28.2.11

Ribeira: un grupo de veciños foron a Lalín, á Festa do Cocido

Ribeira, 28 de febreiro de 2011. Este pasado domingo, 27 de febreiro, viaxaron a Lalín un grupo de ribeirenses, capitaneados por Edmundo Martínez, para asistir á mundialmente famosa Festa do Cocido. Segundo comentaron, "este ano había máis murgas que nos anteriores e o percorrido durou algo máis de dúas horas polas rúas céntricas da capital d comarca do Deza e punto cero de Galicia. Os excursionistas aprovecharon a viaxe para mercar os típicos queixos e embutidos desta área galega.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: programa de Antroido 2011

Cultura: o ribeirense Carlos Callón gaña o premio "Vicente Risco" de ensaio, dotado con 6.000 euros

Ribeira, 28 de febreiro de 2011. O pasado 26 de febreiro fallouse a edición XVI do premio de ensaio "Vicente Risco", convocado pola fundación do mesmo nome. A obra gañadora foi Amigos e sodomitas. A configuración da homosexualidade na Idade Media, do ribeirense Carlos Manuel Callón, coñecido sobre todo pola súa faceta como activista da lingua galega dende a presidencia da Mesa pola Normalización Lingüística.


Callón, de formación filolóxica, explica no seu blog como acolleu o premio e de que vai a obra premiada:

"Nesta obra analizo como se constitúe o prexuízo anti homosexual, como se crea a idea de sodomía e como se converte nun pecado central para o cristianismo, a pesar de que está ausente dos primeiros mil anos de historia desta relixión. Mais tamén observo como, xunto co xurdimento da homofobia, aínda se mantén na Idade Media un clima de permisividade nas relacións afectivas entre homes. Pode sorprender, mais as fontes son clarísimas: partillar leito, bicarse en público ou manifestarse "amor" son comportamentos que fan parte do día a día dos varóns, que irán desaparecendo cando estes relacionamentos se vexan desde o signo da homofobia. O amigo e o sodomita conviven nun mesmo terreo de estremas neboentas.

Cada capítulo do libro comeza cun texto literario, historiográfico ou xurídico. En ocasións, o que fago é pór o foco sobre escritos que non foran observados desde esa perspectiva. Por exemplo, detéñome nas "amizades intensas" entre homes en obras da prosa galega medieval, de xeito especial na Crónica Troiana.

Outros son documentos galegos pouco coñecidos. Está nese caso unha cantiga que, sen burla ningunha, fala do amor entre dous homes, o cal ten provocado o estupor da crítica, que viu difícil o seu encadramento nas normas trobadorescas. Tamén é o que acontece coa haxiografía de Paio que se escribiu para a igrexa de Tui no século IX, onde este mártir galego aparece como un Ganimedes cristián. Mais talvez o documento máis importante sexa o da unión entre dous homes no século XI en Rairiz de Veiga, xa que constitúe o testemuño máis antigo que encontramos dun emparellamento homosexual institucionalizado en Galiza, así como un dos máis vellos conservados en Europa.

Por certo, este último texto trae consigo unha importante efeméride. O 16 de abril deste ano fanse 950 anos xustos desta unión. Oxalá non pase desapercibido".

Dende Certo, onde o entrevistamos no seu día, sumámonos aos parabéns por este premio.

Webs de referencia:
http://www.fundacionvicenterisco.com
http://www.carloscallon.com

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: programa de Entroido do Liceo

A Pobra do Caramiñal: as obras de reparación do paseo do Areal estarán rematadas antes de Semana Santa

A Pobra, 28 de febreiro de 2011. Cos derradeiros temporais do mes de xaneiro máis de 150 metros lineais do paseo do Areal sufriron importantes danos e chegou mesmo a desaparecer máis dun metro de area de profundidade, co que se deixou o muro de contención ao descuberto, explicaron hoxe dende o Concello.

     A primeiros de febreiro, enxeñeiros de Costas do Estado, encabezados polo xefe territorial dese organismo, Ricardo Babío, visitaron o lugar para inspeccionar os danos e realizar os cálculos necesarios para proceder a elaboración do proxecto de rehabilitación.

     O pasado xoves día 24 comezaron as obras de dito proxecto que lle foron asignadas á empresa TRAGSA, por un importe de 190.000 euros e que consistirán na retirada de todo o muro afectado e a reconstrucción do mesmo cos mesmos materiais cos que estaba feito.

     O Concello agradece a Costas do Estado en Galicia a celeridade coa que actuou para resolver esta incidencia e agarda que ditas obras estean rematadas a últimos de abril, antes das festas da Semana Santa.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: o Bng presenta unha moción sobre infraestruturas viarias necesarias e tamén pide unha rotonda na Barquiña


Noia, 28 de febreiro de 2011. O Bng de Noia emitiu unha nota de prensa na que informa que no Pleno celebrado en novembro do pasado ano aprobouse una moción promovida polo Grupo Municipal desta formación "que versaba sobre a necesidade da mellora das infraestructuras viarias, lembrando naquel entón que Noia ten pendente unha solución que contemple na súa globalidade o remedio aos problemas de tráfico na vila e un plan de infraestructuras comarcais, buscando a solución máis acaída para a comunicación desta e da súa comarca co conxunto do país, e nomeadamente coa ría de Arousa e por extensión co sur de Galicia".
 
Os nacionalistas explican que "no acordo plenario en cuestión facíase una mención expresa ao Plan MOVE, solicitando a modificación de determinados aspectos do mesmo, como por exemplo a comunicación con Boiro que se contemplaba mediante a mellora da actual estrada provincial prevista para o ano 2017, e que nós coidamos debía facerse a través dunha estrada de nova construción que avanzaría ao longo do Confurco. Tamén dentro do mesmo Plan, concretamente no programa de seguridade viaria, era onde engadíamos a necesidade de  construción dunha rotonda á altura do cruce de A Barquiña, xa necesaria naquel entón, e hoxe coa posta en servizo da nova estrada a Santiago de Compostela, e o acceso e desembocadura da mesma no lugar de Orro, maniféstase máis necesaria que nunca. Hai que lembrar que son case 600 veciños os habitantes do lugar de A Barquiña e a estos hai que engadirlle o tráfico ocasionado polos clientes que acuden a un coñecido centro comercial existente no lugar dos Carballiños-Carracido".
 
Polos motivos expostos, demandan da Consellería que atenda o acordo do Pleno Ordinario do Concello celebrado o 26 de novembro do pasado ano, e proceda á construción da rotonda que regule o fluxo de tráfico no Cruce de A Barquiña.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: este venres 4 de marzo preséntase "Memoria de cidades sen luz", de Inma López Silva

A Pobra do Caramiñal, 28 de febreiro de 2011. A Asociación Cultural Barbantia, Ler librerías e a Editorial Galaxia convidan á presentación de MEMORIA DE CIDADES SEN LUZ, de Inma López Silva, nun acto que terá lugar na librería Ler da Pobra o venres 4 de marzo, ás 20:30 horas, e no que estarán presentes a autora; a directiva de Barbantia María Xesús Blanco; o coordinador da asociación, Alberto Piñeiro; amais do presidente, Xesús Laíño.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: o alcaldable nacionalista reuniuse coa Directiva do CD Unión de Asados


Campo de fútbol de Vilas. Tomada de http://fotosderianxo.wordpress.com

Rianxo, 28 de febreiro de 2011. Adolfo Muíños, candidato á alcaldía polo Bng en Rianxo,  xuntouse o pasado xoves coa directiva do Club Deportivo Unión, acompañado de Ramón Vicente - Nero- membro da dirección local e ex-xogador do equipo de Asados. Forma parte este encontro da andaina que está a levar o candidato do BNG á alcaldía rianxeira polos colectivos rianxeiros para coñecer de primeira man a problemática e demandas dos clubs e asociacións con vistas ao programa electoral do Bloque Nacionalista Galego.

Da directiva do Unión coñeceu da boa marcha do equipo de primeira autonómica que o fará loitar polo ascenso de categoría e, sobre todo, do traballo colectivo que hoxe fai que se achegue aos 150 rapaces nas diferentes idades, todo un traballo de canteira feito con dedicación persoal e desinteresada de moitas persoas polo amor ao fútbol. Como diante doutros colectivos avogouse polo mantemento do convenio coa Deputación da Coruña para a permanencia dos monitores que permiten o mantemento dos adestradores que promoven unha formación de calidade para o traballo técnico e físico cos rapaces e rapazas rianxeiras.

Recuperar o Trofeo de fútbol "Concello de Rianxo"

Adolfo Muíños plantexou tamén buscar alternativas para a recuperación do trofeo de fútbol  "Concello de Rianxo" que enfrontaba ao Taragoña co Unión de Asados e que por diversas vicisitudes non se está a desenvolver nestes dous últimos anos. Unha cita en todo caso moi importante para ambos clubes e que debe recuperarse no calendario deportivo abrindo o verán e a tempada futbolística.

O candidato do BNG abordou tamén cuestións como a necesidade de crear a figura dun encargado específico de mantemento e conserxería das instalacións deportivas da Lomba e de Vilas, que puidera realizar pequenas actuacións e reparacións, ademais de reforzar un servizo de limpeza que se antolla debe ser diario pois todos os días hai adestramentos e competicións.

Por último, Adolfo Muíños trasladou aos directivos a vontade de crear un órgano de participación entre os clubs deportivos, técnicos municipais e corporación. Un Padroado Municipal do Deporte ou Fundación que dirixa a actividade deportiva municipal, xestione as instalacións, posibilite a entrada de patrocinadores privados e cree sinerxias entre as diferentes especialidades deportivas. É unha realidade en moitos concellos e abre vías para a participación e o diálogo fluído entre administración e colectivos sociais.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: a Apa Loureda celebrará este venres 4 un entroido centrado no medievo, con mercado e obradoiros


Boiro, 28 de febreiro de 2011.
  A dirección e equipo docente no colexio Santa María do Castro de Cabo de Cruz, en colaboración coa Apa Loureda están ultimando os derradeiros detalles para celebrar o Antroido 2011, que nesta ocasión será temático, sobre a Idade Media.

     A festa terá lugar o día 4 de marzo, no patio do centro, aínda que está previsto que si o tempo non permite levalo a cabo no exterior, emprazarase o pavillón deportivo sito ó carón do centro.

     A temática elixida para este ano é  a época medieval, e a novidade  con respecto doutros anos é que haberá un mercado medieval onde os rapaces montarán diversos postos, nos cales, se poderán mercar productos elaborados e confecionados por eles mesmos. Ademais, teñen previsto levar a cabo durante o transcurso de toda a mañá ( de 10:00 a 13:15h), obradoiros (pan artesanal, cestería, coiro, etc.) nos cales poderán participar, de forma rotatoria, ademais dos cativos, todas aquelas persoas que asistan ó mercado.


           Como xa é costume, a APA Loureda convidará, a media mañá, a tódolos presentes a un chocolate quente acompañado dos doces tradicionais do momento (filloas, orellas, melindres...) elaborados polos familiares dos nenos.


     Música, xogos e moita diversión completarán o programa para a celebración do Antroido 2011.

Aberto ao público: pero só se vén disfrazado!

     Tanto o Persoal do Centro, coma a Apa Loureda convidan a todas aquelas persoas que o desexen a asistir a esta festa. Eso si, condición indispensable vir disfrazado dun personaxe da Época Medieval (cabaleiro, dama, bufón, arqueiro, ferreiro, panadeiro, mendigo, soldado, escudeiro, mosqueteiro, ......).

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Volei: el Hipescar Boiro pierde pero sigue de primero, empatado con el Valladolid

Crónica de María Cortés Ayaso

Fin de semana intermedio. Tropiezo de nuestros chicos del HIPESCAR (pese al cual mantiene su primera posición en la clasificación, aunque empatado con Valladolid) y de las juveniles, y victoria de nuestros cadetes de REYCA. 
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhj1Fm6zOw0ek-VdJx5EsMs7cqVHvTMqQe0lfBw_EzJxExeSAGt3W4ocm5tlsvMLWOUoIPA3JgkdAhPqMGM-Pmd0EXC_Z6A1wUkj0EFS1IQxWdoidARhPxfpzYWSjxle6Ae1RLU4u-hIW8/s400/CIMG1321.JPG
Imagen de http://boirovoleibol.blogspot.com

PRIMERA DIVISIÓN NACIONAL MASCULINA

HIPESCAR BOIRO VOLEIBOL 1 - 3 CV RIANXO (25-15, 17-25, 24-26, 20-25)

Merecido tropiezo del HIPESCAR, con un resultado de tres sets a uno, en el derbi comarcal de la 1ª división. El partido empezaba con los de Emilio Palacio muy acertados en la recepción-ataque, lo cual, sumado a los errores del CV Rianxo hacían que el parcial cayera con facilidad en el bolsillo local. A partir de este momento el HIPESCAR desapareció del partido. El alto bloqueo rianxeiro, unido a la acertada actuación que demostraron los jugadores de Pablo Alonso en la segunda línea de defensa, complicó y condicionó mucho el ataque de los boirenses a partir del segundo set, que terminaría con un contundente resultado favorable para lo de la villa de Castelao. Mejoró ligeramente el juego del HIPESCAR en el tercer set. A pesar de ir la mayor parte del set 2-3 puntos por debajo en el marcador, los nuestros consiguieron llegar al momento caliente del mismo con opciones de llevarse la victoria. Una acertada acción de los rianxeiros en su ataque permitió anotarse el set por la mínima. Comenzaba el cuarto set, y los nuestros salían decididos a darle la vuelta a la situación adversa y demostrar porqué son el líder de la competición. No fue posible. Elevado nivel de bloqueo y acierto y continuidad en su contraataque fue el resumen del último parcial que se llevó merecidamente el CV Rianxo. No hay excusa, el rival fue superior y debemos hacer un correcto análisis de los errores cometido para no volver a repetirlos en el trascendental partido que los de Boiro afrontarán el próximo sábado en tierras viguesas ante un rival directo en la pele por esta competición.

Por el HIPESCAR BOIRO VOLEIBOL jugaron: Iván Souto "Pas", Narciso Abalo, Manuel Pérez, Critóbal Álvarez, Jesús Vázquez "Pivot", Óscar Gómez y Adrián Alves "Chicho" (líbero). Como reservas estaban Daniel Eiras, Ignacio Cibeira "Frigu", Miguel Vázquez, Gustavo Romero y Antón Pérez.

Pese al adverso resultado el HIPESCAR sigue al frente de la clasificación y conserva el liderazgo de esta 1ª División Nacional Masculina. Los rivales directos tuvieron suerte dispar en sus partidos, por una parte el Universidad de Valladolida vencía con solvencia al Zalaeta de Coruña por 3-1; en cambio el Club Vigo Voleibol sucumbía ante el Intasa San Sadurniño por un rotundo 3-0.

SEGUNDA DIVISIÓN A MASCULINA

REDESYL BOIRO VOLEIBOL descansa

SEGUNDA DIVISIÓN A FEMENINA

PROBOIN BOIRO VOLEIBOL descansa

LIGA GALLEGA JUVENIL MASCULINA

LIGA PROVINCIAL JUVENIL FEMENINA

AD XIRIA ASESORÍA CERVANTES 3 - 0 BOIRO VOLEIBOL (25-23, 25-17, 25-16)

Derrota en 3 sets de nuestras juveniles ante el líder de su categoría. El Boiro comenzó el primer set con acierto, buen ataque, buena posición, sobre todo en defensa, y buen saque. Todo el set estuvo marcado por la igualdad entre ambos equipos, y los cambios en el marcador, ya que en ambos consiguieron momentos con el marcador favorable en 3-4 puntos, que luego el contrincante rebajaba. Un set muy igualado, que pudo haber sido para cualquiera, pero que consiguió el Xiria. A partir de ahí el Boiro desapareció del partido. El juego de las nuestras estuvo marcado por la imprecisión, errores en ataque y fallos en recepción. El Xiria supo aprovechar esta circunstancia para alcanzar la victoria sin dificultades.

Por el BOIRO VOLEIBOL jugaron: Ana, Sara, Angela, Cati, Evelyn, Sheila e Iria (líbero). También viajaron Andrea, Adriana y Patri.
 

LIGA GALLEGA CADETE MASCULINA

REYCA BOIRO VOLEIBOL 3 - 0 STA MARÍA DEL MAR (25-23, 25-15, 25-18)

Contundente triunfo del REYCA Boiro Voleibol ante un rival directo de esta liga gallega. Los de Andrés Martínez empezaron el partido dubitativos, situación que aprovecharían los coruñeses para adelantarse en la mitad del primer set. A medida que se acercaban los momento decisivos de este primer parcial el REYCA mejoraba su juego para igualar el marcador y conseguir la victoria apoyándose en el orden defensivo y el acierto en contraataque de sus jugadores. En el segundo, los nuestros no daban opción a los visitantes. Orden táctica y acierto en su ataque por ambas bandas fueron las balas que usaron los boirentes para anotarse el parcial. Destacaron en este set Daniel Vázquez y Abel Sánchez. La tónica se mantenía en el tercero: los chicos de REYCA mostraron un juego bien organizado y con un alto porcentaje de acierto en su ataque, motivos más que suficientes para hacer perecer a los de Santa María del Mar. Destacados en este set fueron Ismael Martínez, Fran Dieste y Abel Sánchez.

Por el REYCA jugaron: Abel Sánchez, Daniel Vázquez, Xián Pérez, Ismael Martínez, Lois Vázquez y Fran Dieste. Como reservas estaba Óscar Refojo, Raúl Lojo y Alfonso Rey.

LIGA PROVINCIAL CADETE FEMENINA

BOIRO VOLEIBOL  FINAL DE COMPETICIÓN

 Esperamos mejoría en los fallos en las próximas jornadas, sobre todo el HIPESCAR, ante su próximo partido importante.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: este martes 1, o Mago Cali actúa para escolares no auditorio

Ribeira, 28 de febreiro de 2011. O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Riveira programa para mañá, en coa Secretaría Xeral de Normalización Lingüística e no marco do programa de dinamización Bocaberta 2010-2011 promovido desde a Xunta de Galicia, a realización da actividade “Contos de Maxia”, baseada no libro titulado “Contos de maxia” de Agustín Fernández Paz, consistente na realización dun espectáculo de promoción da lingua galega dirixido a nenos e nenas de 9 a 14 anos. A Editorial Xerais, editora do libro, é a encargada de promover e guiar esta actividade de dinamización lingüística, apoiándose para isto nos servizos de normalización lingüística dos concellos galegos. 

Co espectáculo “Contos de Maxia” ábrese a porta á imaxinación. As palabras convértense en fascinantes historia máxicas. O Mago Cali mostra, con sorpresa, humor, diversión e moita ilusión como con calquera palabra se pode facer maxia.  

Os 150 nenos e nenas que estarán mañá ás 12 horas no Auditorio van ser agasallados cun exemplar do libro no que se basea o espectáculo de maxia, “Contos por palabras”. Este volume contén un feixe de historias que parten de anuncios por palabras atopados nos xornais e que son aparentemente normais mais que dan lugar a historias sorprendentes. Os textos non só chaman a atención polo que neles acontece senón tamén polos seus protagonistas nos que se mesturan persoas normais con seres extraordinarios como un bruxo, unha unicornia, Drácula, Spiderman ou o home-lobo. 

Esta acción ten os seguintes obxectivos: 

   - Fomentar a creatividade en lingua galega.

    - Dar a coñecer nos máis novos o Auditorio Municipal como lugar de extensión da cultura galega.

    - Difundir a creación literaria e artística en galego.


 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: denuncian a desaparición dun petróglifo debaixo das obras da depuradora de Corrubedo

Ribeira, 28 de febreiro de 2011. O grupo municipal socialista presentou unha pregunta ante o Concello ao constatar que desapareceu debaixo dos restos das obras da depuradora o chamado "petróglifo da Pedra de Santiago".

Pregunta íntegra:

Sr. Alcalde/Presidente:
O Grupo Municipal do PSDG-PSOE de Ribeira, no transcurso dun seguemento rutinario das obras de instalación da Depuradora de Corrubedo, ven de comprobar a existencia dos feitos que de seguido se indican.

Unha comisión do PSDG-PSOE de Ribeira desprazouse na mañá de onte, domingo, 27 de febreiro de 2011, á parroquia de Corrubedo para, entre outros asuntos veciñais, comprobar a marcha das obras da Depuradora e canalizacións, nos terreos aledaños á Praia do Prado, á Punta do Prado e Pozo Salgueiro. Durante as comprobacións notaron que HABÍA DESAPARECIDO DA SÚA UBICACIÓN O GRUPO DE PETROGLIFOS DENOMINADO “DA PEDRA DE SANTIAGO”, e que xusto enriba dese punto estaban a operar maquinarias pesadas de excavación, presentando o lugar concreto signos ben visibles de remoción, trituración de rochas de gran volume e amoramento de escombro rochoso cercano. Dito grupo de petroglifos consistía nunha forma de espada, un serpentiforme e dúas formas en cazoleta ou media lúa (calificadas como de orixe medieval); e figuran, aparte de en varias fontes documentais e traballos de índole etnográfica, na propia páxina web do Concello de Ribeira; sendo considerados por este grupo municipal como elementos de indubidable valor patrimonial, histórico, cultural e turístico.
Este grupo municipal pode constatou igualmente que hai aínda poucas datas o mencionado petroglifo seguía no seu sitio con normalidade. En vista de tales feitos este grupo municipal, ademáis de solicitar ao goberno de Ribeira unha indagación sobre os mesmos, formula as seguintes preguntas:
¿SABE O GOBERNO DE RIBEIRA O QUE SUCEDEU CO GRUPO DE PETROGLIFOS DE CORRUBEDO DENOMINADO “DA PEDRA DE SANTIAGO”?
¿FÍXOSE O ESTUDO PREVIO SOBRE O TRAZADO DAS OBRAS QUE NO LUGAR CITADO SE ESTÁN A DESENVOLVER, DE CARA A PRESERVAR OS BENS  COÑECIDOS E/OU SE CONSIDERASEN PRESERVABLES?

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

25.2.11

Porto do Son: o instituto súmase á Semana das Curtas do 28 de febreiro ao 4 de marzo

Porto do Son, 25 de febreiro de 2011. A biblioteca do instituto de Porto do Son acollerá durante a semana que vén a proxección de curtametraxes e videoclips no marco da Semana das Curtas, unha iniciativa do Equipo de Normalización do IES Audiovisual de Vigo que conta coa colaboración da Coordinadora Galega de ENDL. A actividade, na que van participar máis de 80 centros e 10.000 estudantes de toda Galicia dende o luns 28 de febreiro até o venres 4 de marzo, preséntase como un festival en rede que trata de difundir a creación audiovisual galega e fomentar a lingua por medio de linguaxes atractivas para o alumnado, que pode participar activamente achegando as súas valoracións sobre as curtas, os videoclips e os documentais no blogue da Semana das Curtas.

Segundo explican dende o centro educativo sonense, "un centro como o noso, que impulsa a educación audiovisual dende as aulas, non podía faltar á cita. Por iso, durante os primeiros recreos do martes, mércores e xoves proxectarase unha selección de curtametraxes e videoclips, mentres que nas aulas pasaranse outros traballos que forman parte desta actividade".


Entre as curtas que se proxectarán está unha da que falamos o ano pasado aquí, e mesmo entrevistamos á súa directora. Trátase de Xudit Casas, celanovense que dirixiu "Sobre a morte do Bieito", baseada nun relato do escritor rianxeiro Rafael Dieste. Le a entrevista aquí

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Barbanza-Noia. a Deputación aprobou as obras para os concellos destas bisbarras, entre as que destacan as de Pazo Goiáns e arranxos de estradas en Porto do Son

Barbanza-Noia, 25 de febreiro de 2011. A Deputación de A Coruña celebrou esta mañá unha sesión plenaria ordinaria, a de febreiro, na que aprobou inversións en toda a provincia por valor de máis de 44 millóns de euros.

A Deputación destina 203.000 euros para a recuperación paisaxística de Goiáns

Entre os asuntos aprobados destaca o Plan de Obras e Servicios (POS 2011), cun orzamento de 26,3 millones de euros e que, por segundo ano consecutivo, permitirá aos concellos destinar ata o 50% do que lles corresponde a financiar o seu gasto corrente, co obxetivo de apoialos ante a actual situación de crise económica. Tamén aprobou a primeira fase do Plan de Cooperación cos Concellos (PCC 2011), por un monto de máis de 8,3 millones de euros para financiar 60 obras de saneamentos, alumeados ou abastecementos de auga en 41 concellos; e a primeira fase da anualidade 2011 do Proxecto Mandeo.

Estradas provinciais: inversión en Porto do Son

Adícase un orzamento de 1.438.272,78 euros para a ampliación da plataforma e mellora de trazado na DP 7103 de Laranga a Olveira por Seráns, P.K. 0 al P.K. 6,100.

Mercados locais: Ribeira, Noia, Porto do Son e Rianxo

O pleno provincial aprobou a primeira fase do Programa de Modernización de Mercados Locais das comarcas de Muros-Noia, Barbanza e O Sar, cun orzamento de 267.165 euros para financiar obras nos mercados de Noia, Porto do Son e Rianxo e redactar o proxecto do novo mercado de Ribeira.

Delegacións de competencias: Dodro

Dodro súmase á delegación á Deputación en materia de xestión, inspección e recaudación da taxa pola utilización privativa ou aproveitamentos especiais constituidos no chan, subsolo ou voo das vías públicas.

Relación de obras por concellos, segundo os plans:

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: programa de Entroido e Enterro do Toribiño

Ribeira: programa das actividades de Entroido organizadas polo Concello

Ribeira, 25 de febreiro de 2011. Esta mañá presentouse de xeito oficial a programación do Entroido que organiza a Concellería de Cultura e Festexos. Ademais do recollido no cartel, cabe engadir que hai 15 murgas e unha comparsa inscritas no festival do día 6 de marzo.

Relacionadas:


Festa: dos bolicos con viño tinto, este sábado 26


Obradoiro de cociña de Entroido: do 1 ao 4 de marzo


Murgas e comparsas: abría prazo ata o 22



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o PP insta á Consellería de Sanidade a que dote ao hospital comarcal de aparatos para facer diálise

Ribeira, 25 de febreiro de 2011. O PP de Ribeira presentou unha moción para que Sanidade avalíe a posibilidade de dotar ao Hospital da Barbanza de aparatos de diálise para que os pacientes afectados por doenzas do riñón non teñan que desprazarse ata Santiago como teñen que facer na actualidade.

Moción íntegra:

María Herminia Pouso Maneiro, Voceira do Grupo Municipal do Partido Popular neste Concello, presenta ante o Pleno da Corporación Municipal a seguinte moción interesando que o Hospital da Barbanza preste o servizo de diálise a todos os usuarios do municipio. 

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS: 

Un número importante de veciños e veciñas de Ribeira que deben someterse a un proceso de diálise vense obrigados a desprazarse ata Santiago de Compostela para recibir este servizo, ao non dispoñer a día de hoxe o Hospital da Barbanza de recursos suficientes para prestar atención á totalidade dos pacientes da comarca que precisan que se lles realice este tratamento. 

Ao feito de ter que desprazarse periodicamente máis de 60 quilómetros para recibir atención, súmase a inconveniencia de que os vehículos habilitados polo Sergas para trasladar aos pacientes van parando nos diversos puntos da comarca de onde proceden os usuarios, o que supón unha incomodidade engadida, especialmente no retorno 

Consciente disto, o Partido Popular de Ribeira quere solicitar á Consellería de Sanidade que realice os estudos e tome as medidas que estime oportunas para a ampliación do servizo de diálise do Hospital da Barbanza, de tal xeito que este centro sanitario preste atención a todas as persoas que así o precisen tanto en Ribeira como no resto da bisbarra, entendendo que isto redundaría positivamente na calidade de vida dos pacientes. 

Así e logo, o Grupo Municipal Popular somete a aprobación do Pleno a seguinte MOCIÓN: 

1.- Solicitar á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia que faga os estudos e adopte as medidas oportunas para que todos os veciños de Ribeira e da comarca que deban someterse a un proceso de diálise poidan facelo no Hospital da Barbanza.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: O Faiado, entre os 51 obradoiros artesáns que colaboran no catálogo de pezas galegas orientadas a agasallo institucional

O catálogo está composto por 65 propostas relacionadas coa cerámica, a xoiería, o vidro, a olería, a madeira, o téxtil, o coiro ou a encadernación, elaboradas por un total de 51 obradoiros artesáns, que se presentarán na embalaxe propia da marca Artesanía de Galicia


Boiro, 25 de febreiro de 2011. A Consellería de Economía e Industria continúa coa súa liña de impulso á comercialización do produto artesán galego, a través da introdución da marca Artesanía de Galicia en diversos mercados. Unha das primeiras iniciativas que pon en marcha neste ano 2011 é a creación dun catálogo de pezas artesanais, presentadas baixo o distintivo da marca, orientadas ao agasallo institucional ou corporativo. O obxectivo da Consellería é acadar a colaboración de entidades públicas e privadas en favor da promoción e da posta en valor do produto artesanal de calidade, feito en Galicia. Entre os obradoiros escollidos en toda Galicia atópase o boirense O Faiado, Restauración e Artesanía.

Pezas únicas

A través da Dirección Xeral de Comercio e da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, preséntase unha escolma de pezas únicas e especiais, amparadas pola marca Artesanía de Galicia, que contribuirá a abrir novas liñas de mercado non sempre accesibles aos artesáns. Trátase dunha selección de produtos que se irá incrementando co paso do tempo e que está tamén aberta ás peticións e ás necesidades específicas de cada entidade, de xeito que se poidan realizar pedidos aos artesáns incluídos no catálogo aínda que non se trate das pezas que nel se recollen.

Neste sentido, cómpre destacar as grandes posibilidades que ofrece a artesanía como valor engadido tamén como agasallo en Congresos ou Xornadas, ademais de como trofeo nos diferentes galardóns que son convocados anualmente na nosa Comunidade Autónoma.

O catálogo está composto por 65 propostas relacionadas coa cerámica, a xoiería, o vidro, a olería, a madeira, o téxtil, o coiro ou a encadernación, elaboradas por un total de 51 obradoiros artesáns, que se presentarán na embalaxe propia da marca Artesanía de Galicia.

Os obradoiros, ademais de O Faiado de Boiro, que participan nesta primeira edición do catálogo son: Maysil Artesanía y Diseño (A Estrada), Mª Dolores López Vázquez (Monforte de Lemos), Rosa Méndez (Teo), Polo Enríquez. Vidrieras Artísticas (Cambre),  Santín (Cambre), Media Lúa. Artesanía en Coiro (Santiago de Compostela), Elena Ferro (Vila de Cruces), Centro de Recuperación de Cultura Popular Castelo de Sobroso (Ponteareas), Códice (A Coruña), Josefa López Maldonado (Ribadavia), Isabel Somoza (Lugo), Xabier de Sousa Alonso (Vigo), Ana Camba. Cerámica de Autor (Chandrexa de Queixa), Fernando Porto. Cerámica e prata (A Estrada ), El Reflejo (A Coruña), Estrella Novo Macía (Sada), Xorima (Teo), Artesanía Ferradáns (A Estrada), Nacho Porto Cerámica (Carnota), Fundación Terra Termarum Castrolandín (Cuntis), Obradoiro Taxus (Vilarmaior), Josefa Lombao (Outeiro de Rei), Alfarería Agustín de Niñodaguia (Xunqueira de Espadañedo), A Reitoral de Gundivós (Sober), Olería Aparicio (Malpica de Bergantiños), Barreiros Artesanía (Nogueira de Ramuín), Regal Cerámica (Viveiro), Pilar Piñeiro (Cangas), VM Artesanía Cerámica (A Coruña), José Ángel Cousillas Bermúdez (Laxe), Orfega (Santiago de Compostela), Pablo Leal (Teo), Docampo Cerámica (A Coruña), Silvereira (Teo), Ana Martínez Gómez (Cambre), Arela de Fe. Taller de Xoiería Creativa (A Guarda), Ardentia (Bergondo), Marta Armada. Diseño de Joyas (Vigo), Eira Cerámica Artesá (Cesuras), Druída. Plata de Autor (A Estrada), Rosa Higuero (Cabanas), Teresa Rego (A Coruña), Anna Champeney Estudio Textil (A Teixeira), Liño de Galicia (Baio), Asociación de Palilleiras Nosa Señora da Barca (Muxía), Encaixes Mónica Pose (Camariñas), Asociación de Padres para la Formación de Jóvenes Límite (A Coruña), Taller Arbor (Vilamarín), Asociación de Palilleiras As Nemanquiñas de Vimianzo (Vimianzo), Concha Outeiriño (Ourense).

O eido do agasallo institucional e corporativo supón unha interesante oportunidade de desenvolvemento para un sector coma o artesán, cuxa heteroxeneidade e riqueza supoñen ao mesmo tempo unha vantaxe para as entidades que decidan apostar por este tipo de pezas. Esta nova iniciativa da Consellería de Economía e Industria supón un paso máis no apoio á comercialización da artesanía galega e que contribuirá sen dúbida a converter Artesanía de Galicia nunha marca de prestixio e nun referente de calidade en calquera mercado.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: o feminismo de Rosalía de Castro, nunha charla o xoves 3 de marzo a cargo de Pilar García Negro

Dentro dos actos de conmemoración do Día Internacional da Muller Traballadora

Rianxo, 25 de febreiro de 2011. O Bng local acaba de informar na súa bitácora que o xoves 3 de marzo, ás 20.30 h., no Cuartel Vello de Rianxo, haberá ocasión de escoitar á escritora e profesora Pilar García Negro nunha charla sobre Rosalia de Castro.

Pilar García Negro gañou coa monografía "Clamor de rebeldía. Rosalía de Castro: ensaio e feminismo " o premio Vicente Risco de Investigacións Sociais do 2010, agora publicado pola editorial Sotelo Branco. "A todos e todas as que veñades habemos gozar deste acto dunha das voces máis autorizadas sobre Rosalía analizada desde unha óptica feminista e de servizo ao País. Presenta a nosa voceira, Adelina Ces", explican os nacionalistas rianxeiros. 

Organiza este acto o BNG de Rianxo, dentro dun programa arredor do 8 de Marzo, Día Internacional da Muller Traballadora.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra do Caramiñal: o Xantar de Confraternidade da Terceira Idade é o 29 de abril


Non faltará misa solemne na igrexa de Santiago do Deán

A Pobra do Caramiñal, 25 de febreiro de 2011. O vindeiro día 29 de abril terá lugar no pavillón polideportivo de Venecia o tradicional Xantar de Confraternidade da 3ª Idade que o Concello da Pobra do Caramiñal celebra cada ano.

     O programa de actos será o seguinte:

     Ás 12:00 – Recepción de autoridades no concello coa asistencia, como vén sendo habitual, da Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, o Alcalde e demais autoridades.

     Ás 12:30 – Misa Solemne na igrexa parroquial de Santiago do Deán (Castelo).

     Ás 14:30 – Xantar de Confraternidade no pavillón polideportivo de Venecia.

     Ao remate haberá baile amenizado pola orquestra Odisea.

Para anotarse: dende o luns 28

     Calcúlase que asistirán máis de 1.000 persoas e para anotarse ao xantar deberán pasar a partir do vindeiro luns día 28 de febreiro polas oficinas do concello ou polo centro sociocomunitario.

Excursión a Santiago o 1 de abril

     Noutro orde de cousas, o vindeiro 1 de abril programouse unha excursión a Santiago de Compostela para visitar o Parlamento de Galicia, onde serán recibidos os participantes pola Presidenta do mesmo, Pilar Rojo que exercerá de cicerone das instalación. Posteriormente irase á Cidade da Cultura onde se poderán visitar os edificios xa inaugurados, Arquivo e a Biblioteca de Galicia.

     Os interesados en asistir a esta excursión poden acudir para anotarse ás oficinas do concello a partires de vindeiro luns día 28 de febreiro.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Porto do Son: o alcaldable polo Psoe preséntase o venres 4 de marzo

Porto do Son, 25 de febreiro de 2011. O grupo municipal socialista de Porto do Son anuncia que o candidato á alcaldía por esta formación e concello, Xoán Pastor Rodríguez Santamaría, vai ser presentado de xeito oficial o vindeiro venres 4 de marzo, ás oito e media da tarde na sede do PSdeG sonense, que está na rúa Camiño Novo, número 3.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

24.2.11

A Pobra do Caramiñal: os socialistas presentan unha moción para que se favoreza a transición a colexios dixitais

A Pobra do CAramiñal, 24 de febreiro de 2011. Segundo o Psoe da Pobra, "os colexios de Educación Primaria deste pobo non están preparados en materia de infraestruturas para poñer en marcha a Escola 2.0 (proxecto Abalar), que noutros pobos de Galicia se está implantando con garantías de éxito, nin tan sequera contan con redes wifi de conexión inalámbrica a internet". Por este motivo presentan unha moción para que se arranxen estas deficiencias.


"A atención que acaparou o proxecto ABALAR, os requirimentos de apoio e aclaracións por parte do profesorado, o estudio dos equipamentos, a posta a punto, e a preocupación que ten a comunidade educativa da Pobra por carecer nos seus centros da instalación eléctrica necesaria para poder implantar dito programa fai imprescindible que, de forma inmediata, se apoie desde o concello as súas reivindicacións ca finalidade de lograr que a Consellería de educación faga as reformas da instalación a maior brevidade. Si a actuación é inmediata estase apoiando tamén as familias para que conxuntamente con alumnado e profesorado se poida conseguir o cambio do centro educativo tradicional a centro educativo dixital, favorecendo a modernización e o rol de cada membro da comunidade educativa neste proceso", conclúen.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: a primeira fase da rede de colectores suporá unha inversión de 4,5 millóns de euros

O Consello da Xunta autorizou na súa reunión de hoxe o acordo polo que se aproba a colaboración técnico-financeira da Xunta de Galicia co Concello de Noia e polo que se autoriza o gasto para a execución da primeira fase da rede de colectores xerais en Noia

Noia, 24 de febreiro de 2011. A finalidade deste proxecto é mellorar as condicións de funcionamento da rede de saneamento de Noia. Lograrase así o saneamento e depuración das verteduras, evitándoas á ría de Noia. O proxecto recolle a execución dun colector interceptor xeral que permita derivar todas as augas fecais á estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Noia. Tamén se proxecta a implantación dunha primeira fase de rede de colectores de augas pluviais que posibilite a evolución cara unha rede de saneamento separativa.

As infraestruturas previstas son un colector interceptor norte dividido en dous tramos, cun total de 423 metros e a reparación dunha bomba existente, un colector interceptor sur dividido en 11 treitos cunha lonxitude de 2.636 metros, a execución de dúas bombas de nova planta e a construción de catro bombas novas sobre outros existentes.

Os traballos desta primeira fase centraranse na reconstrución do colector interceptor xeral de forma completa, tanto as conducións, como o sistema e bombeos e alivios, de forma que deriven as augas en tempo seco cara á EDAR municipal. Para iso actúase sobre todos os tramos do colector interceptor, a excepción do tramo máis próximo á EDAR, situado na marxe sur do interceptor, entre a última bomba e a depuradora, tramo que se mantén nas súas actuais características.

Co obxecto de minimizar o bombeo das augas do sistema de saneamento en tempo seco, débese reducir a contaminación de augas limpas que se produce sobre a devandita rede unitaria nese tempo seco. Detectáronse tres zonas de achega en tempo seco importantes, unha localizada sobre a zona do Estado de San Lázaro, outra no barrio de Labarta e outra na zona da Horta da Zapateira.

Na primeira e última zona constrúense colectores interceptores de pluviais, que posibilitan a recondución de augas pluviais que proceden de dous regatos que se atopan agora mesmo canalizadas sobre a rede xeral unitaria.

Na zona do barrio de Labarta a achega de augas limpas en tempo seco ten unha orixe indeterminada, xa que non se pode identificar unha achega concreta, debido á magnitude da rede secundaria que acomete sobre a zona, e ao seu grao de urbanización. É precisa a construción dunha rede interceptora de pluviais extensa, que se estende ata o barrio de vista Alegre. O dito colector funcionará no futuro como parte estruturante de toda a rede de pluviais nun esquema separativo e, na rede actual, como alivio co obxecto de derivar a punta de augas menos contaminadas e que non entre sobre a rede interceptora unitaria. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas considera que a poboación conectada á rede será de 23.061 habitantes.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o alcaldable polo PP, Manuel Ruiz, preséntase de xeito oficial este venres 25

Estará apoiado polo Conselleiro de Medio Ambiente e o presidente provincial do seu partido

Ribeira, 24 de febreiro de 2011. A Casa do Mar de Santa Uxía acubillará mañá, venres 25 de febreiro, ás 20.30 horas, o  acto de presentación de Manuel Ruiz Rivas como candidato polo Partido Popular á Alcaldía de Ribeira. 

Este acto contará coas intervencións de José Luis Torres Colomer, actual alcalde do municipio e senador; Agustín Hernández Fernández de Rojas, conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia; Carlos Negreira Souto, presidente provincial do PP da Coruña, e o propio Manuel Ruiz Rivas. 

Tamén  van estar presentes neste evento os distintos alcaldables da comarca polo PPdG e o secretario de organización do PP de A Coruña, Diego Calvo.

Antes publicamos:


Política: alcaldable polo PP, Ruiz Rivas

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Sanidad: Barbanza y Noia se suman al Día Mundial de las Enfermedades Raras con mesas informativas

Download now or preview on posterous
CARTEL A4.pdf (163 KB)

En Noia habrá una este domingo 27 de febrero; en Ribeira el lunes 28 y en Boiro el martes 1 de marzo.

Barbanza-Noia, 24 de febrero de 2011. EL 28 de febrero es el Día Mundial de las Enfermedades Raras (EERR), FEGEREC organiza su campaña anual de sensibilización con el fin de hacer llegar a todos los sectores de la ciudadanía gallega, la necesidad y derecho constitucional, de un trato equitativo hacia las personas que padecen una ER y sus familias.

   FEGEREC es una entidad sin ánimo de lucro de ámbito gallego, que tiene su sede en el centro García Sabell de A Coruña, con CIF: G 70218128, y nº de registro: 2009/000201-2 (SC), que  nace con el objetivo principal de mejorar la calidad de vida de los enfermos con este tipo de patologías y sus familias, dedicando gran parte de sus esfuerzos  a abordar de forma integral y multidisciplinar, la problemática sociosanitaria que conlleva padecer este tipo de enfermedades, así como darles visibilidad  ante la ciudadanía. 

   A día de hoy la Federación es una entidad que agrupa a las siguientes Asociaciones : Asociación Gallega de Ataxia, Fibrosis Quística, Lupus, Esclerosis Lateral Amiotrófica y Coruñesa de Esclerosis Múltiple. En el primer trimestre del 2011 se integrarán en dicha Federación las Asociaciones Gallegas de Retinosis Pigmentaria y Linfedema, y la Delegación Española de Arnold Chiari. 
 

   Las EERR, minoritarias, o poco frecuentes, son aquellas con peligro de muerte o invalidez crónica, que tienen una prevalencia menor de 5 casos cada 10.000 habitantes. La mayoría de ellas son enfermedades genéticas; otras son tumores poco frecuentes; enfermedades autoinmunitarias; malformaciones congénitas; o enfermedades tóxicas o infecciones, entre otras categorías. 

   Se estima que existen entre 5.000 y 8.000 EERR diferentes, que afectan a los pacientes en sus capacidades físicas, habilidades mentales, y en sus cualidades sensoriales y de comportamiento. Así, ante esta polisintomatología, es frecuente encontrarnos en una misma persona  con minusvalía múltiple. Es necesario tener en cuenta, que el cuidador principal de una persona con una ER, que en nuestro país suele recaer sobre un miembro de la familia, acabe, con el paso del tiempo, no padeciendo una ER, pero si presentando y padeciendo clínica en el ámbito biopsicosocial.  

   Unos 30 millones de personas tienen una ER en Europa, aproximadamente 3 millones en España, y unas 200.000 personas en Galicia. 

   Entre los problemas y necesidades más comunes a los que se enfrenta una persona con una ER y su familia, nos encontramos los siguientes: 

  • Demora en el diagnóstico definitivo (con una media establecida en 5 años)
  • Falta de información de su patología, tratamientos, ayudas…, por parte de los profesionales implicados en su proceso de salud.
  • Carencias en el acceso a una atención sociosanitaria desde un enfoque integral y multidisciplinar, acorde a las necesidades de cada caso.
  • Falta de equidad en el acceso a cubrir sus necesidades en el ámbito médico, social, educativo, laboral… con el resto de la ciudadanía, e incluso a veces en función del lugar donde uno vive.

ACTOS DE FEGEREC CON MOTIVO DEL DÍA MUNDIAL 

  • 34 mesas de información y recaudación en diferentes puntos de toda la geografía gallega.
  • 28/02/211. Participación en el Foro de la Escuela Gallega de Salud para ciudadanos sobre Enfermedades Raras , de la Consellería de Sanidade.
  • 25/02/2011.Rueda de Prensa del Colegio Oficial de Farmaceúticos de La Coruña, a las 10.00 hs., en el Hotel Attica 21,  presentando  la Campaña de Apoyo a las Enfermedades Raras.
 

MANIFIESTO DE LA FEDERACIÓN GALLEGA DE ENFERMEDADES RARAS E CRÓNICAS 
 

   Los puntos que reivindicamos de cara a la sociedad en general, y a la Administración en particular 

  1. Reducir la demora de tiempo en obtener un diagnóstico precoz, donde se garantice recibir la información adecuada a la hora de acceder al mismo, mejorando y entrenando con los medios apropiados, a los profesionales responsables de la revelación del diagnóstico. Aunque el impacto sobre la esperanza de vida se reduzca significativamente en un nº importante de EERR, otras son compatibles con una vida “normal” si son diagnosticadas a tiempo y tienen tratamientos adecuados.
  1. Que no exista desigualdad en la disponibilidad del tratamiento y cuidado, viva uno donde viva, o tenga el diagnóstico que tenga. El 85% de las EERR necesitan terapias largas o permanentes (rehabilitación funcional, apoyo y tratamiento psicológico…), constituyendo en no pocas ocasiones, el único tratamiento para atenuar el curso invalidante de estas enfermedades. Este tipo de tratamientos son asumidos de manera sostenible, en más del 80% de los casos, por Entidades del Tercer Sector.

         El alto coste de los pocos medicamentos existentes y cuidados, unidos al gasto adicional de hacer frente a la enfermedad, en términos tanto de ayudas humanas como técnicas; junto con la falta de beneficios sociales y reembolsos, causa un grave empobrecimiento de la familia, y el incremento de la desigualdad en el acceso al cuidado.  

         Proponemos la cobertura pública a las prestaciones  de fármacos específicos, excluidos  de financiación. Que dentro de la nueva reforma de la seguridad social, se contabilice  el tiempo dedicado al cuidado de las personas dependientes a consecuencia de su enfermedad, en la vida laboral del familiar cuidador. Son muchas las personas que se ven obligadas a dejar su trabajo total o parcialmente, para dedicar ese tiempo a la atención y cuidados necesarios para el bienestar del familiar dependiente, dando además un servicio a la sociedad que, de otra forma, no se podría asumir. 

  1. “Justicia Social” que garantice la equidad para los pacientes y sus familias a la hora de dar cobertura a sus necesidades (sociales, sanitarias, educativas, laborales...), en igualdad con el resto de los ciudadanos, de acuerdo con lo que estipula la Constitución Española, a favor de la libertad y la igualdad.
  1. Necesidad de que las EERR sean una prioridad en la salud pública gallega.
  1. Mejorar la coordinación y coherencia de las iniciativas y protocolos de actuación en cuanto a diagnóstico, tratamiento, prestaciones, programas sociales y educativos e investigación, ya no sólo dentro del territorio nacional, sino dentro de la propia Comunidad Autónoma.
  1. Derecho al consejo genético, a la maternidad/paternidad, y a tener disponibles los medios para tener hijos libres de las patologías que padecemos.
  1. Teniendo en cuenta que más del 50% de estas enfermedades tiene comienzo en la niñez, consideramos que la población infantil y los jóvenes, merecen una consideración especial.
  1. Necesidad de dar un mayor impulso a la investigación, con incentivos por parte de fondos de la Administración, a aquellos sectores de los que depende el desarrollo de los medicamentos.
  1. Cooperación internacional, que favorezca una investigación menos fragmentada y más coordinada entre los laboratorios de investigación, evitando la duplicidad innecesaria de la misma.
  1. Existe en el momento actual una gran preocupación y temor ante el reordenamiento de la Cajas de Ahorro, ya que sus Obras Sociales son un apoyo y fuente de recursos suplementaria  para el tercer sector. Para muchos colectivos de enfermos crónicos, entre otros, suponen un pilar básico a la hora  de poner en marcha, desarrollar  y/o mantener, iniciativas dirigidas a mejorar la calidad de vida de colectivos como el de las EERR
  1. Creación de  un Centro, servicio y Unidad de Referencia (CSUR) para dar una atención integral y multidisciplinar a los afectados y potenciar la investigación en este tipo de patologías.
  1. En 1998 la Unión Europea dictó una Recomendación a los Estados miembros sobre la creación de una tarjeta de aparcamiento para las personas con movilidad reducida.

           Esta tarjeta permite a la persona discapacitada (o, si no conduce, al conductor que le acompañe) aparcar sin ser multada en las zonas restringidas de todos los países y municipios; puede estacionar en las plazas reservadas para este colectivo, en las zonas de carga y descarga, y también de forma gratuita en las zonas de parquímetros azul y verde.  

      Ningún ayuntamiento gallego, que nosotros sepamos, adoptó esta normativa, solo se creó la uniformidad de la tarjeta europea, pero no la normativa. 

  1. Que el sueño del progreso científico que garantice un diagnóstico precoz y tratamiento, deje de ser un sueño y comience a ser una realidad.
Mesas informativas:
 
Localidad Lugar Día Hora
Noia c/Comercio intersección con Puerta de la Villa 27 febrero 10:00a 14:00
Ribeira Rua de Galicia(Peatonal) 28 febrero Solo mañana
Boiro Rua Francisco Romero del Rio 1 de Marzo 10:00 a 14:00

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o PP presenta unha moción para arranxar os deslindes de Areeiros e Palmeira Norte


Ribeira, 24 de febreiro de 2011. O Partido Popular de Ribeira, na actualidade gobernando neste concello, leva no próximo pleno unha moción na que se insta ao Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Marino a que arranxe os deslindes de Os Areeiros e Palmeira Norte para que se estableza unha nova zona de servidume de protección de 20 metros.

Moción íntegra:

María Herminia Pouso Maneiro, Voceira do Grupo Municipal do Partido Popular neste Concello, presenta ante o Pleno da Corporación Municipal a seguinte moción con relación ao deslinde de Costas nos núcleos situados nos Areeiros e en Palmeira Norte.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

Son de todos coñecidos os antecedentes que conduciron a que dous núcleos de poboación situados en Riveira (Os Areeiros na parroquia de Castiñeiras e o tramo comprendido entre a Praia do Casqueiro e o termo da Pobra, na zona norte de Palmeira) estean afectados por sendas servidumes de protección de 100 metros, coas conseguintes restricións e limitacións que isto supón.

Este Goberno Local sempre entendeu que os dous asentamentos de poboación antes citados eran xa urbanos con anterioridade á Lei de Costas de 1988 ao dispoñer de todos os servizos esixidos para ser considerados como tales (alcantarillado, acceso rodado, abastecemento de auga e subministro de enerxía eléctrica), e que por tanto a zona de servidume que se debería ter aplicado era a de 20 metros.

Tras unha longa loita veciñal e moitas peripecias xurídicas, esta mesma semana acabamos de saber que o Goberno central renuncia a presentar un recurso de inconstitucionalidade contra a Lei 2/2010 de medidas urxentes de modificación da Lei Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia: unha decisión que deixa a porta aberta á legalización destes e doutros núcleos costeiros situados en Galicia.

É este sen dúbida un importante paso adiante, e dende a Corporación Local de Riveira queremos que a Xunta de Galicia e o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño aborden especificamente os casos de Areeiros e Palmeira Norte, de tal xeito que se respecten eses núcleos de poboación, se recoñezan os dereitos dos seus veciños e, en definitiva, se trace un novo deslinde establecendo unha nova zona de servidume de 20 metros.

Por todo isto, o Grupo Municipal do Partido Popular somete a aprobación do Pleno a seguinte MOCIÓN:

1.- Instar tanto ao Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño como á Xunta de Galicia a que traten especificamente os casos de Areeiros e Palmeira Norte, anulando os deslindes existentes e establecendo unha nova zona de servidume de protección de 20 metros.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical