30.3.10

Prazo de inscrición para ir A Coruña e Betanzos

O Departamento de Servizo Sociais de Riveira informa de que hoxe luns, día 29 de marzo, iníciase o prazo de inscrición para participar na segunda das Saídas Culturais para Maiores que organiza a Concellería de Igualdade, Acción Social, Maiores e Dependencia, e que terá a zona de A Coruña e Betanzos como puntos de destino. 

Esta excursión desenvolverase o día 16 de abril. O itinerario da ruta comezará na estación de autobuses de Riveira ás 8 horas coa recollida dos participantes e o seu traslado á Coruña. Os primeiros dous puntos da cidade herculina que serán visitados serán o Aquarium Finisterrae (10 horas) e o Domus (11.30). Acto seguido percorrerase o Monte de San Pedro e pasearase pola zona histórica e a praza de María Pita, sede da Casa Consistorial. 

Ás 14 horas terá lugar a comida e pola tarde a expedición tomará camiño a Betanzos previo paso polas localidades de Santa Cruz, Mera e Sada. Unha vez chegada á localidade betanceira percorrerase a súa zona histórica. 

O prezo por participar é de 20 euros por persoa. Os maiores interesados en tomar parte nesta excursión, a primeira das seis que integran as Saídas Culturais 2010, deben presentar as súas solicitudes no Departamento de Servizos Sociais, sito na rúa de Correos nº5 de Santa Uxía (números de teléfono 981 874 131 e 981 873 409). 

O prazo de inscrición remata o día 13 de abril.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Riveira: Campamento Urbán da Semana Santa

Luns 29 de marzo. 

10.00 h. Recepción dos participantes no pavillón polideportivo de Coroso.

10.30 h. Xogos de presentación e coñecemento no polideportivo.

11.30 h. Actividade física no medio natural e xogos predeportivos na Praia de Coroso. (Esta actividade houbo que trasladala para o pavillón de Coroso polas condicións climatolóxicas).

13.30 h. Comida no Pavillón de Coroso.

14.30 h. Obradoiros no pavillón de Coroso para preparar a festa do último día, que versará sobre o mundo dos INDIOS. Os obradoiros a levar a cabo son:

  • Elaboración de disfraces.
  • Elaboración de colares.
  • Construcción de hachas con material de refugallo.
  • Construcción de tipis (vivendas habituais dos indios).
  • Construcción dun Toten.
  • Preparación dos distintos xogos e a ambientación a desenvolver o último día.
  • Preparación de cancións e coreografías para o último día.

16.30 h. Gran Xogo. “Misión Imposible”

Tiñamos previsto facer un gran xogo polas rúas de Riveira, pero foi imposible debido ao mal tempo. Ao final fixemos “Misión Imposible” no pavillón de Coroso.

18.00 h. Acaban as actividades do día en Coroso e chegan os papás e mamás. 

Martes 30 de marzo. 

10.00 h. Recepción dos participantes no pavillón polideportivo de Coroso.

10.30 h. GRAN XOGO POLA NATUREZA. “Rastrexo Indio” Os nenos e nenas participantes terán que ir seguindo as pistas deixadas polo grande xefe “Touro Sentado”. As pistas estarán pintadas e haberá algunhas mensaxes escondidas que terán unhas coordinadas que os participantes terán que superar con axuda dunha brúxula. Os nenos e nenas irán sempre acompañados por monitores.

As zonas que recorrerán son:

Praia de Coroso, Avda da Paz, Pedra das Cabras, Muíños de auga rematando no Muíño de Colondro, Carballa, Deán Grande, Colexio de Deán Grande e Paseo Marítimo de Coroso.

13.00 h. Comida no Merendeiro de Coroso.

14.00 h. Continuación dos obradoiros do día anterior.

16.00 h. GRAN XOGO POLA CIDADE. “Captura ao gran xefe Indio”

Neste xogo polas rúas, prazas e parques de Riveira os nenos e nenas participantes aprenderán a nosa cultura, o nome dos monumentos que temos, lendas e historias, sobre embarcacións tradicionais, as antigas salazóns, sobre os pazos,...

18.00 h. Acaban as actividades do día na praza do concello e chegan os papás e mamás. 
 

Mércores 31 de marzo. DÍA INDIO. 

10.00 h. Recepción dos participantes no pavillón de Coroso.

10.30 h. Rota de sendeirismo ata o centro de Riveira (Praza do Concello).

11.00 h. GRAN XOGO POLA CIDADE. “Búfalo Sagrado”. Os nenos e nenas participantes terán que ir por distintas rúas e prazas do concello (guiados por un mapa), sempre acompañados por monitores, e interactuando cos viandantes ir superando distintas probas para atopar todas as pistas que necesitan para conseguir rematar o gran xogo.

Fomentarase positivamente a educación viaria e o respecto cara ás persoas alleas ao xogo.

13.00 h. Comida na Praza do Rueiro (encima do parking).

14.00 h. Montaxe na Praza do Concello do campamento Indio.

16.00 h. CERIMONIA INDIA.

Nesta cerimonia recrearemos o paso de neno/a indio/a a adulto/a. Toda a Cerimonia será guiada polo Grande Xefe da Tribu.

Aqueles que o consigan pasarán a pertencer ao Consello de Tribu. Para ilo terán que superar as probas que lle fagan os grandes espíritos da Guerra, do Sol, da Lúa, da Terra,... e así gañar as plumas e as hachas que os converterán en adultos e pasarán a formar parte do Consello de Tribu.

Para rematar cantarán todos xuntos a canción india Arinuki.

18.00 h. Acaban as actividades do día na praza do concello e chegan os papás e mamás. 
 
 

Nota: En caso de choiva toda a programación sufrirá variacións e estaremos no pavillón polideportivo de Coroso.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

PSdeG (Lage Tuñas) TDT gastos mantemento concellos arousa norte-noia-muros

 
 

José Manuel Lage reclama que “nin os concellos do Barbanza nin os cidadáns asuman ningún custe para acadar a extensión da cobertura”

-O deputado do PSdeG propón a cobertura vía satélite nas “zonas de sombra de Arousa Norte, Noia e Muros”, estimadas no 2 por cento do territorio autonómico

-Lage Tuñas dixo hoxe que “para os socialistas galegos a cobertura universal de TDT é un obxectivo irrenunciable e imos a ser exixentes coa Xunta de Galicia no cumprimento dos acordos acadados co Ministerio de Industria”

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2010. O Viceportavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Manuel Lage, presentou unha Proposición non de Lei en Comisión na que reclama á Xunta que asuma os custes do mantemento e equipamento para o desenvolvemento da TDT nos concellos de Arousa Norte, Noia e Muros.

Lage Tuñas reclama que “nin as corporacións locais nin os cidadáns teñan que asumir ningún custe para acadar a extensión da cobertura”.

O parlamentario socialista reclama o cumprimento do convenio de colaboración asinado entre a Xunta e o Goberno central en decembro de 2008, polo que o goberno autonómico recibiu “unha importante partida económica do Ministerio de Industria para asumir os gastos de mantemento dos equipos de TDT que está instalando nos concellos”.

Deste xeito debe financiar “todas cantas actuacións sexan necesarias para o desenvolvemento do Plan de Transición” como recordaban hoxe dende o PSdeG.

Lage Tuñas puntualiza que “para os socialistas galegos a cobertura universal de TDT é un obxectivo irrenunciable” e amosouse “sorprendido” pola “intencionalidade da Xunta de Galicia de implicar aos concellos no financiamento de determinadas operacións de desenvolvemento do Plan, especialmente o que atinxe ao mantemento futuro dos equipos e gastos de operación”.

O deputado do PSdeG lembra que os concellos “terían que asumir novos custes sen dispoñer de recursos suficientes”.

Sinal satélite

O parlamentario socialista reclama ao executivo autonómico que garanta a chegada do sinal da TDT a todo o territorio autonómico antes do 1 de abril de 2010, por canto o 3 de abril é a data límite para o definitivo apagón analóxico.

Deste xeito, Lage Tuñas propón que a Xunta recorra ao satélite para facer posible que tamén as chamadas “zonas de sombra” existentes en Arousa Norte, Noia e Muros, poidan recibir o sinal de TDT correctamente.

O Viceportavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia considera que a administración autonómica “ten que facer un esforzo para acadar o obxectivo da cobertura universal” tamén nestas zonas que ficarán sen sinal de televisión e que estímanse nun 2 por cento do territorio da Comunidade Autónoma.



Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

REMATE DO CURSO DE PIANO, MÚSICA DE CÁMARA E COMPOSICIÓN

IMPARTIDO POLO MESTRE CUBANO ANDRÉS ALÉN NO CONSERVATORIO DE RIVEIRA  

O Conservatorio Profesional de Riveira está dando cabida dende o día de onte ao Primeiro Curso de Piano, Música de Cámara e Composición a cargo do reputado mestre cubano Andrés Alén. 

Neste curso están participando máis de 20 alumnos activos e outros tantos oíntes, procedentes de diversos Conservatorios de Música de Galicia. 

A última xornada do curso desenvolverase mañá entre as 10 e as 14 horas, e a continuación terá lugar a clausura. 

O curso vai dirixido a docentes do Corpo de Música e Artes Escénicas e a alumnos de Grao Elemental, Profesional, Superior e Posgrao. 

Grammy Latino

Como pianista concertista, Andrés Alén ten ofrecido recitais nas principais salas de concerto de Cuba, Polonia, Rusia, Alemaña, Checoslovaquia, Arxentina, Bolivia e España. Actuou como solista coas orquestras sinfónicas de Cuba. Foi nominado ao Premio Grammy Latino 2001 polo seu ced “Andrés Alén Pianoforte”. Na actualidade é profesor da Escola de Música Creativa de Madrid. 

Máis información en www.myspace.com/andresalen 

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Selección Infantil de Futbol de Riveira en Portugal

DISPUTARÁN UN TROFEO INTERNACIONAL DURANTE ESTA SEMANA SANTA


A Selección Infantil de Fútbol de Riveira participará esta Semana Santa no XII Trofeo Internacional de Futebol Sub 14 “Gaiajovem 2010”, que se desenvolverá na localidade portuguesa de Vilanova de Gaia os días 2 e 3 de abril.

Con tal motivo, o equipo riveirense partirá da cidade barbanzana pasado mañá, xoves 1 de abril (ás 13 horas dende a Estación de Autobuses) rumbo á cidade lusa, co fin de facer un “digno papel” nesta competición internacional na que xogan por primeira vez.

Segundo desvelou o concelleiro de Deportes, Miguel Ángel Vidal, o equipo estará adestrado por Miguel Iglesias Romero (do Club Xuventude de Aguiño) e José Manuel Mostera Rey (do Club Atlético Oleiros).

Formarán parte da expedición os seguintes 18 xogadores: por parte do Carreira CF, Juan José Cadabal Gago; por parte do Atlético Riveira, Aitor Castro Vidal, Alejandro Regueira Sampedro e Óscar Rioboo Cacabelos; do Atlético Oleiros xogarán Jorgue Romay Santamaría, Juan Bautista Santos Sampedro e Daniel Carnota García; polo Xuventude Aguiño, Juanma Baamonde Villar, Marcos Tobío Parada, Gustavo Gude Arnoso, Gonzalo Vilas González, Alberto Fernández Costids, Santiago Moledo Santana, Manuel Ángel Sampedro Romano, Xulio Vázquez Andrade e Adrián Carnota Patiño. Por último, representando ao Sálvora CF figuran Ignacio Abelleira Paz e Juan José Vidal Pérez.

A selección de Riveira está encadrada na serie A do torneo, na que tamén figuran a selección local de Gaia (coa que se estreará xogando o día 2 de abril ás 10.30 horas), a selección Peso da Régua (11.30 horas), e o PCF Ourense (17.30 horas).

Na serie B están incluídas as seleccións de Albufeira e de Matosinhos, a escola de Santander e o equipo de Vilagarcía de Arousa.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Concerto de Trompa

2º dos concertos do Ciclo "Música de Cámara 2010" - Concerto de Clausura do I Curso de Trompa que terá lugar o vindeiro mércores 27 de marzo ás 21:00, no Auditorio de Rianxo, e que organiza a Escola de Música de Rianxo.

José Manuel González Diego, trompa da Orquestra Sinfónica de Castilla e León, foi o encargado de impartir o curso a 16 alumnos/as dende o 29 ao 31 de marzo.

Rafael Varela
Presidente da Escola de Música de Rianxo



Download now or preview on posterous
TROMPA2010.pdf (624 KB)

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

29.3.10

COMUNICADO DE PRENSA SOBRE A ACTUACIÓN DO GOBERNO PSOE-BNG NO DESLINDE CO CONCELLO DE PADRÓN

(Nota de prensa do PP)

4244957941_63fcca06dd.jpg

     O Partido Popular de Dodro quere manifestar o seu total rexeitamento á actuación do goberno PSOE-BNG dos últimos días na zona de deslinde co Concello de Padrón. O único que conqueriron PSOE e BNG foi avergonzar ós nosos veciños que non se merecen uns representantes como o sr. Díaz e o sr. Franco.

     Durante anos tanto o Concello de Dodro como o de Padrón se moveron con un deslinde “aproximado” baseado en planos de concentración que non se correspondía co real e que dou pé á ocupación dos terreos de Dodro durante a Pascua. O Partido Popular en novembro de 2007 xa fixo unha proposta para delimitar a línea de deslinde pero tanto o PSOE como o BNG a rexeitaron o que permitiu que esta situación continuase.

     Fai escasos meses o Instituto Xeográfico Nacional remitiu a documentación do deslinde tal e como se delimitou no ano 1931, e o Partido Popular voltou a presentar unha nova proposta para chegar a un acordo co concello de Padrón e usar os terreos de Dodro para outros usos alternativos durante a Pascua. Pero novamente PSOE e BNG coa súa prepotencia habitual rexeitaron a proposta, preocupados por non dar razón ó Partido Popular sen importarlle os intereses dos veciños a quenes representan.

     O tempo non fai senón dar a razón ás propostas do Partido Popular, e agora temos que asistir a un espectáculo bochornoso, propio dun circo de feira, onde os representantes do PSOE e BNG de Dodro, intentan arranxar o problema a última hora e empregando a forza, para ó final, encartar a orella e deixar aínda máis avergonzados a todos os veciños de Dodro.

     Resulta lamentable que agora, despois de case  tres anos dende a proposta do Partido Popular, o goberno PSOE-BNG malgaste os cartos do Concello de Dodro nunha obra que faga de fronteira física (e non en todo o deslinde) co Concello de Padrón por causa da súa ineptitude e incapacidade para ofrecer e chegar a acordos que permitan a convivencia normal e que sempre existiu entre veciños de Dodro e Padrón.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Venres Frenético en Dodro

(Nota de prensa do Concello de Dodro)

3991403434_54a2580f86.jpg

O pasado venres houbo unha intensa actividade no Concello de Dodro. Ás 19 h. celebrouse a Xunta de Goberno Local no que se iniciaron as tramitacións de adxudicación das obras incluidas no chamado PLAN E, de soterramento de colectores en Lestrobe e tamén a de anclaxe de colectores ao carón de vías públicas.

Tamén se acordou solicitar duas subvencións á Xunta, unha para o cofinanciamento da prestación de servizos sociais e a outra para o fomento de emprego a través dos programas de cooperación, pola cal o concello de Dodro solicita 30 traballadoras/es para incorporar á súa plantilla financiados pola Xunta.

Tan só  unha hora máis tarde celebrouse o pleno ordinario, no que se aprobaron por unanimidade duas ordenanzas fiscais, unha pola utilización da pista de pádel e a outra pola utilización do campo de fútbol municipal.

Tamén nese pleno se aprobou a adxudicación definitiva da obra do teatro, polo que as obras comezarán en breve. Contratación á que o PP se opuxo xa que explicou en numerosas ocasións que se opón á súa construcción. Recordamos que esta obra está subvencionada nun 80% pola Deputación de A Coruña, polo que o concello finalmente terá que pagar, de fondos propios, só uns 32.000 € para que o concello poda recuperar unha infraestrutura para as súas actividades, sendo de especial interés para a   Concellaría de Cultura que dirixe o nacionalista Anxo Franco teña ao seu dispór unhas instalacións que permitan darle máis calidade e comodidade ás múltiples actividades que realiza ó longo do ano.

No pleno tamén se iniciaron os trámites para a adxudicación das obras incluidas no Plan E do saneamento de Revixós, cun procedimento que premia a calidade técnica das obras e a reducción de prazos de execución fronte á  baixa de prezos. Esta obra será semellante á realizada fai un ano na aldea de Imo, que serve de modelo ao que se pretende realizar no resto dos núcleos de poboación do concello nos vindeiros anos por este goberno municipal.

O pleno, cargado de asuntos, tamén tratou o proxecto de Costas para as Brañas, do que os veciños foron informados no seu día. Nesta ocasión tratábase de acordar tres puntos necesarios para que Costas poida executar o proxecto: o compromiso de mantemento das obras por parte do concello, a exención de taxas pola licenza de obras e a cesión dos terreos municipais a Costas, tendo en conta as alegacións ao proxecto presentadas polo Concello.

Xa para rematar aprobouse unha moción presentada polo BNG para declarar Dodro un concello contra as corridas de touros e amigo dos animais. Esta moción preséntase agora pola proximidade de corridas de touros na capital da comarca nos vindeiros días, sendo un debate que na actualidade se está dando na sociedade.

Asimesmo, a unha pregunta formulada polo PP, o BNG respondeu que non está dacordo coa actuación que o Alcalde e o concelleiro de obras fixeron nos terreos de deslinde con Padrón o pasado fin de semana xa que, segundo a opinión do BNG, o territorio do concello debe defenderse de maneira política máis discreto e dándose a respectar no diálogo e na negociación co concello de Padrón, que non mostra interés en resolver este asunto.  

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

COPA GALICIA 2010 BOIRO GOLF: MAXIMA IGUALDAD

Tras la disputa de la segunda prueba de la COPA GALICIA P&P 2010 en la que el vencedor fué el Pobrense Javier Castillo (-2), la clasificación general está de lo más apretado, ya que hasta el puesto 20 hay jugadores con opciones de entrar en la lista que participe en las pruebas finales de la COPA GALICIA.

Por estimación, la clasificación estará en torno a los 115 golpes, lo cual deja la clasificación muy apretada, ya que el hándicap de la mayoría de los jugadores situados entre los 20 primeros es indicativo que tarjetas de 54 a 58 impactos son posibles.

Sin lugar a dudas de los 9 Rankings de todos los campos de Galicia el de Boiro es el de mayor igualdad y nivel, lo cual debería traducirse en, nuevamente, representación de los nuestros en la Selección Gallega 2010.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Crónica Voleibol da fin de semana do 27/03/2010

Por María Cortés Ayaso


FIN DE SEMANA 27/03/2010

Buena Semana Santa a todos. Este fin de semana pasado solo se han disputado los partidos correspondientes a la Primera Fase de la Copa Galicia, en la que participaron nuestros equipos de Segunda División el Redesyl Boiro Voleibol y el Ojea Boiro Voleibol. Ha habido un cambio de última hora. En contra de los que os había mandado a lo largo de la semana, el equipo de 2ª División Masculina, Redesyl Boiro Voleibol, finalmente no se ha enfrentado al Comercial Durán, si no al C.V. Ourense B. Esto se ha debido a la baja en la competición, a última hora, de 2 de los equipos en principio inscritos. Buen fin de semana, en el que nuestros 2 equipos consiguieron victorias, clasificándose para la siguiente fase, que se disputará después de un descanso en Semana Santa.


2ª DIVISIÓN MASCULINA
 C.V. OURENSE B - REDESYL BOIRO VOLEIBOL 1-3
No han tenido problemas nuestros chicos del Redesyl para conseguir la victoria frente al 2º equipo de Ourense, por un 1-3 (19-25/25-21/12-25/23-25).
Un partido sin mayores complicaciones para nuestros jugadores, que consiguieron lelvar las riendas del partido en todo momento, con un único bajón en el 2º set, donde el equipo estuvo más desconcentrado por cambios. Pero a partir de ahí nuestros chicos volvieron a dominar, llevándose un cuarto set fácil. En el 4º set, tras la tensión por estar a punto de jugarse el 5º, los chicos del Redesyl se reencontraron y pusieron el punto final a nuestro favor, clasificándose así para la siguiente fase.
Jugaron por el Redesyl: Mechas, Juan, Diego, Antón, Alen, Pivot, Resúa, Marcos y Chepe.
 
2ª DIVISIÓN FEMENINA
C.V. OURENSE B - OJEA BOIRO VOLEIBOL 0-3
Como no podía ser menos, y como nos acostumbraron a lo largo de toda la temporada, nuestras chicas consiguieron la victoria, también frente al 2º equipo de Ourense, por un contundente 0-3 (14-25/12-25/16-25).
Hasta el punto 12 del primer set el partido fue igualado, con punto a punto en el marcador; pero a partir de ahí nuestras chicas se pusieron por encima, y dominaron totalmente al equipo rival, dejándolo sin oportunidad. Al igual que nuestro otro equipo, nuestras chicas se clasifican así para la siguiente fase.
Jugaron por el Ojea: Sandra, Anael, Patri, María, Rebe, Luci y Fanny.
 
Tras un parón vacacional por la Semana Santa, el 10 de abril se reiniciará la competición, aún pendientes de confirmar los cruces, donde ahora ya jugaran nuestros 3 primeros equipos: Hipescar Boiro Voleibol (1ª División Masculina); Redesyl Boiro Voleibol (2ª División A Masculina) y Ojea Boiro Voleibol (2ª División Femenina).

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

27.3.10

Porto do Son: o neno que buceaba a 12 metros e levaba coscorróns "porque estaba permitido"

David Vidal é de Portosín pero vive en Santa Pola. Segue a conservar a súa afección a bucear e louva as fragas de debaixo do mar nesta entrevista.

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

26.3.10

Opinión: Ramón Torrado aborda as doenzas, os doentes e os doutores, tamén da alma

Opinión: Manuel Domínguez habla de un charlatán y pide algo imposible

Susana Moo: a teima da sexualidade dos mariñeiros regresa, hoxe en galego

Dodro: a contacontos Olga Abad Prieto actúa o luns 29 de marzo

Download now or preview on posterous
Dodro Contacontos.pdf (198 KB)

Xa lles informamos destas actividades aquí
Atentos, porque o 31 de marzo, mércores, tamén hai actividade, en concreto de monicreques.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: listado de obras e orzamentos do Plan E 2010


Paciencia: van ver este tipo de sinais en varios lugares do municipio durante un tempiño

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Rianxo: A Rianxeira tocada por un xaponés que fala galego

Deste profesor, especialista en cultura mexica, falamos en
http://certo.es/index.php?page=tadashi_yamamoto
O vídeo é desa xornada no instituto "Félix Muriel" de Rianxo.

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Cultura: la Noche de Max Estrella, hoy en Madrid, homenajea el esperpento

Inicio > Ocio > El esperpento sale esta noche

El esperpento sale esta noche

26 Marzo 2010 escrito por Diego Casado 

Como cada año desde hace once, los amantes de lo absurdo, de lo oscuro y, en definitiva, del esperpento, se reunen para participar en un rocambolesco recorrido de casi tres kilómetros por el Madrid que Valle-Inclán retrató en una de sus obras cumbre, Luces de Bohemia.

Este año, la Noche de Max Estrella (llamada así por recrear las últimas horas del protagonista de la obra de teatro) servirá de homenaje a Miguel Hernández, cuyo centenario de su nacimiento se celebra este año.

La noche empieza, como todos los años, en el 84 de la calle Mayor, donde se recrea la Cueva de Zaratustra. Si se sigue el recorrido tradicional, este será el plan:

En Casa Ciriaco, al final de la calle Mayor, se dará a las 19.00 la bienvenida a los bohemios asistentes, que desfilarán por dicha vía -pasando por el lugar en el que se suicidó Larra- recitando las palabras de Max y su acompañante, Don Latino, hasta llegar a la Chocolatería San Ginés, donde tomarán un refrigerio.

El recorrido, que podéis seguir en el mapa que os hemos dibujado más abajo, continuará por la Puerta del Sol, donde se recreará el duelo que le costó un brazo a Valle-Inclán. De ahí, la comitiva partirá hacia el Callejón del Gato, donde los asistentes verán el reflejo de su imagen deformada, a la plaza de Santa Ana, a la casa de Cervantes -guiados por el ministro de Industria, Miguel Sebastián- y al Círculo de Bellas Artes, donde se celebrará el fin de fiesta.


Pincha aquí si quieres ver el mapa más grande

En el acto participarán este año Enrique Múgica, Defensor del Pueblo; Francisco Esteve, Presidente de la Asociación de Amigos de Miguel Hernández; Andrés Sorel, Secretario General de la Asociación Colegial de Escritores; Carlos París, Presidente del Ateneo; los catedráticos Luciano García Lorenzo y Jorge Urrutia, los escritores y periodistas Víctor Márquez Reviriego, Ramón Irigoyen, Jesús Miranda de Larra, Rosana Torres, Liz Perales y Enrique Centeno; los autores Manuel Gómez y Chatono Contreras; los directores de escena, Natalia Menéndez y Carlos Aladro, y en el final de fiesta del Círculo, las actrices Izaskun Azurmendi y Alicia Mohíno que precederán, con textos de Hernández y Valle, al mensaje del Día del Teatro, con Luis Araújo e Ignacio Amestoy, y al canto bohemio del Babilonio, con la ya institución de la Noche de Max Estrella, Carola Eskarola.

Archivado en:
Ocio, ,
Compartir:
  • Enviar a un amigo!

  • Imprimir!

  • Google

  • Twittealo

  • Facebook

  • Netvibes

  • Meneame

  • Live

-->





Valle, siempre Valle

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Fotografía: unha estampa típica de Barbanza

Unha imaxe partillada en Flickr por Carlos Xobre

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

25.3.10

Gastronomía: un time-lapse para chuparse os dedos!

Rianxo: animación á lectura con teatro no colexio "Brea Segade" de Taragoña

Fotografía: Mariscando na praia de Barraña

Ribeira: Verdegaia eleva un recurso de alzada contra a planta de regasificación de San Alberte


Imaxe de arquivo da romaría de San Alberte, no acto pagán de tirar a tella

Ribeira, 25 de marzo de 2010. A organización ecoloxista Verdegaia argumenta: "A concesión da licencia municipal de explotación está chea de irregularidades. Verdegaia, como parte interesada, participou cun escrito de alegacións no trámite de información pública da avaliación da incidencia ambiental relacionada coas licenzas de explotación e obras da Planta Satélite de Regasificación (PSR). Avisaba, entre outras moitas cousas, da improcedencia de situar a planta nun terreo público de protección forestal, que segundo a Lei é non urbanizable de protección. A pesar disto, e cun informe do aparellador municipal, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, tamén emite autorización administrativa previa da planta satélite de gas natural.
    O informe favorable de obra foi emitido polo aparellador municipal sobre un plano que non tiña o visado colexial. Nese informe indicase que o plano deberá visarse. Verdegaia non entende como se ditou informe favorable sen que Gas Natural tivera presentado o plano de demarcación entre zona forestal e zona do Polígono de Xarás.
Parece ser que a raíz das alegacións presentadas por Verdegaia, o emprazamento da PRS foi modificado. Esta modificación do emprazamento tivo lugar moito despois de que finalizara a avaliación de impacto ambiental. Polo tanto a cidadanía de Ribeira, non tivo a posibilidade de participar nun elemento esencial da avaliación ambiental cal é o emprazamento. Verdegaia recibiu a notificación sobre a licencia de obras e actividade para a instalación dunha PRS fóra de prazo, e só despois de ter requirida esta información expresamente.
    A PRS xustificase como provisional en tanto non se desenvolva o gasoduto proxectado. Mais dita provisionalidade queda nas mans da empresa do gas, que aposta por un sistema moito máis perigoso e máis contaminante pero dun custo moito menor (O custo da planta de gas é de 353.812 € fronte aos 14.508.000 € do gasoduto segundo os proxectos expostos polas promotoras).
    Dende Verdegaia avogamos por unha aposta decidida no uso eficiente da enerxía e das enerxías renovables, para ir substituíndo paulatinamente as enerxías esgotables nas que nos centramos de máis, hipotecando así o noso futuro. Aínda así, de tódalas enerxías non renovables, o gas é unha das máis limpas, polo que nos parece acertado optar por ela no canto doutras non renovables e menos limpas. Por iso, nós queremos que o gas chegue a Ribeira, pero a través dun gasoduto que cumpra con todos os requisitos ambientais.
    A PRS proxectada, non é segura porque a súa presenza suporá un tráfico continuado de camións cargados con 47 m3 de gas licuefacto a -161º C, que ceibados á atmosfera poderían dar lugar a unha nube explosiva dunha mistura de gas e aire de centos de miles de metros cúbicos. Estes vehículos poñen en perigo a miles de persoas que se atopan nunha franxa próxima aos lugares por onde se transporta o gas.
    Por outra banda, as medidas de seguranza da planta parecen estar pensadas para contar con persoal permanentemente, mais a planta é xestionada a distancia e non conta con sistemas de control, comunicación o eléctricos redundantes que podan activarse no caso de avaría do sistema principal".

O alcalde, nun acto de Gas Natural para celebrar a chegada

   Por outra banda, este mesmo xoves 25 de marzo, ás oito da tarde, o alcalde de Ribeira, José Luis Torres Colomer, participa no acto organizado por Gas Natural con motivo da chegada do gas natural ao municipio.
   Tamén acoden a este acto, desenvolto na Casa do Mar de Santa Uxía, Andrés Montero, delegado Galicia Norte Gas Galicia SDG; e José Antonio Sánchez Loureda, delegado Galicia Canales Expansión.

Páxina web de VerdeGaia: http://www.verdegaia.org

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

A Pobra: exposición sobre "Feminismo Galego" no Liceo Pueblense ata o 18 de abril

Ribeira: programación da Semana Santa 2010

Imaxes do acto de presentación da programación completa   

Ribeira, 25 de marzo de 2009.- O párroco de Santa Uxía, Cesáreo Canabal, e o concelleiro de Cultura e Festexos, ademais de presidente da Cofradía do Paso, Luciano Fernández, deron conta hoxe da programación organizada pola Corporación Municipal e a Parroquia de Santa Uxía con motivo desta Semana Santa. Recalcaron a dobre importancia cultural e sobre todo relixiosa que posuirán as actividades enmarcadas na edición deste ano.
     Cesáreo Canabal foi o encargado de enumerar un por un os actos que integra  o programa, mentres que Luciano Fernández incidiu nos pormenores da Procesión do Paso, respecto da cal aproveitou para anunciar que este será o último ano no que exerza de presidente da Cofradía do Paso “para deixar paso a xente con máis enerxías e novas ideas”. O edil municipal agradeceu a Cesáreo Canabal a recuperación desta procesión. 
   Segundo referiu o párroco de Ribeira, o programa de actos xa comezou no día de onte co Triduo na honra da Santísima Virxe das Dores. Mañá venres ás 11 horas terá lugar na Igrexa de Santa Uxía unha celebración especial para enfermos e impedidos (que inclúe perdón sacramental, comunión pascual e santa unción) e ás 20.30 horas realizarase unha eucaristía solemne. Pola súa parte, o vindeiro venres, ás 18 horas, desenvolverase unha celebración do perdón dirixida a rapaces de 1º e 2º de ESO. Dirixirá todos estes actos o misioneiro comboniano Ángel Yáñez.

Domingo de Ramos, 28 de marzo

    No Domingo de Ramos haberá eucaristías na igrexa de Santa Uxía ás 9.30, 11.30, 12.30 e 20.30 hora. As bendicións de palmas terán lugar ás 11 horas ante a cripta do monumento e ás 11 horas no cruceiro da igrexa de Santa Clara (seguidamente haberá unha eucaristía neste último templo).

Procesión do Paso, mércores 31 de marzo

    O mércores 31 de marzo terá lugar a tradicional Procesión do Paso de Xesús na Horta das Oliveiras. Estará acompañada pola Banda de Música de Negreira e a Banda OJE de Ferrol. A saída do paso efectuarase ás 22 horas dende a rúa Cristóbal Colón, percorrendo as rúas de Lugo, Rosalía de Castro, Malecón, General Franco, Galicia e Cristóbal Colón.
    Luciano Fernández quixo aproveitar esta presentación para informar aos cofrades de que o último ensaio da procesión terá lugar ás 22 horas do martes 30 no pavillón polideportivo de Coroso.

Xoves Santo, 1 de abril

    O Xoves Santo terá lugar a celebración sacramental do perdón ás 10 horas, a solemne eucaristía “na cea do señor” ás 20 horas; a adoración ante o santísimo sacramento ás 22 horas. Durante a noite as quendas de Adoración Nocturna celebrarán a vixilia especial deste día.

Venres Santo, 2 de abril

    No Venres Santo (día de xaxún e abstinencia), haberá oración de laudes e sermón do encontro ás 10.30 horas. Seguidamente realizarase a celebración do perdón sacramental. Haberá unha acción litúrxica na morte do señor ás 19.30 horas e a Procesión do Santo Enterro e Soledad ás 21.30 horas.

Sábado pascual, 3 de abril

    No Sábado Pascual haberá catequese pascual para nenos ás 11 horas; vésperas e sermón da esperanza de María ás 20 horas; e vixilia pascual ás 22 horas. Seguidamente celebrarase un encontro fraternal e brinde no salón anexo ao templo de Santa Uxía.

Domingo de Pascua, 4 de abril

    Por último, o Domingo Pascual terá como actos unha eucaristías na parroquia ás 12.30, 18 e 20 horas. Despois desta última misa haberá un concerto de órgano a cargo de Alejandra Escalante, pianista da Agrupación Berenguela. A eucaristía na igrexa de Santa Clara celebrarase ás 11.30 horas. Dirixirá os actos do culto Héctor Flórez, sacerdote boliviano na Universidad Pontificia de Comillas de Madrid.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Política: o Psoe segue a denunciar corrupción nas oposicións e procesos selectivos da Xunta

Carballo, 25 de marzo de 2010. O Viceportavoz do Grupo Socialista, Lage Tuñas pediu hoxe que “o Presidente da Xunta de Galicia ten que actuar con urxencia e proceder ao cese do Director Xeral da Función Pública, porque a Xunta de Galicia está transmitindo unha imaxe lamentable das oposicións, onde a constante diaria é o coñecemento por diversas fontes informativas dunha ausencia real de garantías de limpeza e imparcialidade”.


O PSdeG DENUNCIA QUE AS OPOSICIÓNS Á XUNTA DE GALICIA ESTÁN CHEAS DE IRREGULARIDADES E PIDE “A NULIDADE DOS PROCESOS SELECTIVOS ONDE HAI GRAVES IRREGULARIDADES, POLA AUSENCIA DE GARANTÍAS DE LIMPEZA E IMPARCIALIDADE NESTOS PROCESOS SELECTIVOS”

LAGE TUÑAS DIXO HOXE XOVES 25, DURANTE UN ENCONTRO COS MEDIOS DE COMUNICACIÓN EN CARBALLO (A CORUÑA): “EN DEZ MESES DE GOBERNO DE NÚÑEZ FEIJÓO A XUNTA DE GALICIA ESTÁ CONVERTINDO AS OPOSICIÓNS EN “NOTICIA DE ESCÁNDALO E VERGOÑA ALLEA”, ONDE AS FILTRACCIÓNS EN EXAMES, OS CAMBALACHES PERSOAIS E A AUSENCIA DE GARANTÍAS DE LIMPEZA E IMPARCIALIDADE É UNHA CONSTANTE DIARIA”

-O Viceportavoz do Grupo dos Socialistas de Galicia, José Manuel Lage, preguntábase ésta mañá en rolda de prensa en Carballo “como o Partido Popular pode xustificar a inmoralidade de que un Presidente dun Tribunal xuzgue e examine aos seus compañeiros de Tribunal. É unha barbaridade, e toda unha declaración de falta de principios por parte de quen está gobernando Galicia.”

-Lage Tuñas denuncia que as oposicións á Xunta de Galicia están cheas de irregularidades e pide “a nulidade dos procesos selectivos, onde hai graves irregularidades, pola ausencia de garantías de limpeza e imparcialidade en varios procesos selectivos

-O deputado do PSdeG defendeu hoxe aos milleiros de opositores que “viven con rabia e indignación as tropelías que o Partido Popular está amparando dende a Xunta de Galicia.”

José Manuel Lage afirmaba hoxe na rolda de prensa que “os cargos de Facenda siguen participando nas oposicións e serán xuzgados polo presidente do tribunal do que formaban parte os dous xefes de servizo. Unha parte importante das probas selectivas xa se celebraron, co cal examinadores e examinados compartiron tribunais mentras se examinaban entre eles”.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Política: George W. Bush liándoa en Haití

Logo de darlle a man a un haitiano, límpase na camisa de Clinton.
Non imos comentar nada...

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Cultura: se non tivestes ocasión de ver "Ao pé do lar", está o catálogo en liña

Download now or preview on posterous
Ao pé do Lar.pdf (3939 KB)


Fartamos de recomendala en Certo. Agora que rematou no Museo do Pobo Galego, xa colgaron o catálogo.
Vía Capítulo 0 (Manuel Gago é o comisario desta expo)

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

24.3.10

Dodro: formación en Consumo con dous obradoiros, o próximo mércores 31 de marzo en Santiago

    Dodro, 24 de marzo de 2010. O próximo mércores 31 de marzo os habitantes do concello de Dodro participarán nunha saída a Santiago de Compostela na cal visitarán a Escola Galega de Consumo, un centro permanente de formación situado nas instalacións do Instituto Galego de Consumo, organizada pola concellaría de Igualdade e Benestar.
    O obxetivo é ampliar a formación e concienciación como persoas consumidoras, para o cal impartiranse dous obradoiros: sobre CONSUMO RESPONSABLE e sobre ETIQUETADO, a través dos cales os/as asistentes poderán, dun xeito ameno e didáctico, ampliar os seus coñecementos sobre estas cuestións de uso diario e que influen na nosa economía doméstica e no medio ambiente, co fin de que unha acción que realizamos todos os días, como é facer a compra, sexa máis consciente e beneficiosa para os nosos bolsillos e incluso a nosa saúde.
    Os obradoiros serán impartidos por persoal técnico especializado da Escola Galega de Consumo. Posteriormente, a visita recalará na Cidade da Cultura onde os/as asistentes poderán visitar as obras no Gaiás durante unha hora e media e ca asistencia dun guía que lles irá informando da situación actual desta obra tan chamativa e dos progresos na súa construción da cidade da cultura. Logo haberá un xantar. O custe total é de 10 €.
    "Queremos con este tipo de oferta formativa e lúdica contribuir a mellorar a calidade de vida da xente de Dodro", explicou a concelleira Vitoria Rei Mariño. Aínda quedan prazas dispoñibles das 45 totais, polo que os/as interesados/as poden poñerse en contacto cos Servizos sociais do concello de Dodro para formalizar a súa inscrición.


Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Cinema: a curta gañadora dun concurso na BBC é un "zas en toda a boca" para a clase política española

</object>

Frederico Teixeira de Sampaio, desempregado galego, gañou este certame ao que se presentaron centos de curtas de todo o mundo. Lea a nova na BBC

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Dodro: "Orghullo de País", xornada pola cultura e a lingua galega o 17 de abril


    Dodro, 24 de marzo de 2010. Xa teñen o cartel pechado: as primeiras xornadas (que nós saibamos) Orghullo de País vanse celebrar na vila natal de Moncho Reboiras na fin de semana do 17 e 18 de abril (sábado e domingo ata a madrugada).

    Segundo a información no evento creado en Facebook para a ocasión, as xornadas comezarán ás cinco da tarde cunha conferencia de Goretti Sanmartín Rei, profesora de Filoloxía Galega na Universidade da Coruña. A docente disertará sobre a situación actual da lingua e dos medios de comunicación axudada por Belén Regueira, xornalista da Radio Galega, presentadora de "O país dos ananos" e "Extrarradio".

Unha hora máis tarde, haberá unha charla partillada polos dous intelectuais locais. Son Anxo Angueira (poeta, escritor, profesor de Literatura Galega, integrante do padroado da Fundación Rosalía de Castro) e Manuel Lorenzo Baleirón, profesor de Historia do que xa falamos en Certo por este fermoso texto sobre as Brañas de Laíño:

As BraÑas de LaÍÑo                                                             </object>   

Baleirón e Angueira falarán baixo o epígrafe "A nosa aportación á Historia do País" (imaxinamos que cando din "nosa" refírense a Dodro).

Pola noite haberá concertos, a partires das nove, cun cartel ben completiño:

- INTERCOLES
- DEEPSOND
- SECHO E OS INVISIBLES
- LEO ARREMECAGHONA
- ZËNZAR
   

Campo da Lavandeira, conxunto etnográfico de 11 hórreos en Imo
Contan con rematar sobre as catro da madrugada do domingo, pero para este tipo de actividades, nunca se sabe. As conferencias serán no local de A Paxareira (Vigo) e os concertos en A Lavandeira, Imo.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Dodro: o Bng replica ao PP sobre o Plan de Ordenación do Litoral e tíldao de mentirán


    Dodro, 24 de marzo de 2010
. (Nota íntegra do Bng) O pasado 20 de marzo a prensa facíase eco dunha nota de prensa do Partido Popular de Dodro (ver en Certo, aquí). Nela o PP afirmaba que o Plan de Ordenación do Litoral deixa a catro núcleos de Dodro sen desenvolvemento urbanístico. Culpa desta situación tanto ao goberno municipal por non ter ainda aprobado o PXOM coma ao anterior goberno bipartito da Xunta, que, según o PP de Dodro é quen redactou o Plan do Litoral.

    Dende o BNG de Dodro queremos respostar a estas falacias e mentiras ás que xa nos ten acostumados o PP, polo que expoñemos o seguinte:

    Durante ese mes e medio que leva en exposición para os concellos o Plan de Ordenación do Litoral o concello de Dodro encargoulle un estudio á empresa redactora do PXOM para coñecer en profundidade cómo nos afectaría ao PXOM de Dodro. O resultado dese estudio recibímolo hoxe mesmo, 23 de marzo, e nos vindeiros días estudiarémolo en profundidade. Que o Partido Popular non teña constancia deste traballo non debe facelos supór que non existe. A isto queremos engadir que, debido ao farragoso da materia da que se trata e á incomprensión do documento que se remite aos concellos, a maioría dos cooncellos ainda non remitiron as correspondentes alegacións á Xunta, o que provocou que ésta, de oficio, ampliase un mes máis o prazo para a súa apresentación.

    Ademáis, nese mesmo prazo de tempo o goberno de Dodro publicitou a exposición ao público doutro proxecto de calado como é o paseo que polas Brañas quere facer Costas, asesorando á cidadanía afectada, consultando os pormenores do proxecto con asociacións ornitolóxicas, medioambientais, etc. Froito deste traballo presentáronse no rexistro municipal 34 alegacións ao proxecto, unha delas a propia do concello e outra do BNG para plantexar melloras. Non temos constancia que o PP asesorase á veciñanza sobre o tema, nin de que o propio PP teña feito alegacións.



As mentiras do PP

   A nota de prensa remitida polo PP está plagada de mentiras. Queda claro que se opoñen ao Plan de Ordenación do Litoral. Quizáis por iso teñen que afirmar que o redactou o anterior goberno bipartito, cando este Plan do Litoral é froito única e exclusivamente do ano de goberno que leva o PP na Xunta. Terá que explicar, entón, o PP de Dodro por qué o PP na Xunta perxudica, con esta medida, tanto o noso concello.

    A propia proposta de Plan de Ordenación do Litoral, no seu artigo 3 indica que “Ata que o planeamento urbanístico se adapte ao presente plan quedarán excluídos da súa aplicación os solos clasificados á súa entrada en vigor como urbanos consolidados, núcleos rurais ou aqueles que conten con instrumento de desenvolvemento e de xestión aprobado definitivamente”. Polo que que o concello de Dodro teña o seu Plan de Ordenación Municipal en tramitación ou en vigor afecta exactamente o mesmo, xa que se suspenderían as licenzas igualmente.
En calquera caso, o BNG non vai caer na provocación do PP e antes de valorar o impacto que o Plan de Ordenación do Litoral ten sobre o concello de Dodro vai estudiar detidamente o traballo que ao respecto fixo a empresa redactora do PXOM para así redactar as alegacións pertinentes ao POL e negocialas, no posible, directamente coa Xunta para conseguir uns resultados satisfactorios. Instamos ao PP de Dodro a que actúe, neste tema de tanta importancia para o noso concello, con responsabilidade, e, se non está conforme, que llo recrimine aos seus na Xunta, únicos responsables do traballo en fase de alegacións.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Boiro: "Unha primavera de conto", campaña de animación á lectura en abril e maio para nenos de cinco a sete


Na mesma biblioteca presentouse hai pouco o premio Ramón Martínez López. Teñen as bases aquí

Boiro, 24 de marzo de 2010. Durante os próximos meses de abril e maio, a Biblioteca Pública Municipal de Boiro, dentro do seu programa anual de promoción da lectura, vai desenvolver diferentes sesións de contacontos baixo a denominación “Unha primavera de conto”.
     O obxectivo principal desta actividade é crear un espazo de encontro dos nenos e nenas cos libros e a lectura, ao tempo que se dá a coñecer o fondo bibliográfico co que conta esta biblioteca, contribuíndo así á súa posta en valor. Non só se contarán contos, senón que tamén haberá tempo para a creatividade, xa que dita actividade lectora complementarase con outras actividades lúdicas, coma xogos e cancións, tratando así de achegarse aos libros de diferentes maneiras.
     Esta actividade está dirixida a nenos/as de entre 5 a 7 anos e levarase a cabo tódolos xoves de 17.30 a 18.30 da tarde.
     As prazas son limitadas, polo que é necesario inscribirse na Biblioteca Municipal, (Casa da Cultura “Ramón Martínez López, teléfonos 981 848425 e 981 848410).

 

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Rianxo: piden tamén información do Plan de Ordenación do Litoral neste concello


O BNG de Rianxo quere que o executivo realice xuntanzas informativas dos técnicos municipais para informar da afectación do Plan de Ordenación do Litoral no Concello

Rianxo, 24 de marzo de 2010. (Nota íntegra do Bng) O BNG solicitará do executivo rianxeiro un calendario de xuntanzas polas parroquias afectadas polo Plan de Ordenación do Litoral da Xunta para explicar o alcance deste aos veciños e que estes estean preparados e informados cando teñan que realizar as súas alegacións particulares no período de información pública.

Nestes momentos o POL promovido pola Xunta do PP a través da Consellaría de Medio Ambiente está sometido a revisión e suxestións dos Concellos polo que é un bo momento para difundir un documento que pode conter non poucas inexactitudes e que ademais se modifica arbitrariamente de formato e cores varias veces mentres está colgado na web da Xunta.


Para garantir a maior transparencia posíbel e de cara á futura apertura do período de exposición pública para todos os particulares o BNG de Rianxo cre, tal e como nolo demandaron algúns colectivos veciñais, que se deben explicar as medidas que contemplan e que afectan non só ás parroquias costeiras rianxeiras, Rianxo, Isorna, Taragoña e Leiro, senón que contén medidas nos ríos de todo o concello, como é o Té ao seu paso polo Araño e Asados. Daí que reclamemos a posta a disposición dos técnicos e dos recursos municipais para facer unha análise do proposto no POL e que os veciños coñezan obxectivamente o que implica para as súas vivendas e/ou propiedades. Son moitas as vivendas incluídas nunha franxa chamada de Mellora ambiental e paisaxística que as deixa afectadas e en situación de inseguridade xurídica que compre dar a coñecer.

A ampliación do prazo de consultas aos concellos até o 10 de maio posibilita realizar esta tarefa de máxima divulgación do seu contido e de non prosperar a demanda do BNG nacional de que o goberno do PP retire o Plan, é preciso poñer todos os medios municipais para darlle á cidadanía toda a documentación e información posíbel e rachar co escurantismo co que naceu o POL e que pode dar moitas sorpresas aos cidadáns.

O BNG trasladará esta demanda á comisión informativa de urbanismo para que sexa esta quen programe o calendario concreto de xuntanzas en cordinación cos colectivos veciñais. Caso de non asumir o executivo este labor o BNG rianxeiro poñerase ao servizo dos veciños para divulgar e dar a coñecer o POL polas zonas afectadas. Máxima transparencia e información é de xustiza.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Internet: a páxina de Carreira tamén se suma ao dominio .gl

Aínda que o seu webmaster indica:
"Eu tamén o teño na miña páxina carreira.gl (carreira.info), pero vai haber un problema dentro de pouco...a independencia de Groenlandia da Dinamarca será un feito en breve, asi que teremos o dominio dun pais soberano alleo e non o noso propio. Nada, hai que ir a polo dominio propio, non valen os de outros".
Pois como non nos fagamos república independente axiña, mal o vemos... O do PuntoGal non é para agora!

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Noia: crónica da romaría de San Lázaro, por Paco do Martelo

Curiosidades: unha sinatura para a Historia globalizada con Flickr

Íamos chamar ao noso grafólogo de cabeceira para que nos interpretata a curiosa sinatura de Obama, pero xusto agora está de copas co que nos fai os horóscopos... mágoa!
Esta imaxe está tomada do Flickr da Casa Blanca e a sinatura é a da nova Lei Sanitaria que aprobaron o 23 de marzo. Como xa dixemos noutras entradas onde comentamos fotos da Casa Blanca, a ver cando o goberno galego ou o español aprenden a empregar Flickr para este tipo de cousas...

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical