En 2002 superouse o límite legal do 110% ................ 122% 

Detalle débedas do PP aboadas polo actual goberno..... 2.566.000€ 

Pagamento a NECSO, pola CASA CONSISTORIAL .................. 628.000€

Expropiacións da Cachada.......................................................... 805.000€

Expropiacións da Cachada (CON sentenza ).............................. 413.000€

Expropiacións da Cachada ( SENsentenza ).............................. 720.000€

( 375.000€ - sensentenza + 345.000€ - a sentenza que gañamos)

TOTAL DÉBEDAS PP................10.045.661€"

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o xoves 3 de febreiro inaugúrase a Sala-Museo Municipal, na reformada casa de doña Adela

Ribeira, 28 de xaneiro de 2011. O Concello de Ribeira "comprácese en anunciar" para o próximo xoves día 3 de febreiro de 2011, ás 20 horas, a inauguración da Sala-Museo Municipal, ubicada na casa coñecida antigamente como "de doña Adela". O acto estará presidido polo alcalde, José Luis Torres Colomer, e polo conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, Roberto Varela Fariña. 

A Sala-Museo Municipal –situada na Rúa de Galicia, número 19- abre as súas portas co fin de ofrecer aos cidadáns da Centenaria e aos visitantes un novo espazo cultural co propósito de que se convirta nun referente dos museos locais, punto de interese turístico e centro de referencia da actividade cultural do Concello.

Mercada en 2005 e obras adiadas durante anos

O edificio está emprazado nunha vivenda tradicional que foi comprada no ano 2005 polo Concello e rehabilitada para convertila en casa museo municipal. Así, recuperouse un inmoble histórico, exemplo emblemático do que foi a arquitectura tradicional galega ao longo de século pasado, logo de diferentes peripecias que adiaron durante anos as obras e posta a punto. 

O edificio, do que se respectou a fachada orixinal de cantería,  componse por planta baixa e dous pisos comunicados entre si por unha escaleira interior. Os forxados interiores son de madeira e apóianse en todo o perímetro sobre os muros de pedra. O total de superficie construída é de 495,45 metros cadrados, distribuídos do seguinte xeito: baixo: 94,45 m2; primeiro, 164,20 m2; segundo, 165,70 m2; e baixocuberta, 71,10 m2.  

O xoves será o momento de desvelar e amosar as diferentes exposicións e coleccións con que estará dotado este inmoble, chamado a ser un dos máis visitados do municipio.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra do Caramiñal: Abastos 2.0, negocio en Santiago do pobrense Iago Pazos, premio ao "mellor modelo de negocio máis innovador" en MadridFusión


A Pobra do Caramiñal, 28 de xaneiro de 2011. Está na praza de abastos de Santiago e os seus donos son Iago Pazos, da Pobra do Caramiñal, e Marcos Cerqueiro. Abastos 2.0 é un local, en verbas deles mesmos, de "cociña miúda" ou "barra efémera". E acaba de levar o premio de Madridfusión  como "Modelo de Negocio máis innovador".

Abriu o 31 de decembro de 2009 e en pouco tempo acadou unha gran sona, non só polo ben que se come e o ben que cociñan -de xeito personalizado se o comensal quere, só hai que dicirlles o que un quere gastar e o que lle gustaría probar e eles van buscalo ao mercado e sorpréndenche- senón polo emprego do galego nas súas comunicacións e pola aposta pola Rede para difundir o seu negocio.

Se queren unha boa análise deste negocio, só teñen que ir a Capítulo 0 e ver de que vai. Polo premio concedido onte saen hoxe ata no portal do Consello da Cultura Galega, aquí, porque a gastronomía é un eido da cultura que convén non descoidar. Algo que non fan este pobrense, Iago Pazos, e o seu socio, pois van polo mundo -onte en Madrid, en Internet ata calquera lugar- fachendeando dos produtos e da fala desta terra.

Se queren ver a actuación de Iago Pazos e Marcos Cerqueiro onte en Madrid, teñen unha entrada en Afuegolento.com, con este pequeno vídeo:

Sitios de referencia:
http://www.abastosdouspuntocero.es/
Perfil en Facebook, aquí
Twitter, aquí

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

27.1.11

Porto do Son: "Móllate polos humedais" visita as lagoas de Muro e Xuño o mércores 2 de febreiro para eliminar especies invasoras


Lagoa de Xuño en Porto do Son

Porto do Son, 27 de xaneiro de 2011. Como acto de celebración do Día Mundial dos Humidais, e no Ano Europeo do Voluntariado, Proxecto Ríos-ADEGA organiza o vindeiro mércores 2 de febreiro unha xornada de eliminación de flora exótica invasora na contorna das lagoas de Xuño e Muro.

A uña de gato é unha das especies a combater por estes ecoloxistas

Participas?

09.00 Saída dende Santiago de Compostela

10.00 Parada en Porto do Son

10.30 Chegada: presentación da actividade

10.30 Roteiro polas lagoas

12.00 Comezo dos traballos de eliminación

14.00 Xantar

15.30 Continuación dos traballos

17.00 Remate dos traballos e foto de grupo

17.30 Regreso

As persoas participantes contarán con transporte (bus), xantar gratuito e seguro de responsabilidade civil

Información e inscricións:

Proxecto Ríos – ADEGA

Vía

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: alumnos de danza contemporánea das escolas municipais de Porto do Son e Ribeira, este domingo 30 no Festival de Inverno

Ribeira, 27 de xaneiro de 2011. Este domingo, día 30 de xaneiro, a partir das 20 horas, o Auditorio Municipal vai ser escenario dun Festival de Inverno de Danza Contemporánea organizado pola Concellería de Cultura e Festexos do Concello de Ribeira, en colaboración coa Escola Municipal Anduriña de Porto do Son. Para falar dos detalles desta actividade estiveron hoxe o edil Luciano Fernández e o profesor da Escola Municipal de Danza Contemporánea ribeirense, Vicente Colomer. 

No festival participarán alumnos da devandita Escola Municipal de Danza Contemporánea ribeirense e estudantes da Escola Municipal Anduriña de Porto do Son. Segundo Vicente Colomer, propíciase así a posibilidade de que convivan e se coñezan os alumnos dun e doutro centro, ademais de permitirlles un achegamento máis directo ás táboas, de tal xeito que non haxa que esperar a rematar o curso para comprobar o traballo desenvolvido ao longo de todo o ano. 

Todas as coreografías son orixinais das escolas e están asinadas por Vicente Colomer e pola Nova Galega de Danza, grupo do que é cofundador. Será un repertorio onde se amose un estilo de danza tradicional pasado polo tamiz da danza contemporánea. 

Luciano Fernández fixo fincapé no excelente labor que están a despregar as dúas Escolas Municipais de Danza existentes en Ribeira (a de Danza Contemporánea e a da de Danza Clásica, que contan en conxunto con máis de 100 alumnos)  para divulgar esta disciplina artística entre a sociedade do municipio. 

A entrada será gratuíta e libre ata cubrir aforo.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: Ámbar celebra este venres 28 o Día Mundial da Paz con textos sobre pombas de papel


Ribeira, 27 de xaneiro de 2011. Co fin de conmemorar o Día Mundial da Paz, mañá, venres 28 de xaneiro, a Asociación AMBAR ten organizada unha saída ata a praza do Concello de Ribeira onde se dará lectura a diversos lemas relativos á Paz e non violencia escritos en pombas de papel elaboradas no taller de artes plásticas do Centro Ocupacional. Posteriormente ao acto, colocaranse no xardín da praza.


Esta actividade pacífica terá lugar ás 12:40h. na Praza do Concello e estarán presentes Esther Patiño, Concelleira de Servicios Socias do Concello de Ribeira e Milagros Rey, presidenta da Asociación. En caso de choiva, a actividade realizarase no Centro de Recursos en Frións.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o Colexio Provincial de Avogados organiza este venres 28 un ciclo de charlas


Flickr de procsilas

Ribeira, 27 de xaneiro de 2011. O Auditorio Municipal de Ribeira vai dar cabida mañá venres a un ciclo de conferencias organizadas polo Colexio Provincial de Avogados de A Coruña, que están dirixidas a estudantes e profesionais do Dereito. 

Antes de iniciarse as charlas ás 11 horas, terá lugar un breve acto de apertura no que participarán o alcalde, José Luis Torres Colomer; o decano do Colexio, Antonio Platas Tasende; e a presidenta da delegación local do Colexio,  Mª Fernanda Álvarez . 

Programación do ciclo: 

                - 11,00/12,00 horas: Julio Tasende Calvo (Maxistrado Audiencia Provincial de A Coruña): 

                Título: “Problemas prácticos do recurso de apelación civil” 

            - 12,00/12,30 horas: coloquio 

                - 12,30/13,30 horas: Patricia Faraldo Cabana (Catedrática Dereito Penal Universidade de A Coruña): 

                Título: “As reformas introducidas por Ley Orgánica 5/2010 nos delitos contra o patrimonio e a orde socioeconómica”. 

          - 13,30/14,00 horas: coloquio 

          -17,00/18,00 horas: Juan Luis Pía Iglesias (Maxistrado Audiencia Provincial de A Coruña): 

        Título: “ Violencia de xénero na encrucillada” 

          - 18,00/18,30 horas: coloquio

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra do Caramiñal: I Trofeo de Baile Deportivo o vindeiro domingo 6 de febreiro

Download now or preview on posterous
Baile_A_POBRA_2011.pdf (180 KB)

A Pobra do Caramiñal, 27 de xaneiro de 2011. O vindeiro domingo 6 de febreiro terá lugar o I Trofeo "A Pobra do Caramiñal" de Baile Deportivo. Será de tres da tarde a nove da noite no pavillón municipal Venecia. Organiza a escola de baile "Pasos"

É unha competición puntuable no ránking da Asociación Española de Baile Deportivo, e haberá todas as categorías de baile standard e latino. Tamén compiten categorías de iniciación H, G e nenos. Cinco xuíces dirimirán quen son os mellores bailaríns.: Eva Angües, Victor Buenavida, Maximino García, Francis Sanahuja e Luis Gonzaga.

Inscribirse custa 25 euros e ás parellas chegadas do veciño país de Portugal permíteselles o pago no pavillón.

MÁS INFORMACIÓN E INSCRIPCIÓN:

http://www.bailegalicia.net/

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Xadrez: importante victoria do Distribunosa Xadrez Rianxo na primeira división galega

Rianxo, 27 de xaneiro de 2011. Dentro da Primeira División, no grupo B, o Distribunosa Xadrez Rianxo obtivo unha importante victoria fronte ao Santa María de Caranza. O ribeirense Sergio Arevalillo (na imaxe, o da esquerda) gañoulle a Rubén Braña; Miguel Ferrol perdeu con Miguel Brozos; Daniel Martínez quedou 0.5 a 05 con Javier Cinza e Alberto Hevia gañoulle a Rubén Domínguez. Na vindeira xornada o equipo rianxeiro viaxa a Pontevedra para competir co Kárpov Amateur, en partidas que terán lugar o sábado 29 de xaneiro.

Derrota en Terceira División (Grupo C)

Pola súa banda, o equipo xadrecístico de Rianxo perdeu cos xogadores do Liceo Pueblense. Os resultados foron:
Pablo Abalo 1-0 Néstor Martinez
Ricardo Outeiral 1-0 Xurxo Barcala
Jaime Miguez 1-0 Méndez Rial
Diego Creo 1-0 Méndez Somoza

Na vindeira xornada reciben en Rianxo aos boirenses do “Hostal Miramar”.
.
USC COMPOSTELA Vs ESCOLA XADREZ RIANXO

Fernando Garcia 1-0 Mª José Romero
Victor Garcia 1-0 Marco Bravo
Luciano Mendez1-0 David Hermo
Pablo Roibas 1-0 Manuel Castaño

O 29 de xaneiro o “Escola Xadrez Rianxo” recibe aos boirenses “Pousada Das Ánimas”.

Encontros celebrados na 3ª xornada da Liga Galega de Xadrez (22/01/11)

Resultados:
Distribunosa-Xadrez Rianxo (2.5 ptos) Vs Santa Mª de Caranza “B”(1.5 ptos)
1ª división (Grupo b)
Liceo Pueblense (4 ptos) Vs Distribunosa B- Xadrez Rianxo (0 ptos)

3ª división (grupo c)
Usc Compostela (4 ptos) Vs Escola Xadrez Rianxo (0 ptos)
3ª división (grupo c)

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: este sábado 29 de xaneiro, "Os vellos non deben de namorarse", dentro dos actos do 125 aniversario de Castelao

</object><br /><b><a href="http://www.dailymotion.com/video/xef0r1_trailer-airinos_creation">TRAILER AIRI&Ntilde;OS</a></b><br /><i>Cargado por <a href="http://www.dailymotion.com/antonxxxl">antonxxxl</a>. - <a target="_self" href="http://www.dailymotion.com/es/channel/creation">Videos web independientes.</a></i>

Rianxo, 27 de xaneiro de 2011. O grupo de ‘’Teatro Airiños’’ de Asados representou por primeira vez ‘’Os Vellos non Deben de Namorarse’’ de Castelao en 1983 e volveuse a representar outra vez en1986 para conmemorar o 100 aniversario do nacemento de Castelao. O ano pasado volveuse preparar a mesma obra baixo a dirección de Xesús Santos e representouse por varios escenarios de Galicia.

Nesta ocasión, este sábado 29 de xaneiro (oito da tarde, auditorio), voltan traballar actores que xa o fixeran no ano 1983 e outros actores que se incorporaron recentemente como poden ser Ramón Romero, Lucía Casal e Marcos Iglesias, que seguen coa tradicción de actuar no teatro xa que os seus avós e bisavós xa o fixeran noutras ocasións.

A representación do próximo sábado de ‘’Os vellos non deben de namorarse’’ forma parte dos actos organizados polo Concello de Rianxo e a ‘Fundación Castelao, no 125 aniversario do nacemento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. No transcurso do acto o concello de Rianxo faralle outra homenaxe ao ’Grupo de Teatro "Airiños’’ pola súa traxectoria artística ao longo destes 78 anos de carreira.

http://teatroasados.blogspot.com/

(Texto de Marcos Iglesias Santos (1ºC) na revista Bico da Ría, do Instituto "Félix Muriel")

Nota do Concello:

ACTOS CASTELAO 2011 - 125 ANIVERSARIO DO SEU NACEMENTO (1886-2011)

O Concello de Rianxo, como todos os anos, vai desenvolver o programa Actos
Castelao 2011 no que se conmemora o nacemento do ilustre rianxeiro. Ademais este
ano coincidindo que xa van alá 125 anos dende que naceu, vanse realizar ó longo de
todo o ano diferentes propostas culturais arredor da figura de Alfonso Daniel Rodríguez
Castelao.
Esta fin de semana desenvolverase a seguinte programación:
REPRESENTACIÓN TEATRAL: Os vellos non deben de namorarse a cargo do
Grupo de Teatro Airiños do CC Simón Varela de Asados
Día: sábado, 29 de decembro
Hora: 20.00 h
Lugar: Auditorio de Rianxo
Neste ano prodúcese o 70 aniversario da estrea de “Os vellos non deben de
namorarse” en Bos Aires pola “Compañía Gallega de Comedias de Maruxa Villanueva”,
así que para recordar a obra de Castelao farase unha representación por parte do
Grupo de Teatro Airiños baixo a dirección de Xesús Santos (ver ficha técnica e cartel
en documento anexo)
Ao inicio da representación teatral o grupo Airiños será obxecto dunha homenaxe por
parte do Concello, pola súa traxectoria cultural. Xa que van alá 78 anos dende a súa
formación e tamén 25 anos dende que o grupo estreara por primeira vez a obra “Os
vellos non deben de namorarse”.
Pódense retirar as entradas (máximo 2 por persoa) unha hora antes de que comece a
representación

HOMENAXE A CASTELAO E OFRENDA FLORAL O DOMINGO 30

Día: domingo, 30 de xaneiro
Hora: 13.00 h
Lugar: Paseo da Ribeira diante do busto de Castelao
A Fundación Castelao e o Concello de Rianxo para conmemorar o 125 aniversario do
nacemento de Castelao realizarán unha ofrenda floral diante do busto do ilustre
rianxeiro.


Download now or preview on posterous
folleto web.pdf (508 KB)

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical